Comezan os debates en COPE O Carballiño. Para esta semana, entre os dias 15 e 19, celebraránse os dos concellos de Punxín, Avión, Piñor, Cea e San Amaro.
COPE O Carballiño súmase á campaña electoral do 28 de Maio para ofrecer á súa audiencia a mellor información do seu concello, desta maneira esta emisora de radio- que foi pioneira nesta iniciativa- volve programar debates na maioría dos concellos do seu ámbito de cobertura radiofónica. Na foto, os participantes do debate de 2015 no concello de Leiro.
Desta maneira, todos os candidatos e candidatas ás alcaldías que concorren a estas eleccións municipais están invitados a participar neste debates concello a concello, que levaránse a cabo en directo nos estudos de COPE O Carballiño, moderados por Xan Pinal, serán retransmitidos en emisión simultánea pola FM (91.9) e a través de internet (www.copecarballino.es) Ademáis, os debates quedarán dispoñibles para a súa descarga no PODCAST diario de COPE O Carballiño, nesta mesma páxina WEB.
Cada candidato contará en total con 12 minutos para as súas intervencións, e o calendario previsto é o seguinte:
LUNS 15: PUNXÍN (PP, PSOE, BNG, COMPROMISO POR GALICIA)
MARTES 16: AVIÓN (PP, VOX, AIRES NOVOS POR AVIÓN, PSOE)
MERCORES 17: PIÑOR (PP, BNG, PSOE, ESPAZO COMÚN)
XOVES 18: SAN CRISTOVO DE CEA (PP, BNG, PSOE)
VENRES 19: SAN AMARO (PP, PSOE, XUNTOS POR SAN AMARO, ESPAZO COMUN)
LUNS 22: LEIRO (PP, PSOE, BNG)
MARTES 23: BEADE (PP, PSOE, BNG, AVIDE E POR BEADE)
MERCORES 24: O IRIXO (PP, PSOE, XUNTOS POLO IRIXO)
XOVES 25: MASIDE ( PSOE, PP, BNG)
VENRES 26: O CARBALLIÑO (PSOE, PP, ESCO, BNG, PODEMOS)