Consternación na Touza polo atropelo mortal do que foi vítima unha veciña da localidade
O suceso, que causou abatimento entre a veciñanza, tivo lugar ás duas da tarde deste venres, na estrada de acceso á aldea da Touza, no municipio de Maside.
Unha furgoneta, ao parecer realizando unha manobra de marcha atrás, atropelou a unha muller, Carmen F.B., de 83 anos de idade e veciña desta localidade.
Tras recibirse a chamada na que se daba conta do accidente, o 112 mobilizou aos servizos de urxencia sanitaria 061, que non poideron facer xa máis nada que certificar a morte da muller. Tamén foron alertados os bombeiros do Carballiño e a Garda Civil de Tráfico.
A falecida veláse no velorio municipal de Maside ata as cinco da tarde deste domingo dia 19 de Xaneiro, cando será a condución para o funeral na igrexa parroquial de San Miguel de Armeses.