A hostelería carballiñesa recibe a Semana Santa cunha nova ruta das tapas, dedicada ás brochetas
Os vinteún locais hostaleiros integrados na Ruta das Tapas ofrecerán este venres unha ampla gama de brochetas nunha nova xornada desta iniciativa gastronómica.
O evento foi presentado este mediodía no restaurante Don Paco e contou coa presencia dos concelleiros de Turismo e Cultura, José Manuel Dacal e Diego Fernández, respectivamente; do presidente e da xerente do Centro Comercial Aberto, Julián Garriga e Noelia Mares, respectivamente; da xerente da bodega Pazo Tizón, Cristina Mouriño e dunha boa representación dos vinteún locais hostaleiros que forman parte da Ruta das Tapas.
Brocheta de pulpo con puré de garbanzos e zanoria; brocheta de lomo de porco adobado, piña, mazá e salsa oli-oli; brocheta de langostinos con piña e ensalada, e outras modalidades de borchetas poideron degustarse hoxe na presentación desta ruta que está adicada ás brochetas e que é a penúltima xornada desta tempada.
O concelleiro de Turismo, así como a representante do CCA, fixeron fincapé na extraordinaria oferta gastronómica que hai para visitar este venres os locais hostaleiros e participar no concurso de premios final, coa entrega de vales por un valor total de 2.000 euros para gastar no comercio local.
Dacal ensalzou o protagonismo dos cociñeiros e cociñeiras, que son o mellor reclamo do Carballiño para atraer visitantes.
Pola súa parte, a representante da bodega Pazo Tizón que patrocina o evento, lembrou a consecución do primeiro premio da cata oficial na última edición de Vinus Terrae, o que supón un novo aliciente para percorrer os mesóns, bares e restaurantes para degustar unha brocheta por 2 euros e acompañala cunha copa de Pazo Tizón.