Miles de persoas aclaman ao Tricampión no Carballiño. O Arenteiro, único equipo que consigue o triplete de titulos esta tempada no fúbol español.
O Arenteiro foi recibido no Carballiño con honras de campións por miles de persoas nesta tarde-noite de domingo no que o os verdes conseguiron a máis grande xesta deportiva da súa historiae do deporte carballiñés.
Non é para menos, ningún equipo do fútbol español pode presumir a estas alturas da tempada de lograr tres títulos. En agosto, en Portonovo gañou a Copa Federación Galicia ante a SD Compostela, trouxo a primeira copa da tempada para O Carballiño, que ademáis abríulle a porta para acceder como representante galego á fase nacional da Copa Federación, proclamándose brillante campión e logrando asi osegundo tíutlo da tempada o dia 2 de novembro en terras valencianas ante o Alzira. Precisamente esta competición foi chave para entrar na Copa do Rei, onde eliminou a todo un primeira división como o Almería, e caeu ante o Atlético de Madrid, en dúas memorables noites en Espiñedo.
E agora chega o terceiro título da tempada, o campionato do grupo primeiro da Segunda Federación, logrado tamén brillantemente nunha tempada para enmarcar no que so perdeu un partido, sendo a estas alturas da tempada o Arenteiro o único equipo invicto a domicilio entre todas as ligas nacionais europeas.