O alcalde ultima os trámites para poñer a disposición da parroquia de Santa Comba os terreos necesarios para a ampliación do cemiterio
O alcalde de Maside vai poñer a disposición da parroquia de Santa Comba dos terreos necesarios para a obra de ampliación do cemiterio parroquial
O alcalde José Manuel Iglesias ultima os trámites para entregarlles unha superficie suficiente para o aumento da capacidade da necrópole.
É unha vella demanda desta freguesía que nunca tiña callado polas especiais características que posúen precisamente os inmobles que circundan o camposanto. Este ubícase no adro da igrexa románica situada no centro do núcleo rural de Santa Comba, con numerosas edificacións que a protexen a modo de gardiáns, algunha delas en mal estado.
A demanda vén provocada polo reducido espazo do adro e polas características das sepulturas. Agora José Manuel Iglesias dá un pulo definitivo ó “traballo iniciado polo meu predecesor Celso Fernández e nestes días, por fin, elevaremos a pública a documentación e procederase ó rexistro do terreo”.
A área de urbanismo municipal do concello xa valorou a capacidade da superficie para albergar varios panteóns de acordo coas condicións que marcan as cautelas impostas polo templo, patrimonio dun enorme valor cultural.
O rexedor masidao agradece "enormemente a disposición extraordinaria dos propietarios, que valoraron moito esta necesidade parroquial, e sen a cal non sería posible poder acadar esa ampliación", remarca Iglesias.