O Arenteiro clasificase para as semifinais de copa tras vencer ao Barco na quenda de penaltis

1, Maio 2014

Os carballiñeses foron quen de deixar fora da copa ao equipo da preferente. Os valdeorreses caeron na quenda de penaltis tras igualar o Arenteiro a eliminatoria cun gol de Victor Gallego na segunda parte. 

C.D. Arenteiro: Perdiz, Carlos, Oscar, Lois, Dabarca,  V.Gallego, Caneiro, Breogán, Martín, Bardelás e M. Sotelo. Tamén xogaron Prada, D. Quiroga, Canexón e Manu.

Goles:

1-0. Minuto 78. No balcón da área Breogán cociña a xogada cun aclarado perfecto para Quiroga, éste centra e V. Gallego remata sobre a porteria barquense.

Quenda de Penaltis:

Marcan os catro lanzamentos para o Arenteiro, por este orden, Dabarca, Quiroga, V. Gallego e Breogán. Xa non fixo falta o quinto lanzamento.

Polo Barco, marcan os dous primeiros lanzadores David Pérez e Ramos. No terceiro, Perdiz desvia o que tiraba Ramos, e no cuarto, o balón de Javi Recaman vaise o poste e recolleo Perdiz, o Arenteiro estaba clasificado.

O Partido: Unha primeira parte nivelada e sen ocasións de gol, e unha segunda -sobre todo a partir do minuto 60- na que o Arenteiro foise polo partido. Tralo gol que empataba a eliminatoria, os verdes poideron sentenciar con dúas claras ocasións de gol que tiveron Canexón e Manu, no primeiro caso o remate do dianteiro saíu alto e o cabezazo de Manu servíu a Macía para lucirse nunha gran intervención. A lotería dos penaltis fixo xustiza, porque no cómputo dos 180 minutos, o Arenteiro foi superior ao equipo da preferente.