O Arenteiro comunica seis baixas no equipo da Segunda RFEF

16, Xuño 2022

Os tres dianteiros cos que contou o Arenteiro durante toda a pasada temporada, Sylla, Joni e Sobrido causan baixa o equipo e non continuarán na próxima campaña, a dirección deportiva opta desta maneira pola renovación total nesta demarcación, xa que en decembro xa deixara o equipo Adri Castro.

Tamén  está confirmado que non continuará no equipo verde Daniel Portela, que completa asi catro magnificas temporadas como o gran valuarte da defensa do Arenteiro, con 10.316 minutos xogados e repartidos en catro tempadas, Os outros dous futbolistas aos que o club non fixo oferta de renovación foron Álvaro Naveira e Cassio Goes.

Asi pois, son seis as baixas xa confirmadas, ás que se sumarán algunhas máis nos próximos dias entre os futbolistas aos que o club fixo oferta de renovación, pero que probablemente non continúen ao contar acaso con mellores ofertas, mesmo de superior categoria. Para suplir os que saen, a dirección deportiva xa ten bastante avanzada as fichaxes que se incorporarán ao plantel que competirá por segundo ano consecutivo na Segunda RFEF.