O Arenteiro regresa este domingo a Espiñedo, con aforo superreducido. O partido ante a U.D. Atios será retransmitido na WEB e na segunda canle da TVG.
Luz verde para o regreso do Arenteiro a Espiñedo tras verse obrigado a xogar co Ourense CF en Barbantes, debido ás restricións no Carballiño por culpa do coronavirus, este domingo (16.30 horas) poderá facélo en Espiñedo, e con público, pero con aforo superreducido a 75 persoas, aínda que a Xunta podería autorizar unha ampliación a 150.
O club comunicará a través das súas RRSS de qué maneira vai repartir entre os socios as 75 entradas inicialmente dispoñibles para este encontro que xogará ante a UD Atios na cuarta xornada da terceira división, e que os verdes afrontan como o líder da categoria. A boa noticia é que a TVG retransmitirá integramente o partido na súa páxina WEB, ademáis de conexións intermites en directo a través do carrusel da TVG-2, que o Arenteiro-Atios compartirá co Barco- Arousa e Bergantiños-Vilalbés.