O Arenteiro volve facer historia e recibirá no Carballiño a un equipo da primeira división na Copa do Rei, os dias 12 ou 13 de novembro.
Por segundo ano consecutivo O Carballiño viivirá un festa recibindo no municipal de Espiñedo a un equipo da primeira división, agás os catro equipos que desputarán a Supercopa de España, que son R. Madrid, Barcelona, Betis e Valencia. Será os dias 12 ou 13 de novembro cando se xogue o partido na que sen dúbida volverá vivirse unha xornada histórica no Carballiño.
O Rival do Arenteiro sairá por sorteo entre os outros 16 equipos da máxima categoria do fútbol español. A eliminaria será a partido único, igual que foi o ano pasado o Valencia CF. Ademáis, o Arenteiro clasifícase para as semifinais da Copa Federación, tamén en eliminatoria a partido único que se xogará o próximo mércores dia 19 deste mes de outubro en Espiñedo ante o histórico equipo do Real Unión de Irún, que milita na actualidade na Primeira Federación.
E todo elo, grazas ao triunfo ante os canarios do Panadería Pulido San Mateo de As Palmas de Gran Canaria, ao que o Arenteiro derrotou por 3-0 nunha gran tarde de fútbol nun Espiñedo que viviíu un gran ambiente, con máis de 1.600 afeccionados que festexaron esta nova proeza dos verdes.
Vídeo-resumen do partido na TVG: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-estara-no-bombo-da-copa-do-rei