O Carballiño acolle o inicio da campaña da Deputación que achegará os Obxetivos de Desenvolvemento Sostible a concellos e colexios da provincia.

18, Setembro 2024

A Deputación inicia a campaña Ourense sobre rODaS!, que achegará os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible a concellos e centros educativos da provincia, no marco do proxecto OU DS Axenda 2030 – financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

O deputado provincial de Desenvolvemento Sostible e Axenda 2030, Jorge Pumar, acompañado do alcalde do Carbaliño Francisco Fumega e outros representantes do goberno municipal, participaron no inicio da campaña de difusión do proxecto que tivo lugar no Carballiño, onde a través dunha caseta deuse a coñecer entre os visitantes os detalles do proxecto e os temas vinculados aos ODS en materia de saúde, educación, igualdade, deporte, entre outras.

Esta campaña permitirá achegar os ODS a 12 concellos e 18 centros escolares, difundindo e sensibilizando á poboación ourensá co desenvolvemento sostible. Nos centros escolares dos 18 concellos participantes haberá actividades dirixidas ao alumnado de infantil e primaria e, entre os maiores, promoverase a importancia de coidar o medio ambiente e a natureza, temas asociados ás metas 13, 14 e 15 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2030, mentres que os máis pequenos poderán gozar de fantásticos conta contos.