O Carballiño contará cun cemiterio civil no ano 2022, estará situado dentro do recinto orixinario do camposanto de Señorín

5, Novembro 2021

O Concello do Carballiño dotarase dun cemiterio civil para dar resposta á demanda deste tipo de enterramentos por parte dos cidadáns da vila carballiñesa. As previsións coas que se traballa dende o concello pasan por desenvolver as obras ao longo do vindeiro ano e por crear este novo espazo funerario no recinto orixinal do cemiterio de Señorín.

O proxecto para a creación do cemiterio civil do Carballiño está a ser redactado polo arquitecto municipal e as características do novo recinto pasan por crear preto dun cento de columbarios para que sexan usados polos carballiñeses que desexen optar por facer un acto destas características cos seus familiares. A dotación orzamentaria que se baralla fixa o investimento no entorno dos 100.000 euros.

A corporación municipal carballiñesa acordou no seu día crear un cemiterio civil, ante a ausencia do mesmo, para dar resposta ás demandas prantexadas polos cidadáns. O Concello decantouse por promover este espazo no recinto orixinal do cemiterio de Señorín, na zona verde existente no mesmo. Alí será onde se constrúa o recinto co cento de columbarios que formarán o referido cemiterio civil da vila. As previsión municipais pasan por ter operativo o futuro cemiterio civil ao longo do vindeiro ano 2022.