O CD Arenteiro pide ás institucións que se involucren cun novo Espiñedo para O Carballiño. Concello, Deputación e Xunta felicitan ao equipo polo seu ascenso e comprométense a estudar o proxecto.
Xornada institucional cunha intensa axenda, primeiro foi a recepción ao equipo no Pazo de Raxoi, onde foi felicitado polo seu ascenso á Primeira RFEF nun acto no que o o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, dixo entender moi ben a petición de apoio ante a administración autonómica demandada polo presidente do Arenteiro, Argimiro Marnotes, para un novo Espiñedo, que estea á altura das condicións que demandan un estadio do século 21.
Unha demanda que o mandatario do club carballiñés tamén trasladou como moi necesaria no segundo acto institucional desta xornada, na que o equipo, fútbolistas e técnicos, acudiron á invitación da Deputación de Ourense, desta vez Marnotes non deixou escapar a ocasión para pedir ese mesmo apoio ante o presidente da entidade provincial, Manuel Baltar.
E finalmente, xa pola tarde, o salón de actos do concello do Carballiño acolleu a homenaxe institucional que presidiu o alcalde Fumega e ao que asistíron os grupos políticos da corporación carballiñesa. Tamén aquí o acto servíu para que o club trasladáse aos responsables municipais a necesaria comunión entre club e concello para que O Carballiño dea a mellor imaxe posible a toda España, comezando polas actuacións que con carácter máis urxente hai que acometer en Espiñedo para cumplir varios requisitos que esixen a competición da Primeira RFEF, como en materia de iluminación ou contar cun aforo mínimo que necesitará a instalación dunha grada provisional no estadio.