O concello asegura que actuou "con celeridade" na avería da rede eléctrica que deixou este domingo sen suministro a unha gran parte da poboación carballiñesa

9, Novembro 2015

O concello do Carballiño afirma que "as brigadas municipais actuaron con celeridade para dar cobertura a todolos afectados, cun operativo no que participaron o responsable dos servicios eléctricos municipais, e o mesmo tempo tanto Protección Civil como Policía Local iniciaron o protocolo propio destes casos, dirixidos polo alcalde carballiñés. Así a Policía Local dotou rapidamente de servicio de telefonía e comunicación o Centro de Saúde, afectado pola incidencia".

Efectivos  de Protección Civil tiveron que rescatar a dúas persoas que  quedaron atrapadas en ascensores. En concreto tiveron que rescatar a un vecino da Praza do Emigrante e outro da avenida 25 de Xullo. Outros veciños -polo menos en catro edificios do Carballiño- foron atendidos por persoal das empresas de mantemento dos ascensores.

Tal e como informaron dende a empresa subministradora , o problema tivo a súa orixe nas proteccions da liña de media tensión, afectando á maioría dos centros transformadores que abastecen o casco urbano do Carballiño. Tamén resultaron afectados centros transformadores do concello de Maside, de feito, a zona da Fontela foi a primeira en quedar sen suminstro.

A maior parte da poboación carballiñesa quedou sen suminstro eléctrico ás 21:37 horas do pasado domingo, os cortes tiveron distinta duración según o centro transformador que abastece a cada zona, asi, as máis tardías en recuperar a normalidade non o fixeron ata ben pasadas as once da noite. Maís tarde, na mesma noite do domingo e aínda na mañá do lúns, producironse varios microcortes, que volveron afectar a unha gran parte dos usuarios do casco urbano carballiñés.