O concello conmemora o Dia Mundial do Medio Ambiente, coa plantación de árbores autóctonas
O Alcalde de Piñor, José Luis González Rodríguez, acompañado de concelleiros e membros da organización do Rallymix de Piñor plantaron no día de hoxe 32 árbores autóctonas na parroquia de Torcela e no campo da festa do Arenteiro, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente.
O concello de Piñor celebrou o pasado mes de abril o I Rallymix e comprometeuse a plantar na zona do trazado unha árbore por cada piloto inscrito na proba, como acto simbólico para minimizar o impacto medioambiental ocasionado polos coches participantes.
Ás árbores son de especies características da zona e plantáronse na súa maioría na área recreativa da Eirexe de Torcela e no campo da festa do Arenteiro.
As especies foron cedidas pola Xunta de Galicia ó Concello de Piñor coa finalidade de contribuír á posta en valor do medio ambiente no rural galego, dos recursos naturais e da sostibilidade medioambiental.