O concello xa encargou un anteproxecto do que sería o novo estadio do Carballiño, na zona próxima ao campo de fútbol da Uceira. Escoita aquí a entrevista ao alcalde Fumega.
O concello do Carballiño xa encargou a un equipo de arquitectos a elaboración dun anteproxecto do que sería o futuro estadio de fútbol, e como punto de partida para poder contar tanto co proxecto técnico da obra como dunha avaliación económica e asi xestionar coas disntintas administracións o orzamento necesario para a súa contrucción, que según o alcalde Fumega estaría entre os oito e os dez millóns de euros.
O rexedor municipal tamén avanzou que xa iniciou negociacións coa Deputación para que a entidade provincial ceda a parcela coa que conta na zona próxima ao actúal campo de fútbol da Uceira, que xunto a outros terreos públicos nesta mesma contorna, suman os 14.000 m2 que se precisan para albergar este proxecto.
Fumega tamén dixo que o aforo do futuro estadio estará pensado para acoller a máis de catro mil espectadores sentados e con graderío perimetral todo cuberto. De feito, o Club Deportivo Arenteiro, ao que desde o concello lle pediron as necesidades e requisitos da entidade federativa para acoller partidos de fútbol na categoria na que na actualidade milita o club, trasladou ao concello a recomendacion de estadios como o "Toralín" de Ponferrada (na foto) , como exemplo das condicións que debe reunir o futuro estadio carballiñés.
No audio adxunto podes escoitar a intervención do alcalde Fumega en COPE O Carballiño, referindose a este proxecto e tamén contestando a outras preguntas, queixas e suxerencias dos e das ointes desta emisora de radio.