O entroido máis tradicional triunfa en Cea e Maside
As carrozas dos entroidos de Cea e Parada de Amoeiro, e por suposto, os felos de Maside, foron os grandes protagonistas na tarde do lúns, na versión máis tradicional do entroido na comarca.
A Praza Maior de Cea quedouse pequena para acoller ás vinte carrozas que a primeira hora da tarde fixeron parada obrigada na vila do pan, tal como ordena a tradición do entroido nesta zona.
Xa á tardiña, a comitiva fixo entrada na vila de Maside, recibindo os parabéns do numeroso público congregado, e que antes xa tivera ocasión de ver aos felos e tamén a varias das comparsas da comarca, que tampouco faltaron á cita do entroido en Maside.