O Irixo acolle unha reunión de traballo da asociación "Camiño de Nos". O próximo dia 21 deste mes de outubro terá lugar a 3ª Andaina entre O Carballiño e O Irixo.
A casa do concello do Irixo acolleu a IV reunión da Asociación de Concellos Camiño de Nós.
Asistiron alcaldes e representantes de dez municipios das provincias dr Ourense, Pontevedra e A Coruña polos que atravesa a ruta seguida, en xullo de1926, por Vicente Risco, Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas, Vázquez Monxardín, Lois Feixoo, Antón Sánchez e Xavier Pardo Bedia, desde Ourense a Compostela.
A presidenta e anfitriona da Asociación que reivindica este itinerario cultural é Susana Iglesias, alcaldesa do Irixo, vicepresidente José Manuel Iglesias, alcalde de Maside e o secretario Carlos Martínez Carrillo, alcalde de Vedra.
O próximo 21 de outubro, sábado, ás 10,00 hs terá lugar a III Andaina Camiño de Nós, co traxecto O Carballiño-Irixo, organizada pola Fundación Insua dos Poetas e patrocinada polos Concellos do Carballiño e O Irixo.