O Irixo pasa a nivel alto de restricións, con 5 contaxios, e Maside baixa a nivel básico, a partir deste próximo venres. O sergas convoca a 500 persoas a un cribado no polideportivo do Irixo.
O concello do Irixo pasará este próximo venres dia 2 de Abril a nivel alto de restricións, con tan so 5 casos de coronavirus localizados no mesmo foco familiar. O novo nivel de restricións obrigará á hosteleria a atender so en terraza cun aforo do 50%, aínda que conserva a liberdade de movemento, non hai peche perimetral do concello neste nivel.
Este mércores, dia 31 de Marzo o Sergas convoca un cribado selectivo a 500 persoas maiores de 18 anos residentes no concello do Irixo, están citadas entre as 15 e as 19 horas para acudir ao pavillón de deportes da localidade.
Maside, con tan so 4 contaxios activos, abandonará o venres o nivel alto de restricións e pasará o nivel máis baixo, o chamado medio-baixo. A hostelería poderá atender en interiores ao 50% e ao 75% en exteriores.
Sen cámbios no resto de municipios, O Carballiño continúa en nivel medio de restricións, con 18 contaxios activos, 3 máis que onte, e cunha incidencia acumulada a 14 dias que está nos 127 casos por cada 100.000 habitantes.
Boborás mantén 1 contaxio activo, tamén Leiro ten un caso activo, e os demáis concellos continúan libres de virus.