O PP mostra satisfacción polo acordo acadado co alcalde que habilitará un millón de euros para reactivar a economia local, que consideran insuficiente desde Espazo Común

23, Abril 2020

O Partido Popular mostra a súa satisfacción polo acordo alcazado co alcalde Francisco Fumega e que onte anunciou o concello, e no que se recollen as distintas modificacións do orzamento municipal que farán posible destinar un millón de euros para axudas á reactivación da economia local tras a crise sanitaria.

O portavoz dos populares no concello carballiñés, Ricardo Perea, mostrou o seu apoio a este acordo no que estívose traballando no transcurso das últimas semanas, non obstante lamentou que o acordo non sexa de consenso cos outros grupos da oposición "é algo que nos gustaría que houbese sido, pero non é responsablidade nosa", subliñou.

Mentres, Espazo Común demanda "transparencia e diálogo ao alcalde Fumega nas medidas que se tomen" e considera insufiente o anuncio feito polo concello e acusan ao rexedor municipal "dun absurdo e sectario comportamento cando xusto a sociedade o que máis demanda son máis acordos, máis diálogo e máis unión".

Pola súa parte, o BNG insiste na petición de que se convoque un pleno extraordinario da corporación municipal para abordar todas as medidas posibles para adaptar  o orzamento á nova realidade derivada da crise sanitaria.

Nos arquivos adxuntos podes ver tanto o documento que recolle o acordo co Partido Popular como o comunicado emitido por Espazo Común: