O Rallye de Ourense volve ter dous dos seus tramos na comarca do Carballiño
O 53 Rallye de Ourense volve a terras carballiñesas, será o sábado 25 de Xullo en horario de tarde e no tramo denominado "O Carballiño", que en realidade transitará polos concellos do Irixo e Boborás, e os últimos metros xa en territorio municipal carballiñés con meta nas inmediacións do cruce de Toscaña, preto da N-541, e doutra parte no tramo "Amoeiro-Maside".
A saída do tramo "O Carballiño" parte da localidade de Parada de Laviote, no concello do Irixo, e os participantes terán que mostrar as súas habilidadades nunha estrada con especial encanto para os afeccionados ao automobilismo, sobre todo na zona da capela da Saleta, antes os espectadores poderán seguir o paso do rallye ao seu paso polas localidades de Fontes, Barcia, Reádigos, Ventosa, Prado, Xurenzás, e Fondo de Vila, na parroquia de Astureses. Tamén é todo un clásico no automobilismo o tramo entre "Amoeiro-Maside".