O rexedor municipal considera "rastrero" que o PP critique a ausencia do concello da 1ª tenente de alcalde
O Partido Popular de Piñor asegura que a concelleira leva varios meses fora do municipio "e unha persoa que está no extranxeiro non pode traballar polos intereses dos seus veciños", respondelle o alcalde Francisco Fraga culpando da ausencia ao PP "vese na obriga de emigrar, como o resto da mocidade galega, para procurar fora o que este goberno do PP lles nega en Galicia".
Dende o Partido Popular manfestan que " o alcalde de Piñor ten a obriga moral cos seus veciños de darlles unha explicación e de tomar as medidas oportunas para regularizar a actual situación do goberno municipal do concello de Piñor". Engaden "o respecto á decisión desta concelleira, cadaquén é libre de decidir e buscarse o seu medio de vida cómo e onde queira, pero non podemos consentir nin estamos de acordo no abandono das súas responsabilidades como concelleira e como tenente de alcalde, de non poder cumplir coas súas obrigas, debería demitir", concluen.
O rexedor responde que "non todos teñen a sorte de que os enchufen na Deputación ou de que os coloquen a dedo como asesores en postos bicoca pagados cos impostos de todos". Fraga asegura que "a ausencia temporal da tenente de alcalde non impide o normal funcionamento do concello de Piñor in suón custe algún xa que non recibe ningunha retribución do concello".