A ONCE instala no Carballiño un novo modelo de quiosco, máis accesible,ecolóxico e funcional.
A ONCE instalou no Carballiño un dos seus novos quioscos, un modelo máis accesible para todos os axentes vendedores con discapacidade, máis ecolóxico pola tipoloxía de produtos de construción e os seus consumos e con máis facilidade de comunicación co público.
Este novo quiosco, que se atopa na rúa Rosalía de Castro, foi presentado polo director da ONCE en Ourense, Jesús Sánchez García, e a concelleira de Servizos Públicos de Carballiño, Rosa Fuentes.
O novo deseño de quiosco da ONCE conta cunhas dimensións que non só non obstaculizan o paso nas beirarrúas senón que permiten unha maior accesibilidade para a persoa que exerce a venda e para quen se achega a compartir uns minutos co axente vendedor.