Os meles "Terras de Boborás" de Johnny Trigás e Franscisco Janeiro de Feás, premiados entre os mellores meles de Galicia 2024

17, Decembro 2024

Dous productores de mel do concello de Boborás consiguen o recoñecemento entre os mellores meles de Galicia, no certamen anual das catas dos queixos e meles de Galicia, correspondente a este ano 2024 no que andamos, que ven de outorgar a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

Ademáis de recoñecer os productos das diferentes Denominacións de Orixe Protexida e Indicacións Xeográfica Protexida, este ano introducíuse unha nova categoria, a que acolle a aquelas marcas adheridas ao selo de Artesanía Alimentaria.

Na cata de meles presentáronse 65 mostras, e e novo, entre os mellores meles de Galicia volve estar "Doce Bágoa " a marca de Terras de Boborás, de Johnny Trigás e ubicada en Cameixa, que desta vez consigue o "Ouro", no apartado de Artesanía Alimentaria de Galicia.

Ademáis, tamén conseguíu a "Prata" da Asociación Galega de Apicultura o productor de Feás, Franscisco Janeiro Labandeira, premiando neste caso o seu mel de castiñeiro.