Pol Bueso recibe a alta no Hospital de Salamanca tras o susto que protagonizou no Guijuelo-Arenteiro. O árbitro suspendeu o partido no minuto 65 debido ás fortes choivas, co 0-0 no marcador.
Tremendo susto o protagonizado polo central do Arenteiro mediada a segunda parte cando despóis de golpear en solitario o balón de cabeza, probablemente como consecuencia dun mal xiro do pescozo, caeu desplomado sobre o terreo de xogo do municipal de Guijuelo.
Todo se agravou cando Pol Bueso quedou tendido no chan e non había ambulancia no campo, que anteriormente trasladara a outro xogador local que tamén resultara lesionado. Caía o diluvio universal sobre Guijuelo e tiveron que pasar 20 eternos minutos para que unha segunda ambulancia chegase para facerse cargo do traslado do central do Arenteiro, primeiro ao PAC de Guijuelo e posteriormente ao Hospital Universitario de Salamanca, onde se lle practicou un TAC e outras probas médicas que diagnosticáronlle un traumatismo cervical. Recibiu a alta hospitalaria pasada a medianoite.
Mentres, o árbitro, que suspendera o partido momentáneamente mentres non se retiraba ao xogador do Arenteiro do terreo de xogo, optou posteriormente por supender definitivamente o encontro ao considerar que o terreo de xogo estaba impracticable pola gran cantidade de auga que acumulaba, e tamén polo feito de non contar cunha ambulancia que garantizase a seguridade dos fútbolistas. O Marcador continuaba co 0-0 inicial.
Agora, a RFEF deberá fixar nova data para xogar os 25 minutos que non se desputaron, unha auténtica faena para o Arenteiro que veráse obrigado a volver a desplazarse á localidade salmantina.