A Policia Local volve prestar servizo nocturno, tras suspenderse durante unha semana
O motivo estivo na imposibilidade de cubrir o turno de noite, por non dipoñer dos axentes necesarios.
O Carballiño estivo durante a última semana sen este servizo de Policia Local polas noites, xa que a maiores dos dous axentes que están de vacacións houbo que sumar dúas baixas laborais.
O concelleiro de persoal, tráfico e seguridade, Adolfo Nogueira asegurou a esta emisora de radio que "se tratou dunha circustancia excepcional e motivada pola baixa temporal de dous axentes". Engadíu que "se informou da situación á Garda Civil, e non houbo ningún problema".
Doutra parte, desde Xefatura da Policia Local indicouse que o servizo quedará restablecido con normalidade a partir desta próxima noite.