Un Arenteiro superior doblega en Espiñedo ao segundo clasificado, a U.P. Taboadela, 3-0.

2, Febreiro 2014

Os verdes poideron sentenciar o partido na primeira parte, cando máis e mellor xogaron, imprimindo un forte ritmo que non obstante so lle deu para retirarse 1-0 ao descanso. Na segunda parte, tras desviar Pachi o balón nunha pena máxima a favor dos visitantes, o Arenteiro tivo que agardar aos minutos finais para resolver definitivamente. Excelente entrada en Espiñedo, máis de 400 afeccionados.

C.D. Arenteiro:Pachi, Carlos, Diego López, Lois, Óscar ( Dabarca, m. 68 ), Alex, Marcos Sotelo Martín, m. 71, Victor Gallego,  Diego Quiroga ( Manu, m. 75), Alex Bardelás e Miguel Prada ( Omar, m. 87 ).

Goles:

1-0.Minuto 23. Diego Quiroga en boca de gol tras unha boa xogada por banda de Miguel Prada

2-0.Minuto 83. Martín tras un pase milimétrico de Manu.

3-0.Minuto 85. Outra vez Martín, que gaña as costas á defensa visitante e en vaselina envia ao fondo da portería. Gol de auténtico crack.

O Partido: Aos 9 minutos M. Sotelo enviaba ao longueiro tras executar unha falta, a partir dese minuto sucederonse as numerosas ocasións de gol, sempre a favor do Arenteiro, que debeu chegar ao descanso cun marcador máis amplo. Na segunda parte, os carballiñeses cederon terreo no centro do campo, custaballes sair e propiciou que a U.P. Taboadela se decidise a buscar o empate. A xogada clave pudo ser a do minuto 60, cando o árbitro inventase un penalti a favor do equipo visitante, pero na portería carballiñesa estaba Pachi -soberbio de reflexos- para desvialo fora. A partir de ahí, o Arenteiro volveu a facerse co mando do partido, que sentenciou merecidamente nos minutos finais.