Veciños da familia de Anllo á que un incendio deixou sen casa lanzan unha campaña solidaria para recadar fondos
O lume destruíu por completo este pasado dia 6 de Xaneiro a única vivenda da súa propiedade no lugar de Pazos, na parroquia de Anllo no concello de San Amaro, unha casa que esta familia estivera restaurando nos últimos anos e coa idea de fixar na mesma a súa residencia unha vez que se xubilasen nos seus traballos en Vigo, onde viven en rexime de aluguer.
Veciños e amigos apelan á solidariedade para axudar a esta familia, e para elo veñen de abrir unha conta en ABANCA, na que pode ingresarse o diñeiro que será entregado a esta familia coa idea de que poidan reconstruir a súa vivenda. O número de conta é o seguinte: ES16 2080 5136 9530 0003 0487