Xa pode circularse entre Ariz de S. Facundo de Cea e Ourense, a través da autoestrada
Dende as dez e media desta mañá de sábado, 25 de abril, xa quedou definitivamente aberto ó tráfico o derradeiro treito da autoestrada Santiago-Ourense, o que vai desde Ariz de San Facundo de Cea atá a autovía das Rias Baixas, de 14 kilómetros de percorrido, e no que os automobilistas se atoparán con dous grandes viaductos, que resultaron dunha gran complexidade na súa obra de construcción e que retrasaron a apertura deste treito durante varios meses. O de máis lonxitude, 780 metros, construído sobre o val do río Barbantiño, tén unha altura de 80 metros. O segundo viaducto en extensión, de 440 metros, sirve para salvar o río Miño e enlaza esta autoestrada de Santiago coa Autovía Estatal das Rias Baixas. Este treito agora aberto ó tráfico completa a autoestrada autonómica que arranca en Dozón, libre de peaxe. A Consellería do Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicía ordenou a apertura ó tráfico deste treito, sen ningún acto de inauguración.