A Xuntanza de maiores rexistra un notable descenso de participación, apenas reune a quince mil persoas no Carballiño
Todas as fontes consultadas coinciden en apuntar un notable descenso na participación na Xuntanza de Maiores celebrada hoxe no Carballiño, en relación ás edicións dos últimos anos. A asistencia nin xiquera cumplíu coas previsións oficiais aportadas desde a Xunta de Galicia, que eran no transcurso da semana entre as vintecinco e as trinta mil persoas, quedandose bastante lonxe desas cifras, xa que probablemente non se pasou dos quince mil participantes na convocatoria deste ano. O descenso na afluencia era visible no parque e nos seus arredores, tanto no propio recinto da festa como na zona de aparcamentos para vehículos e autocares, e tamén nos comedores dos restaurantes carballiñeses, abarrotados o ano pasado e con escasa presencia de comensais nesta ocasión. Tamén os posto de polbo e comida no parque muncipal confirmaron este mesmo descenso de público nesta Xuntanza, e a maioria coincidía en manifestar que "non hai nin a metade da xente do ano pasado", daquéla as cifras de participación situaranse arredor das corenta mil persoas e o abarrote fora total na hostelería carballiñesa, que está a rexistrar hoxe unha discretísima xornada en canto a ocupación. A que non fallou foi a numerosa asistencia institucional e de autoridades e representacións políticas. O Alcalde do Carballiño Carlos Montes, recibía á unha da tarde na entrada do parque municipal á Conselleira de Traballo e Benestar Beatriz Mato, á que acompañaba o Delegado Territorial na provincia Rogelio Martínez e titulares de varias Direccións Xerais.Na súa intervención, a Conselleira anunciou a implantación de centros de dia nos Concellos de maís de 1.500 habitantes. Xa na sobremesa, comparecía o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na que foi a súa primeira visita institucional á Comarca do Carballiño desde que foi investido como Presidente do executivo galego.