Desenrolado por coroa.es
Neste enlace ( http://copecarballino.es/ [5]…/candidatura-veci%C3%B1al-no-carb… ) o que se dixo hay poucas semanas sobre como se estaba amañando unha suposta "candiatura veciñal" que en realidade non era tal.
Os da "casta" son profesionais e saben como enredar aos aficcionados. Se un deles, con proxecto e posibilidades de sair elexido, ve que o seu partido non se presenta, ten o "conto" moi fácil. Promove unha "candidatura veciñal" e, para mellor manipulála, sabe que conta con, digamos, 150 incondicionais do seu partido, desa forma sairá o primeiro na lista desa candidatura (porque pedirá aos seus achegados que lle vaian votar).
No camiño, estará na "organización" desa candidatura, de onde procurará que "desapareza" calquera que o poida vixiar de preto ou que pretenda que os da "casta" non estexan nas listas conforme se acordara para esa candidatura veciñal.
Tamén ha de utilizar a pouca cabeza e moito ego de algúns desinformados, aos que vai tentar coa posibilidade de que, con o seus "contactos e coñecidos" poidan chegar a ser "alcaldes". Garantízase desa maneira a participación de unha serie de incautos que dan lexitimidade ao seu "proxecto". De feito, incluso se apuntaron como "candidatos" a candidatos membros de Podemos que se tiñan manifestado en contra de presentar candidatura ás municipais, como é o caso do recén nomeado "secretario municipal" do círculo. Algo realmente estrafalario pero propio dese home.
Conforme estaba proxectado, e que os profesionais sabían de sobra, quen acadou mais votos dos seus incondicionais que alí forn a lle votar, foi o profesional da "casta".
E colorín colorado...
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sobre-mañas-da-casta
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sobre-mañas-da-casta
[3] whatsapp://send?text=Sobre as mañas da
[4] https://copecarballino.es/print/41958
[5] http://copecarballino.es/