Deportes

18, Outubro 2020

Os verdes fixeron un gran partido no seu debút no campionato de liga de terceira división derrotando ao Arousa no estadio da Lomba de Vilagarcía por 0-1,un marcador curto para os méritos do Arenteiro. Porque o equipo do Carballiño foi o único que dispuxo de varias ocasións claras para lograr un resultado favorable máis amplo ao final dos 98 minutos que durou o partido.

O Arousa tan so foi capaz de dar algunha sensación de perigo a balón parado, e o gardameta Diego García non pasou por ningunha situación de apuro, mentres que o Arenteiro sí que tivo oportunidades de marcar máis goles. Na primeira parte nun balón que se paseou por diante da portería de Táboas sen que por pouco chegase algún dianteiro verde, e sobre todo, tras un enorme xogadón persoal de Victor Eimil que despois de sortear a canto xogador arlequinado lle saíu ao paso cruzou o balón un pouco en exceso cando parecía que chegaba o segundo gol do Arenteiro. E na segunda parte outro par de claras ocasións, sobre todo unha tras un centro de Rubén Arce que rematou de cabeza Naveira e que se foi fora por pouco. Pero sí que, aínda no primeiro periodo Marquitos -sensacional toda a tarde- acertou a batir cunha volea perfecta ao gardameta local, tras un balón largo enviado dende a área carballiñesa por Diego García.

Alegría para a afección verde nesta semana negra na evolución da pandemia no Carballiño e comarca,sumando os tres primeiros puntos cunha victoria de prestixio ante un dos aspirantes ao play off, como é o Arousa SC.

Para ver a ficha do partido, preme na ligazón:

http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...

17, Outubro 2020

A liga 2020-2021 na terceira división alza o seu telón cun atractivo Arousa-Arenteiro dende as 18:30 horas deste domingo 18 de Outubro na Lomba de Vilagarcia, un partido que poderá verse en directo a través de Facebook e o canal de YouTube "Onda Arlequinada".

A cidade arousana tamén está en alerta sanitaria  e por elo ten o aforo limitado a tan so 150 persoas que poderán presenciar o partido no estadio, o resto terá que facélo a través da internet.

O Arenteiro desplázase a este debut ligueiro coas baixas confirmadas do defensa Manu Mariña e o centrocampista Renan Zanelli. Enfronte, encontraráse a un dos equipos aspirantes ao ascenso. 

10, Outubro 2020

Final no partido xogado este sábado en horario matinal no campo do Vao de Vigo, os carballiñeses, que chegaron a adiantarse cun 0-2 ao equipo da segunda b, rematan gañando 2-3, o Arenteiro non so acabou mandando no marcador senón que tamén o fixo no xogo en moitas das fases do partido, sobre todo nunha primeira parte soberbia de fútbol.

Os goles do Arenteiro foron obra de Javi Pazos, que fixo o primeiro e o terceiro, e Alex Fernández o segundo. 

A Mala noticia que nos deixa o partido foi a lesión nunha man de Naveira, que motivou o seu traslado ao Sanatorio Concheiro de Vigo, ten luxación en varios dedos e tivo que ser escaiolado, polo que en principio terá algunhas semanas de baixa.

7, Outubro 2020

Os verdes xogaron ante o Arzúa en Espiñedo a porta pechada, debido o empeoramento da situación epidemiolóxica dos últimos dias no Carballiño, o cuarto partido de preparación que se saldou con empate a dous goles, e unha parte para cada equipo.

O Arenteiro estivo, igual que en todos os partidos anteriores, dominador na primeira parte que concluíu cun 2-0, con goles de Joni e o debutante Renan Zanelli, pero na segunda parte o Arzúa estivo máis enchufado no partido e obtivo o premio do empate, 2-2. Fran Justo volveu utilizar a todos os xogadores dispoñibles na plantilla coa excepción do gardameta Diego García e o dianteiro Marquitos, ademáis Sylla -que entrou na segunda parte- apenas estivo 15 minutos no terreo de xogo, que abandonou tras recibir un forte golpe nunha perna. 

O sábado dia 11 ás 11:30 horas o Arenteiro xogará o derradeiro partido da pretempada antes do inicio da liga na terceira división, será no campo do Vao de Vigo ante o Coruxo de segunda b.

3, Outubro 2020

O acordo era xa practicamente total entre o club e o futbolista brasileño e os últimos flecos resolveronse tras presenciar Renan Zanelli o amigable do Arenteiro e o Lugo B, que rematou sen goles. O contrastado centrocampista era dende fai semanas o obxetivo do club de Espiñedo para completar o plantel para esta tempada.

Renan foi un dos xogadores importantes das últimas tempadas do Ourense CF, e finalmente, decidíuse pola oferta do Arenteiro, asinando o seu contrato esta mesma tarde.

O xa novo xogador do Arenteiro estivo en Espiñedo vendo aos seus novos compañeiros, no terceiro amigable que xogan os verdes en apenas 7 dias, tras os partidos ante Compostela e Celta B, neste terceiro ante os lucenses o equipo xa acusou a carga de traballo que vai acumulando nesta pretempada, nun partido moi trabado e sen apenas ocasións por ambos bandos, tan so un remate de cabeza do local Adrián Presas que petou no longueiro.

O Mércores dia 7 novo partido ante o Arzúa

Será novamente no Estadio de Espiñedo, o próximo mércores dia 7 ás 19 horas, o Arenteiro xogará un novo partido de preparación ante o equipo revelación a pasada tempada na terceira división, o Arzúa.

30, Setembro 2020

Sensacional imaxe a dada por este novo Arenteiro no municipal de Barreiro en Vigo, ante o Celta B, en partido en horario matinal xogado este mércores no histórico estadio do barrio de Lavadores, por dúas veces os verdes estiveron por diante no marcador con dous goles de Joni, ao final empate a dous tantos.

Primeira parte equilibrada, aínda que por dúas veces o Arenteiro logrou adiantarse no marcador, con dous goles no primeiro cuarto de hora, dous golazos do ribeirán Joni,  o primeiro cunha volea dende unhos 30 metros que sorprendeu ao gardameta internacional costarricense do Celta B, Sequeira Mejias, que tampouco pudo facer nada  no segundo gol do Arenteiro, tamén obra de Joni, que cabeceou un balón á escadra da portería celtiña. Solís e Raúl fixeron os goles do equipo vigués. Na segunda parte apretou o Celta, pero igual que ante o Compostela, o Arenteiro aguantou ben e apenas pasou por apuros.

Enorme partido do Arenteiro de Fran Justo, que en todo momento tuteou ao Celta B, e mesmo dispuxo de dúas boas ocasións para gañar o partido, nun libre directo que lanzou Alex Fernández e que rexeitou con apuros o gardameta local, que tamén se lucíu especialmente nun remate de cabeza de Naveira cunha incríble parada evitando o gol do xogador verde.

26, Setembro 2020

O que non puido facer o Arenteiro nestes últimos tres anos en terceira división, gañar un partido ao Compostela que ademáis agora militará na segunda división b, fixoo no amigable que ademáis marcou o regreso do fútbol na provincia de Ourense nos tempos do coronavirus, deixando atrás máis de seis meses de inactividade.

O partido deixa boas sensacións para os afeccionados verdes, que ocuparon o aforo dispoñible no graderío de Espiñedo, no que se activou o protocolo ante o Covid-19, antes, durante e ao rematar o partido, cando todas as persoas que estaban no estadio abandonaron de forma ordenada as instalacións, observando en todo momento as medidas de seguridade.

O Arenteiro sacou adiante o partido ante un equipo de superior categoria e fixoo con nota alta, con detalles moi bos e outros nos que se pode mellorar. Os verdes entraron mandando no partido, e tras avisar Joni que tivo unha boa ocasión para marcar o primeiro gol da tarde, Rubén Arce quixo deixar claro que está de volta en Espiñedo e cunha volea de cine levou o 1-0 ao marcador. Tamén volveu ser protagonista no segundo gol do Arenteiro tras sorprender a toda a defensa do Compos cun toque de calcaño e habiitar un balón de ouro a Marquitos para facer o 2-0., outro golazo para enmarcar.

Antes do descanso, Brais Abelenda recurtou distancias para o Compos, e xa na segunda parte o marcador non se movería, os santiagueses apretaron e buscaron o empate, pero o Arenteiro apenas pasou apuros para manter o resultado ao seu favor.

Fran Justo utilizou aos 19 futbolístas que ten no plantel, nun partido moi entretido e mesmo intenso, por ambos equipos.

As seguintes probas para o Arenteiro serán o próximo mércores dia 30 ás 11:30 horas no municipal de Barreiro en Vigo ante o potente Celta B, para volver a Espiñedo o sábado 3 de Outubro ás 18 horas ante o Lugo-B, e para completar a pretempada o domingo 11 no campo do Vao en Vigo ante o Coruxo.

21, Setembro 2020

Será o sábado dia 26 de Setembro dende as 18 horas no Estadio de Espiñedo, o Arenteiro recibirá á SD Compostela, equipo recén ascendido á Segunda-B, no que será ademáis o primeiro partido da pretempada para os verdes.

Non asi para a SD Compostela, que leva adestrando dende principios de mes e xa xogou a pasada semana co Estradense. Será o primeiro partido de fútbol que se vai xogar na provincia de Ourense algo máis de seis meses despóis dende que no pasado mes de marzo quedasen paralizadas todas as competicións deportivas, que posteriormente foron canceladas. 

O partido terá aforo limitado según o protocolo que autoriza a celebración do mesmo tanto por parte da RFGF como da Xunta de Galicia, e os espectadores deberán acceder e permanecer no recinto deportivo cumplindo todas as medidas de seguridade polo Covid.

16, Setembro 2020

As instalacións da Uceira acolleron na matinal deste 16 de Setembro a presentación e primeiro adestramento do novo Arenteiro, con moitas novidades no equipo e cun inicio de pretempada condicionado polo protocolo de seguridade pola Covid-19, tras unha breve alocución e benvida do presidente Argimiro Marnotes, Fran Justo e os seus auxiliares dirixiron a primeira sesión preparatoria.

E todos coa vista posta no 18 de Outubro, data fixada para o primeiro partido de liga.

Tras realizar os test físicos no transcurso da pasada semana, un total de 19 fútbolistas tomaron parte nesta primeira sesión de traballo, con tan so catro xogadores do ano pasado, que son Padrón, Pol, Joni e Javi Pazos. 

As 15 incorporacións, por órden de fichaxe, son Rubén Arce (UD Ourense) Marquitos (UD Ourense) Diego García (Ourense CF) Manu Bardelás (Maside) Germán Nóvoa (Ourense CF) Álex Fernández (Pontevedra CF) Eimil (Fabril Deportivo) Martín Torres (Barbadás) Sylla (Coruxo) Germán Pérez (UD Ourense) Adrián Presas (UD Ourense) Manu Mariña (Ourense CF) Portela (Ourense CF) Naveira (Pontevedra CF) e Ángel Expósito (Rápido Bouzas)

Nos próximos dias e pendentes das autorizacións da Federación Galega de Fútbol poderían confirmarse ata tres amigables de pretempada no Estadio de Espiñedo, aos que poderá acceder público.

Ademáis, o club prepara o lanzamento da campaña de socios , tanto para renovación como para altas de cara a próxima tempada na que a categoria da terceira división tera tres fases, a primeira fase cos 24 equipos divididos en dous subgrupos, correspondendolle ao Arenteiro o grupo sur, no que competirá con Ourense CF, UD Ourense, CD Barco, UD Atios, CD Pontellas, Rápido de Bouzas, CD Choco, Alondras CF, CD Ribadumia, Arosa SC e CD Estradense.

4, Setembro 2020

O Arenteiro apura a composición da plantilla do equipo de terceira división e faino anunciando outra incorporación de nivel, o lateral esquerdo Álvaro Naveira, que chega procedente dende o Pontevedra CF, equipo co que competíu na Segunda-B.

Era unha das posicións que restaban por completar no esquema do equipo verde para a vindeira tempada. Álvaro Naveira ten 24 anos, criado nas categorias do Depor, xa xogou en Espiñedo vestindo fai dous anos a camisola da SD Compostela, antes de que o fichara o Pontevedra CF, co que xogou en segunda b a pasada tempada.

O club tamén anunciara a chegada do xoven gardameta búlgaro de 19 anos Vicktor Nikolov, unha fichaxe que finalmente foi descartarda polo equipo de Espiñedo, tras recibir unha oferta do Socuéllamos, equipo manchego da segunda b.

 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes