Deportes

21, Febreiro 2020

O concello do Carballiño, a través da área municipal de Deportes, elabora un proxecto para cambiar o césped natural do estadio de Espiñedo por césped artificial. O motivo desta iniciativa "é mellorar o deficiente estado do terreo de xogo, cun elevado custo do mantemento, que é de entre 30.000 e 40.000 euros anuais" aseguran dende o concello do Carballiño.

"Malia a este importante investimento, e incluso destinando máis diñeiro, non se garante que o césped estea nas mellores condicións durante toda a tempada, polo que, tras consultar aos especialistas na materia, considérase que a solución máis factible é cambiar o césped natural por outro artificial de última xeración, semellante ao que se instalou recentemente noutros estadios", indican nunha nota informativa difundida dende o concello do Carballiño.

E engaden que esto permitirá, ademáis, poder usar o estadio prácticamente todos os días, entrenar e xogar os partidos dos equipos da escola municipal de fútbol, algo que non acontece na actualidade".

En canto á financiacón do proxecto, que non cuantifican, pero que indican "que terá un custo importante, efectuarase por un sistema de renteing ou leasing, a pagar nun período de seis anos, co que podería ser asumido cos orzamentos municipaiis". Finalmente, aseguran que "a área municipal de Deportes, que coordina Silvia Baranda, e tras consultar a especialistas nesta materia, crese que este proxecto é o único que pode garantir un uso continuado e satisfactorio do terreo de xogo de Espiñedo, e ao mesmo tempo, rentabilizar o investimento".

Outros proxectos semellantes estanse levando a cabo en campos de fútbol de vilas e cidades de Galicia, e desde esta área municipal considerase que é o momento oportuno para tomar esta iniciativa.

O Carballliño quedaríase asi sen un campo de fútbol con herba natural, que sí manteñen a maioria das grandes vilas da provincia de Ourense, e tamén do resto de Galicia.

17, Febreiro 2020

O Club Carballiño Fútbol Sala conmemora este ano o 25 aniversario da súa creación, e por este motivo vai desenvolver unha serie de actividades, entre as que se atopa a edición dun álbum de cromos do club da tempada 2019/2020.

Este álbum comezará a entregarse hoxe na pavillón de deportes Paco Chao a cada un dos 180 xogadores e xogadoras que forman parte do club, e terá o aliciente engadido de que haberá álbumes personalizados, pois na portada figurará a fotografía de cada xogador.

Os sobres dos cromos, que levarán seis cada un, venderanse ao prezo de 1 euro no pavillón municipal de deportes, en Futboleros e no establecemento de chuches da praza dos Irmáns Prieto. Asimesmo, haberá á venda un pack especial, cun número importante de cromos non repetidos, que se venderá a 20 euros, para poder completar os álbumes.

A iniciativa foi presentada pola concelleira de Deportes, Silvia Baranda, e o presidente do club Carballiño F.S., José Manuel Vàzquez. Silvia Baranda felicitou ao club por esta iniciativa que se pon en marcha por primeira vez, e dixo que se espera conseguir o mesmo éxito do álbum da escola de fútbol.

Tamén adiantou que se levarán a cabo outras actividades dentro desta conmemoración, referíndose en concreto a un posible partido de alto interese programado pola Federación de Fútbol Sala, que se celebraría no pavillón Paco Chao este mesmo ano.

José Manuel Vázquez considera que se trata dunha iniciativa moi interesante tanto para os xogadores como para o club, e por eso pide a máxima colaboración das familias e afeccionados. Destacou o gran número de fotos que se fixeron e a boa calidade das mesmas, e cre que será un digno recordo desta tampada e da celebración do 25 aniversario da creación do club

16, Febreiro 2020

Por primeira vez na súa historia de 62 anos o Arenteiro xogaba un partido de fútbol con inicio ás 13 horas, un horario que non lle sentou nada ben ao Arenteiro, que foi claramente superado polo filial do Lugo neste atípico horario futbolístico.

A primeira parte foi un monólogo do Polvorín ante un Arenteiro incapacaz de facer fronte ao fútbol dinámico do conxunto local, unha e outra vez e asi durante os primeiros 45 minutos o partido foi un recital contínuo do equipo local ante un descorcertado Arenteiro, o mellor desta primeira parte foi o resultado, 1-0 favorable ao equipo lucense que, que mantiña aos verdes aínda no partido.

Na segunda metade, parecía que o Arenteiro quería reaccionar, Gelucho fixo entrar no campo a Javi Rey e Pablo Lede, houbo máis toque de balón, pero de pouco valeu, en realidade os verdes tiraron entre os tres paus en dúas ocasións en todo o partido, mentres un efectivo Polvorín redondeaba o marcador con outros dous goles. 

Derrota amarga, e máis aínda pola lesión do gardameta do Arenteiro Rui Santos, que tivo que abandoar o terreo de xogo tras unha xogada na que se mancou nun xeonllo, haberá que agardar as probas médicas para ver o alcance da lesión.

Para ver a ficha do partido, sigue a seguinte ligazón:http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614888&cod_acta=614888

11, Febreiro 2020

Este Domingo 16 de Febreiro en horario matinal o campo da festa de Arenteiro volverá ser o epicentro do 3ª Enduro do Concello de Piñor, organizado pola Liga Galega de Moto de Campo, que terá record de participación.

Eduardo Iglesias trae este domingo a Piñor a moto coa que participou no Rally Dakar, que estará en exposición para o público no mesmo campo da festa de Arenteiro.

A competición conta coa colaboración do concello de Piñor, que está apostando por este tipo de actividades para darse a coñecer fora da comarca.

9, Febreiro 2020

Os verdes volveron desperdiciar a oportunidade de encadear dúas victorias seguidas, algo que aínda non conseguiron nas 23 xornadas que van de campeonato, e tiveron que conformarse con outro empate (1-1) ante o Rápido de Bouzas sobre o maltreito terreo de xogo de Espiñedo.

E eso que o partido poñíase de cara para o Arenteiro cando no minuto 24 Fajardo transformaba un penalti cometido sobre Iago Fernández. Pouco duraba a ledicia porque apenas unos minutos despois o Rapido empataba por medio de Adrián Mouriño ao lanzar unha falta, enviando un balón á escadra imposible para Rui.

E nada máis nunha aburrida primeira parte na que a maiores o único reseñable foi un balón tamén en lanzamento dunha falta que repeleu o poste da portería de Rui, e a nota negativa no Arenteiro a lesión de Toño, que tivo que abandoar o terreo de xogo.

Tras o paso por vestiarios, o partido tivo algo máis de emoción pola incerteza no marcador máis que por xogo, cun Arenteiro con moitas dificultades no medio do campo e incapaz de finalizar as aproximacións que facía sobre a área do Rápido, aínda que clara so tivo unha ocasión nas botas de Joni, que desperdiciou. Mentres, os vigueses tiñan un par de ocasións que a piques estiveron de causar un disgusto.

En Xuño de 2017 toda a afección verde era do Rápido de Bouzas, esta tarde xa non, aínda que o final reparto de puntos e tan amigos...

Para ver a ficha do partido segue a seguinte ligazón:

http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...

2, Febreiro 2020

O Arenteiro, que xogaba por vez primeira na súa historia no campo principal da cidade deportiva de Abegondo, impúxose ao Fabril grazas a unha gran segunda parte na que os verdes foron superiores ao filial deportivista.

Adiantaronse os locais no minuto 40 e co 1-0 chegouse ao descanso, nunha primeira parte na que o Arenteiro aguantou ben a pesar de encaixar o gol.

Na segunda parte o Arenteiro fíxose definitivametne co partido e foi mellor en todas as liñas que o seu rival, o gol do empate conseguido por Joni facía xustiza ao que estaba verse sobre o campo.

Pero o mellor aínda estaba por chegar, e chegaría xa cando o partido ía camiño do final, no minuto 86 Albertito consumaba a remontada, e con ela tres puntazos que sitúan ao Arenteiro no posto 10º da clasificación con 29 puntos.

No partido, entrou na segunda parte, debutou o dianteiro Javi Pazos, que chegou esta semana ao equipo procedente do Pontevedra CF. Quen aínda non pudo entrar na convocatoria foi a outra fichaxe, Fran Monroy, pendente do transfer internacional.

Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...

26, Xaneiro 2020

O Arenteiro continúa sen poder encadear dúas victorias seguidas no presente campionato de liga na terceira división cando xa vas desputadas vinte xornadas, tiña a oportunidade de facélo esta tarde pero non pasou do empate sen goles ante o Bergantiños.

Unha tempada ésta na que o Arenteiro especializouse en sumar puntos de un en un, e xa van once empates, tantos como os que os verdes sumaron ao rematar o último campionato 2018-2019.

O empate  a cero desta tarde é consecuencia da cativeira pólvora ofensiva que demostraron ambos equipos, apenas unha ocasión de gol por cada bando, e con ambos gardametas que apenas viron comprometidas as súas respectivas porterías.

Para ver a ficha do partido preme no seguinte enlace:

http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...

23, Xaneiro 2020

O concello de Piñor acollerá unha das tres etapas, concretamente a última e definitiva que terá lugar o domingo dia 1 de Marzo, un evento co que ademáis da actividade deportiva, preténdese ensinar o patrimonio natural da provincia.

A Deputación de Ourense colabora con este evento que "xorde coa creación do "Ourense Termal Club Ciclista", un club que pretende fomentar o ciclismo de montaña na nosa provincia", dixo Rosendo Fernández, quen afirmou que froito da colaboración pública e privada "nace un formato novidoso de competición en Ourense que aspira a ser un evento de referencia en Galicia e no Norte de Portugal".

No Concello de Xunqueira de Ambía, o 26 de xaneiro, a proba terá un percorrido de 7´52 quilómetros que comezará desde a Praza San Rosendo. O día 9 de febreiro, a competición trasladarase ata Nogueira de Ramuín onde os participantes poderán gozar dun circuíto de 6 quilómetros que comezará na Praza de Luintra. E, por último, o Concello de Piñor acollerá a proba o día 1 de marzo cun percorrido de 7,9 quilómetros que dará comezo no Campo de Arenteiro. Tódalas probas serán desde as 10.00 ás 13.00 horas.

Toño Rivas explicou que se trata dunha nova competición coa que pretendemos "atraer a xente de fóra, incentivando con premios económicos que ascenden a un total de 2.400 euros", mentres que Daniel Rodríguez dixo que esta proba vai a permitir ensinar aos participantes "o patrimonio natural e paisaxístico da nosa provincia".

Os interesados en participar poderán inscribirse nas categorías de individual feminina, individual masculina, e relevos (equipos de dous corredores e equipos de 3 corredores). A inscrición realizarase a través da páxina www.sportmaniacs.com ata o día 23 de xaneiro para a de Xunqueira de Ambía, o día 6 de febreiro para a de Nogueira de Ramuín, e o día 27 de febreiro para a proba en Piñor

19, Xaneiro 2020

Non podía comezar mellor a segunda volta do campionato para os verdes,  gañando 0-2 no campo do Barco, con goles de Wadir e do xogador barquense do Arenteiro, Iago Fernández, que hoxe sentenciou ao equipo do seu pobo natal, ambos na segunda parte. 

Unha importante dose de moral para un Arenteiro que necesitaba un resultado asi para alonxar posibles fantasmas e reivindicarse como equipo con aspiracións a escalar postos na táboa de clasificación.

Como dato curioso para os amantes das estadísticas, tras esta victoria en Calabagueiros, o Arenteiro comeza a segunda volta do campionato coa mesma puntuación que sumaba tamén nas dúas tempadas precedentes en terceira división, 25 puntos. 

Crónica do partido en "somoscomarca.es" https://somoscomarca.es/wadir-y-el-arenteiro-desdibujan-al-barco-en-calabagueiros/

 

16, Xaneiro 2020

Os verdes non aproveitaron que xogaron contra dez a maior parte do partido, xa que no minuto 12 o árbitro expulsou con cartón vermello directo ao gardameta local por tocar o balón coa man fora da área abortando unha xogada de perigo do Arenteiro, a pesar delo os locais puxeronse por diante no marcador dúas veces e remataron forzando un empate a dous goles.

O partido xogado este mércores dia 15 de Xaneiro correspondía á xornada 17, que fora adiado polo temporal do pasado 21 de Decembro. 

O Arenteiro, completa desta maneira a primeira volta do campionato sumando 22 puntos, no posto 12 da clasificación pero a so 3 puntos da zona de descenso.

Cronica do partido en La voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2020/01/16/arenteiro-saco-...

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes