Sobre as mañas da "casta"

16, Marzo 2015

Neste enlace ( http://copecarballino.es/…/candidatura-veci%C3%B1al-no-carb… ) o que se dixo hay poucas semanas sobre como se estaba amañando unha suposta "candiatura veciñal" que en realidade non era tal.

Os da "casta" son profesionais e saben como enredar aos aficcionados. Se un deles, con proxecto e posibilidades de sair elexido, ve que o seu partido non se presenta, ten o "conto" moi fácil. Promove unha "candidatura veciñal" e, para mellor manipulála, sabe que conta con, digamos, 150 incondicionais do seu partido, desa forma sairá o primeiro na lista desa candidatura (porque pedirá aos seus achegados que lle vaian votar).

No camiño, estará na "organización" desa candidatura, de onde procurará que "desapareza" calquera que o poida vixiar de preto ou que pretenda que os da "casta" non estexan nas listas conforme se acordara para esa candidatura veciñal.

Tamén ha de utilizar a pouca cabeza e moito ego de algúns desinformados, aos que vai tentar coa posibilidade de que, con o seus "contactos e coñecidos" poidan chegar a ser "alcaldes". Garantízase desa maneira a participación de unha serie de incautos que dan lexitimidade ao seu "proxecto". De feito, incluso se apuntaron como "candidatos" a candidatos membros de Podemos que se tiñan manifestado en contra de presentar candidatura ás municipais, como é o caso do recén nomeado "secretario municipal" do círculo. Algo realmente estrafalario pero propio dese home.

Conforme estaba proxectado, e que os profesionais sabían de sobra, quen acadou mais votos dos seus incondicionais que alí forn a lle votar, foi o profesional da "casta".

E colorín colorado...