Denuncias

Resulta curioso que cando se lle pregunta ao alcalde en qué van a consistir esas axudas aos autónomos para os que di que hai 1.200.000 euros, diga que deberán ser áxiles. Non establece, porque non ten nin pajoleira idea os criterios de concesión, nin os procedementos nin nada. Están a cero tanto eles como os do PP, o tonto útil ao que meteron na pomada.
Non quero entrar en polémicas porque está visto que cada persoa opina dun xeito e ve as cousas dende o seu punto de vista. Aquí xa houbo un comentario en contra das sereas as oito da tarde. Agora é a velocidade de traballo do tractor desinfectante... como sigamos así tamén van molestar as bombas de palenque das 10 da mañá nas festas do Setembro. 
Estou que non dou crédito o que podo leer nesta mesma páxina, o deste goberno e quen estea detrás del vai camiño do record da estupidez absoluta. Resulta que collen a provincia como unidade para a desescalada, vale, e resulta que non estará permitido movernos da nosa propia provincia.
Supoño que alguén no concello percataríase, que se o tractor que desinfecta as rúas é capaz de botar 100 litros a hora, por poñer un exemplo, non e o mesmo que faga 40 quilómetros ou 5. Pola miña rúa que ten unhos cen metros pasou en apenas 4 segundos. Digo eu que un poco mais a modo faría mellor traballo.
Sorprendeme que sigan indo polas casas a levar as mascarillas. Levo sen ver a meu pai máis dun mes, pero como me diga que lle foi pola casa algún concelleiro, que sepa que ten Unha denuncia no xulgado, e non falo por falar. Sólo aviso, logo que non digan que non están avisados. Boas tardes
Despois de escoitar onte a Fumega non decindo nada, ven hoxe Dacal decindo que o resto dos políticos non deberían estar na política, que a Festa do Pulpo é o 80% da economía carballiñesa, e que eles están visitando a todos os veciños porque o ´persoal do Concello non chega a todos.
Escoito a cope todos os días e estou moi indignada . Onte chamou unha señora para queixarse do reparto do señor Dacal .Pois é verdade, onda miña nai tamén foi, seica non entraba no listado por pouco pero bueno.... que lla deixaba igual E logo se non a ten la lista pa que lle peta na porta? Podese saber? Porque eu vou levarlle a compra e mascarilla xa teño? Que lle vai vender? 
Son un ointe voso, ke vivo na rúa a rega, non me acaba, de coller na cabeza, como pode haber xente tan poca ke sae do supermercado e tira as luvas o chan. A ver si o alcalde e a concelleira correspondente se deixan ver por ahí. Xa ke pagamos os impostos como o reto das rúas. E tamén si se acordan en vir desinfectar tda a rúa.
Parece que as protestas surtiron efecto e o Santander despóis do clamor non lle queda outra que abrir no Carballiño todos os dias, xa é bastante lamentable que tivese que denunciarse para que o banco reaccionase e cumplise o seu máis elemental compromiso de atención ó publico en mínimas condiciós.
Pouco antes das municipais o PP aprobaba os orzamentos de Fumega, pasadas ás eleccións o PP queixábase das subvencións discrecionais de Fumega e as calificaba de electoralistas. Non o pensou antes?

Deportes

Os verdes non estiveron solos na súa visita ao Reina Sofía de Salamanca, onde os animosos e numerososos afeccionados do Arenteiro deixaron a gorxa para facer oir entre os 4.000 espectadores que se deron cita no estadio charro na tarde-noite de venres santo.
Un moi inspirado Marqueta, o gardameta zaragozano do Ourense CF, foi coas súas grandes intervencións baixo paus o gran artífice do seu equipo para non sair derrotado de Espiñedo ante un Arenteiro que fixo méritos para máis que un empate. 

Páxinas