Deportes

5, Abril 2026

A terceira tempada consecutiva do Arenteiro na Primeira Federación continúa sendo unha cruz para o equipo, desta vez cunha nova derrota e ademáis en Espiñedo na matinal do domingo de Pascua ante os vascos do Arenas Club de Getxo.

Desta vez, tamén desta vez, como nos últimos partido en Espiñedo o Arenteiro consigue adiantarse no marcador, pero logo deixase remontar. E cando todo sae mal, os males multiplicanse, os deste partido a lesión de Luca que tivo que abandoar o campo tras recibir un golpe na cabeza, e a expulsión de Mingo con vermella directa no minuto 100 de partido.

VideoResumen do Partido:
https://www.youtube.com/watch?v=K4-1s50eRws

Cronica do partido en La Voz de Galiciihttps://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2026/04/06/arenteiro-agota...

28, Marzo 2026

Inionistas de Salamanca derrotou no estadio Reina Sofía por 3-1 a un Arenteiro que da outro paso atrás no cada vez máis complicado obxetivo da permanencia na Primeira RFEF.

Tras irse ao descanso cun dsfavorable 2-0, o Arenteiro intentouno na segunda parte e Bastida puxo esperanza co seu gol aínda que a igualada non chegou e xa co tempo cumplido os charros ampliaron a vantaxe no marcador.

VideoResumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=9E2B6ahnYVw

Cronica do partido na prensa local: https://www.salamanca24horas.com/deportes/unionistas-derrota-arenteiro-s...

20, Marzo 2026

Jordan adiantou aos verdes, que despois tiveron varias ocasións para sentenciar o partido, sobre todo na primeira parte, tamén na segunda, incluidos dous goles anulados por suposto fora de xogo, pero xa se sabe, a can flaco todo son pulgas.

E outra vez o desconto resulta fatídico para os intereses do Arenteiro, que no último tramo do partido notaba o cansancio ante o ímpetu do filial celtiña, outros dous puntos que se escapan de Espiñedo, esta vez ante o mellor visitante da categoria, que deixan a un equipo moi tocado, e que non merecía este novo castigo polo visto de novo no cómputo dos 97 minutos que se xogaron neste partido. Igual que ante o Real Madrid Castilla, o Arenteiro foi mellor que o seu rival, pero non lle chega para gañar.

VideoResumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=nRsfXfzPf6Q

Cronica no Faro de Vigo: https://www.farodevigo.es/celta-de-vigo/2026/03/20/somuah-rescata-punto-...

Cronica do partido en La Región: https://www.laregion.es/deporte-local/arenteiro-ve-le-escapa-victoria_1_...

14, Marzo 2026

O estadio zamorano presenciou un partido no que o Arenteiro foi dominador no xogo en gran parte dos 98 minutos, pero que regresa de baleiro a O Carballiño.

O gol que decidíu o partido para os locais chegou nun centro lateral mal defendido pola defensa arenteirista que permitíu a Losada rematar de cabeza a placer. No minuto 80 os verdes tiveron o empate pero Mingo fallou o penalti, tras tiralo ao Panenka.

VideoResumen do partido
https://www.youtube.com/watch?v=Bk0In4O6TIY

Cronica do partido en La Opinión de Zamora:
https://www.laopiniondezamora.es/deportes/2026/03/14/losada-da-tres-punt...

7, Marzo 2026

Debut de Juanfran como novo adestrador do Arenteiro con empate ante o filial do Real Madrid en Espiñedo e nun partido no que os verdes fixeron méritos suficientes para gañar os 3 puntos, despois de remontar o gol inicial dos madridistas e ver como xa no minuto 85 chegaba o empate.

Mingo -que xa leva 12- e Diego Moreno -que xa suma 3- foron os goleadores do Arenteiro que, sobre todo na primeira parte, tivo varias ocasións para marcar algunhos goles máis.

No minuto 87, e tras unha xogada na que Alpha mancouse na cabeza ao impactar contra a valla do peche perimetral (foi dado de alta esta mesma noite tras pasar polo centro médico da Mutualidade), o árbitro decretou a suspensión do partido e a retirada a vestiarios en aplicación do correspondente protocolo e, según consta na acta arbitral polo "impacto de un líquido, al parecer cerveza, es su espalda", un incidente rexistrado na zona do bar que, por tal motivo, foi desaloxado de público para que poidese reanudarse o partido.

ViideoResumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=eJXvszTt_s4

Cronica do partido en La Región:

https://www.laregion.es/deporte-local/cd-arenteiro-empata-buen-partido_1...

Cronica do partido en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2026/03/08/arenteiro-juanf...

Cronica do partido no diario AS:

https://as.com/futbol/primera-rfef/arenteiro-real-madrid-castilla-primer...

 

2, Marzo 2026

Difícil de explicar como un equipo pode cambiar tanto dun a outro partido, pero de ver ao Arenteiro que xogo ante Avilés ou Tenerife a este outro de Talavera ou O Couto vai un abismo.

Un equipo sen órden nin concerto que foi superado por un Ourense que precisou moi pouco para levarse un partido que estaba marcado en vermello ante un rival directo. 

O único que se salvou da visita foi a afección verde, que en gran número ocupou a grada de prefencia, non se merecía este esperpénto de partido. Tanto polo resultado deste partido como do resto de rivais nesta xornada, paso atrás cara o abismo do que xa so unha reacción inmediata pode salvalo.

Cronica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2026/03/01/ourense-avanza-...

VideoResumen do partido: https://www.youtube.com/watch?reload=9&v=hHdOTxJp_1Q

21, Febreiro 2026

Un penalti que non era e sinalado a instancias dun dos árbitros auxiliares e transformado por Gastón no tempo de desconto fai que os 3 puntos viaxen ata terras canarias tras esta histórica visita do Tenerife a O Carballiño.

O Arenteiro, despóis do ridículo en Talavera na pasada xornada, mostrou desde o inicio unha cara moi distinta e tuteou durante todo o partido ao líder da categoria, que se levou un excesivo premio de Espiñedo. Incluso tivo o Arenteiro oportunidades para poñerse por diante no marcador pero o longueiro negou o gol a Bastida e posteriormente unha gran intervención do meta tinerfeño evitou o gol de Mingo, na mesma xogada.

Paso atrás dos verdes, que non lles queda outra que ir gañar ao Couto o próximo sábado, e comezar asi a revertir unha situación que comeza a complicarse moito na clasificación. O mellor é que aínda quedan 39 puntos en xogo.

VideoResumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=HFHvlU-ghdk

Cronica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2026/02/22/discutida-pena-...

15, Febreiro 2026

Irreconocible, sen paliativos, o peor Arenteiro da tempada, o que poidemos ver neste partido da xornada 24 da Primeira RFEF no estadio "El Prado" de Talavera de la Reina.

Unha primeira parte na que o Arenteiro estaba incomprensiblemente metido atrás, sen sair do seu propio medio campo, cedendo todo o protagonismo ao equipo manchego, que foi moi superior. O mellor era o resultado, empate sen goles.

Na segunda metade, o Talavera marcou na primeira ocasión que tivo e logo marcou o segundo, e pudo marcar máis. Xa co tempo de desconto un gol en propia meta dos locais puxo o definitivo 2-1 no marcador, e alomenos deixa o golaveraxe empatado. Menos é nada. Tan so 5 puntos conseguidos de 21 posibles neste ano 2026 son números inequívocos de descenso,toca espabilar, e antes de que sexa máis tarde.

Cronica do partido en La Tribuna de Talavera: https://www.latribunadetalavera.es/noticia/z0f8d2654-10dd-43e3-9c44c59bd...

Cronica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2026/02/16/arenteiro-ofrec...

7, Febreiro 2026

Nin os máis vellos en Espiñedo recordan ver nove goles nun mesmo partido, asi de imprevisible e tolo é o fútbol, o Arenteiro goleou ao Real Avilés con "hack trick" de Mingo, e outros tres auténticos golazos de Ferreiro, Bastida e Chuca.

E eso que despóis do 0-1 dos asturianos nos primeiros compases do partido todo parecía negro para a afección local, e máis cun terreo de xogo cheo de barro e auga, imposible para a práctica do futbol. E nunha tarde de frio e moita chuvia, pero que mereceu a pena porque nove goles en 90 minutos mereceron a pena. Asi que se chove, que chova. E sempre asi.

VideoResumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=h8GNhG-mKbQ

Cronica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2026/02/08/arenteiro-solto...

31, Xaneiro 2026

Cando a afección do Arenteiro xa saboreaba un triunfo que sería máis que merecido, unha desafortunada acción en defensa no m. 92 na que o mal estado do terreo de xogo tivo moita culpa, privou ao verdes do triunfo ante os xóvenes cachorros do Atletic Club.

Antes, Eliseo adiantara ao Arenteiro no m. 82 neste partido con dúas partes moi diferenciadas, unha primeira de dominio local e varias oportunidades de gol falladas ante a portería rival, e unha segunda na que os vascos sairon mellor e equilibraron o partido.

Cronica do partido en La Región: https://www.laregion.es/deporte-local/arenteiro-empata-bilbao-athletic-p...

Cronica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2026/01/31/arenteiro-quedo...

VideoResumen do partido: https://www.google.com/search?q=arenteiro+bilbao+atletic+1-1&oq=arenteir...

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes