Deportes

Gran partido de fútbol dos verdes na súa visita a Ponferrada donde mostraron do que poden ser capaces nesta Primeira Federación, derrotando aos bercianos por 1-2 con dous golazos de Mangel e Baselga, a Ponferradina maquillou o resultado xa no tempo de desconto.
O Arenteiro foi superior aos locais en boa parte do partido, xogou en cada momento ao que lle conviña, Raúl Jardiel impartíu unha maxistral lección táctica de fútbol, e a Ponferradina de Javi Rei quedouse unha e outra vez sen argumentos para desesperación da súa afección, con preto de seis mil persoas no Toralin. Mentres, os que gozaron do lindo foron os 200 seguidores do Arenteiro que arrouparon aos verdes na súa visita á capital do Bierzo.
Cronica do partido en InfoBierzo: https://www.infobierzo.com/deportes-bierzo/cronica-ponferradina-arenteir...
Video resumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=nDi_Dy1whSA

Triunfo á heroica dos verdes, que xogaron durante unha hora en inferioridade por expulsión de Joao Dias, decretada polo árbitro asturiano García Riesgo, que está empeñado en ser protagonista e montar o seu propio show en Espiñedo, donde en 3 partidos mostrou ao Arenteiro 14 cartóns amarelos e 5 vermellos, un bo record.
Porque un árbitro pode equivocarse, faltaría maís, todos os actores que participan nun partido de fútbol poden errar, pero o que non debería permitírselle a un arbitro é que sexa arbitrario, que non aplique a mesma lei por igual aos dous equipos.
Ata a expulsión, cando corría o minuto 30 de xogo, o Arenteiro estaba sendo moi superior aos leonciños do Bilbao Atletic, quedando en inferioridade, con tanto partido por diante e cunha arbitraxe asi, pintaban bastos.
O partido igualouse primeiro, e por momentos os vascos amenazaron a portería de Diego, pero o Arenteiro non perdeu a fe, incluso cando tivo que abandonar o terreo de xogo Nacho Ramón 7 minutos despóis de que entrase no descanso para sustituir a Diego Gómez.
Raúl Jardiel moveu o equipo e a receta tivo recompensa, Enol marcou un gran gol tras asistencia de Jordan, e colorín coloarado, 1-0 e aguantar ata o final, e pensar xa na Ponferradina.
Video resumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=FC8eJJReGTE
Ficha do partido:https://www.resultados-futbol.com/partido/Arenteiro/Athletic-Bilbao-B

Os verdes conseguiron no estadio de Balaidos, que presentaba unha gran entrada, o primeiro punto do campionato na Primeira Federación desta tempada, nun partido que tivo dúas caras ben diferencias.
Empate sen goles nun encontro no que se viron dúas partes moi diferenciadas, unha primeira na que o Arenteiro foi superior ao filial celtiña con dúas inmellorables ocasións para adiantarse no marcador, e unha segunda na que os locais conseguiron contrarrestar ao Arenteiro. Unha parte para cada equipo, asi que un resultado que pode considerarse xusto.
Video resumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=tydZ_n4sCnQ
Cronica do partido en "Faro de Vigo":
https://www.farodevigo.es/celta-de-vigo/2024/09/08/filial-muestra-cara-g...

Os verdes dominaron na maior parte do encontro pero non foron quen de culminar a faena na área do equipo leonés,que cun solitario gol levouse os 3 puntos, acaso excesivo premio para o visto nos 95 minutos de partido.
Saíu mellor de inicio o Arenteiro, con varias chegadas á area visitante, os locais dominaban e á Cultural víaselle moi incómoda sobre o terreo de xogo, pero todo se torceu aos 21 m. nunha falta que sacou o exarenteirista, Pibe, e cabeceou totalmente libre de marca outro exarenteirista, Antón Escobar. O gol desconcertou ao Arenteiro que xa non foi o mesmo ata o final desta primeira parte, aínda así tivo unha das mellores ocasións para o empate nun balón que se lle escapou ao gardameta leonés, que non soubos aproveitar os verdes.
Na segunda parte, o Arenteiro saíu decidido a cambiar a súa sorte, e pasou a inclinar o xogo sobre a portería visitante, mesmo acorralando á Cultural en varias fases deste segundo periodo, pero faltou acerto na área para polo menos empatar o partido.
Bo ambiente en Espiñedo na tarde deste sábado 31 de agosto para recibir na segunda xoranda de competición na primeira Federación á histórica Cultural Leonesa, que chegou a O Carballiño acompañada cun numeroso grupo de afeccionados, que festexaron o triunfo do seu equipo. Pola sua parte, a afección do Arenteiro recoñeceu a actitude e esforzo dos seus e despedíronos entre aplausos. De momento, as sensacións son moito mellores que os resultados.
Video co resumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=0CxqFCGmRWE
Ficha do partido:
https://www.resultados-futbol.com/partido/Arenteiro/Cultural-Deportiva-L...

O técnico zaragozano do Arenteiro, Raúl Jardiel, non pudo ser profeta na súa terra e os verdes non poideron puntuar nun partido que inclinou ao seu favor na primeira parte a SD Tarazona con dous detalles ante un Arenteiro que non perdeu a compostura e fixo méritos para, polo menos, o empate.
Excesivo castigo o 2-0 co que rematou a primeira parte polo que estaba a verse sobre o terreo de xogo, con máxima rendabilidade no seu xogo ofensivo, o que non acertaba a rentabilizar o Arenteiro. Na segunda metade os verdes sairon convencidos de que podían remontar o marcador, e Nacho Ramón culminou de cabeza unha boa xogada de Diego Gómez para meterse de cheo no partido, cando corría o minuto 13 desta segunda metade.
Apenas unhos minutos despóis do gol, o mesmo Nacho Ramón a piques estivo de empatar, e de ahí ao final seguíu a intentalo un Arenteiro que xa no desconto tivo a ocasión máis clara para logralo, pero o remate de Marquitos foise fora cando xa se cantaba o gol nos bares do Carballiño que estaban a seguir a retransmisión televisiva.
Aquí podes ver o gol do Arenteiro:
https://www.facebook.com/PrimeraRFEF/videos/539939921708819?locale=es_ES
Ficha do partido: https://www.resultados-futbol.com/partido/Tarazona/Arenteiro
Cronica do partido no Heraldo de Aragón:
https://www.heraldo.es/noticias/deportes/aficion/2024/08/25/futbol-prime...

O Arenteiro xa coñece o calendario de competición, que volve ser asimétrico, para a tempada 2024-25 que se iniciará na fin de semana do 24 e 25 do próximo mes de agosto. No primeiro partido viaxará a terras aragonesas, para enfrontarse á SD Tarazona.
O debut en Espiñedo será na fin de semana entre o 31 de xullo e o 1 de setembro ante a Cultural Leonesa. Na terceira xornada viaxa a Vigo para xogar co filial do Celta, e para a fin de semana que coincide coas festas do setembro recibirá en Espiñedo ao Atletic Club "B" de Bilbao, para desplazarse de novo na quinta xornada ao Toralín de Ponferrada.
Aquí podes descargar o calendario completo: https://rfef.es/sites/default/files/2024-07/1RFEF-g1.pdf

O técnico zaragozano Raúl Jardiel, elexido polo Arenteiro como sustituto de Javi Rey, foi presentado ante os medios nun acto que se desevolvía na tarde deste dia 1 de xullo na sala de prensa do estadio de Espiñedo.
Con él á cabeza do novo corpo técnico dos verdes e co desafio de volver competir na Primeira RFEF, chegan a O Carballiño Pablo Roldán, como segundo adestrador, e Juan Casajus como auxiliar, os tres coincidiron na pasada tempada no Teruel.
Vídeo presentación:

Entre os mellores 16 equipos de todas as competicións da Federación Española de Futbol na tempada 2023-2024, éste e o teito deportivo ao que chegou o Arenteiro na tempada do seu debút na Primeira RFEF, a mellor clasificación acadada nos seus 65 anos de historia.
A Primeira RFEF é a máxima categoria das competicións que organiza o ente federativo, a partir de aquí xa está a Liga de Fútbol Profesional. Na Real Federación Española de Fútbol están federados 30.083 clubes, dos que 454 compiten nas 3 categorias nacionais, 324 en 3ª RFEF, 90 en Segunda RFEF, e 40 en Primeira RFEF, o resto fano en categorias autonómicas.
Xa que logo, o Arenteiro co seu acadado oitavo posto no grupo 1 de Primeira RFEF accede ao "TOP 16" do futbol considerado "non profesional" e que nesta tampada 2023-2024 queda conformado polos seguintes equipos: Deportivo, Castellón, Nastic de Tarragona, Córdoba, Barsa Atletic, Málaga, Celta Fortuna, Ibiza, Ponferradina, Ceuta, Leonesa, Recreativo de Huelva, Unionistas de Salamanca, Real Murcia, Arenteiro e Antequera.
Sen dúbida, será un ano para enmarcar na historia deportiva de Club Deportivo Arenteiro do Carballiño, o mellor da súa historia, na que ademáis tocará gardar momentos máxicos como os vividos nas visitas ao Anxo Carro lucense ou ao Riazor coruñés, ou as noites máxicas de Espiñedo como aquél 2-0 ao Barsa Atletic, entre outros.

O Arenteiro terá que acudir á via da Copa Federación, da que tan bo recordo garda, se quere xogar a Copa do Rei a próxima tempada, xa que a derrota neste último partido ante Unionistas de Salamanca, fai que o premio sexa para o equipo charro, tras gañar un partido no que o Arenteiro tivo as súas opcións durante a primeira parte pero que sucumbíu tras o gol local ao borde do descanso.
O signo do partido pudo ser outro, se co 0-0 no marcador entrase na portería unionista un dos dous balóns que enviaron ao pau Alvaro Ramón e Esquerdo, ou se o árbitro pitase como penalti unha moi clara man do unionista Ramiro dentro da área. Pola contra, o 1-0 cando se consumía a primeira parte foi como unha pesada lousa para un Arenteiro que chegaba moi xustiño a este último partido, mentres que deu alas ao equipo de Samamanca, que despóis ampliou o marcador con outros 3 goles, igualando desta maneira o 4-0 que encaixara na primeira volta en Espiñedo.
Cronica do partido en Salamanca al dia.es :
https://salamancartvaldia.es/noticia/2024-05-25-unionistas-cumple-en-una...
Cronica do partido en Salamanca24horas.com:
https://www.salamanca24horas.com/deportes/borrachera-goles-unionistas-se...

Extraordinario ambiente en Espiñedo para baixar o telón á histórica e exitosa estrea do Arenteiro na 1ª RFEF cun partido no que os celtiñas foron mellores na primeira metade logrando chegar con vantaxe no marcador ao descanso, pero na segunda parte cambiou o guión e o Arenteiro mereceu e conseguíu o empate cun gran gol de Javi Moreno.
Con este resultado, asi como o empate de Unionistas de Salamanca co Rayo Majadahonda, o Arenteiro xogaráse toda a unha carta o próximo sábado ás 19:00 horas no estadio Reina Sofía ante o equipo unionista, ambos desputaránse un posto na próxima edición da Copa do Rei. O equipo de Salamanca aventaxa en 3 puntos ao Arenteiro, que polo tanto só lle vale gañar para recuperar o séptimo posto que da dereito a xogar o torneo copeiro a tempada 2024-2025.
Pase o que pase en Salamanca, a tempada é de sobresaínte para un equipo como o Arenteiro, un recén ascendido e cun dos orzamentos máis modestos entre os 20 equipos da categoria.
Video resumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=UZNa02-Ni28&ab_channel=RealFederaci%C3%B...
Cronica do partido en El Desmarque:
https://www.eldesmarque.com/futbol/celta-de-vigo/20240518/resultado-resu...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »