Deportes

24, Xaneiro 2026

Ocasión perdida para o Arenteiro de sumar algo positivo na Malata, e no que pudo verse que o Football Video Support (FVS) non vale para máis nada que para parar o ritmo dos partidos.

Un penalti inexistente que nunca debeu pitarse ao inicio do partido e que acabou no primeiro gol dos ferrolanos, o fallo defensivo no segundo do Arenteiro e no que ademáis A. Escobar axúdase do brazo no control do balón, asi como a ineficacia ante a portería local a pesar das boas ocasións que tivo, fixeron que o equipo regresase de baleiro a O Carballiño.

Cronica do partido no Diario de Ferrol: https://diariodeferrol.elidealgallego.com/deportes/racing/2026-01-24/el-...

Cronica do partido en La Voz de Galicia-Edición Ferrol:https://www.lavozdegalicia.es/noticia/oparacing/2026/01/24/anton-escobar...

VideoResumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=kBvhvjmUX1E

17, Xaneiro 2026

O Arenteiro foi mellor que o Pontevedra en moitos tramos do partido pero tivo que conformarse cun punto na súa visita a Pasarón tras adiantarse no marcador cun gol de Jordan a balón parado e ver como en apenas 3 minutos despois igualaban os locais.

Cuesta tivo que deixar por precaución a Ferreiro no banco dos reservas e ver como no minuto 12 os verdes tiñan outro contratempo relevante, ao ter que retirarse Llácer do terreo de xogo tras quedar afectado nun choque fortuíto de cabezas cun futbolista do Pontevedra, foi trasladado ao hospital Quirón Domínguez, no que un TAC descartou calquera lesión de gravidade.

VideoResumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=YY-ZM07PvHE

Cronica do partido no Diario de Pontevedra:
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/deporte-local-pontevedra/xxxx...

11, Xaneiro 2026

O Arenteiro tivo as súas oportunidades para adiantarse no marcador durante a primeira parte, que igual que unha semana antes en Madrid, desaproveitounas, mentres que o Lugo non fallou na primeira que tivo no último minuto da primeira parte.

Tras o paso por vestiarios, os verdes loitaron e seguiu competindo o partido, que se torceu no minuto 65 cando Wiliam De Camargo deixou ao equipo con 10 xogadores no campo ao autoexpulsarse con doble amarela cando apenas levaba 3 minutos sobre o terreo de xogo. Unha acción que enfadou, e con razón, a toda a afección carballiñesa. Cando o Arenteiro buscaba o empate, chegou a sentencia dos lucences cun segundo gol.

VideoResumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=hx62y_xdumo

Cronica do partido no diario La Región: https://www.laregion.es/deporte-local/lugo-enmudece-arenteiro-espinedo-2...

4, Xaneiro 2026

O Arenteiro xogou unha soberbia primeira parte na que pasou por riba do filial madridista na súa histórica visita ao estadio Alfredo Di Stéfano na cidade deportiva do Real Madrid, unha gran primeira parte na que ao Arenteiro tan so lle faltou o gol, pero quen perdoa acabao pagando.

Os verdes, que sairon valientes e con ambición ante o combinado dirixido por Arbeloa, tiveron varias ocasións de gol pero fallaron na definición final, ou tamén podía decirse, encontrouse por dúas veces Ochoa cos paradóns do meta local, incluso viu o Arenteiro como o árbitro anuláballe un gol por fora de xogo que no campo, e tamén na revisión, ofrece moitas dúbidas.

Na segunda parte chegaron os dous goles locais, o segundo xa no minuto 90, antes co 1-0 o Arenteiro tivo outras dúas oportunidades para igualar o marcador, na primeira o cabezazo de Eliseo encontrouse cunha parada descomunal de Fran González, o mellor do seu equipo neste partido, e na segunda o longueiro negoulle o gol aos verdes.

Aquí podes ver as grandes paradas do gardameta do Real Madrid Castela, que sostuvo ao seu equipo no partido, Fran González:

https://as.com/futbol/videos/el-madrid-tiene-la-porteria-blindada-la-pro...

Cronica do partido no diario Marca:https://www.marca.com/futbol/real-madrid/2026/01/04/castilla-gana-courto...

Cronica do partido en La Región:

https://www.laregion.es/deporte-local/arenteiro-perdona-paga-real-madrid...

 

21, Decembro 2025

Fai apenas tres semanas o Arenteiro estaba afundido sendo colista e a 7 puntos da salvación na Primeira RFEF, agora os verdes despiden o ano derrotando 2-0 ao Osasuna Promesas, e aínda máis importante, fano con boas sensacións e en clara liña ascendente.

O Arenteiro, con Jorge Cuesta aos mandos, volveu facer un moi solvente partido ante os navarros e confirman a melloría que se iniciou, a pesar da derrota, en Tenerife.

VideoResumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=pSoutrR1b3U

Cronica do partido en La Región:
https://www.laregion.es/deporte-local/arenteiro-equipo-derrota-osasuna-p...

Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/12/22/arenteiro-vence...

13, Decembro 2025

Segunda vitoria consecutiva dos verdes para seguir crendo, desta vez como visitante no Toralín e sendo moi superior á Ponferradina con marcador final de 1-3 a favor do Arenteiro.

O equipo dirixido por Jorge Cuesta saíu con determinación e crendo nas súas posibilidades, tuteando e sendo mellores que os bercianos ata que á media hora unha acción pudo cambiar o rumbo do partido, un penalti desperdiciado a favor dos locais.

Tras chegar ao descanso co 0-0 inicial, en apenas un intervalo de 15 minutos, entre o 53 e 69 de partido, o Arenteiro foi un auténtico vendaval e liquidou o partido con 3 goles, dou de Mingo (que xa suma 8 no campionato)e unha obra de arte fútbolísta de Bastida.

A Ponferradina maquillou o resultado co seu gol no m. 87, e a pesar de que o árbitro prolongou 17 minutos o tempo de desconto, o marcador xa non se movería, a pesar de que o Arenteiro xogou a última media hora con dez futbolistas ao ver Alpha doble cartón amarelo.

VideoResumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=_A8ZJnF7Hk8

Cronica do partido en Leonoticias: https://www.leonoticias.com/deportes/futbol/arenteiro-revienta-toralin-d...

Cronica do partido en El Bierzo Digital: https://www.elbierzodigital.com/ponferradina-arenteiro-cronica-2526/

 

7, Decembro 2025

A vitoria ante o Talavera son máis que tres puntos porque preto de tres meses despóis o Arenteiro volve gañar un partido que pode ser o do punto de inflexión para iniciar a remontada se quere seguir mantendo a ilusión de continuar sendo equipo da categoria de bronce do fútbol español.

Conseguírono os verdes tras unha boa primeira parte na que suuperou amplamente aos manchegos, e facendo méritos suficientes adiantarse no marcador antes do descanso, pero non foi asi e chegouse ao intermedio co empate inicipal sen goles.

No segundo acto o Arenteiro perdeu chispa, non obstante foi a través dunha pillería de Cuellar que colleu por sorpresa á defensa do Talavera no saque dunha falta para darlle un caramelo de balón a Mingo que éste transformou no solitario gol do partido.

VideoResumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=1Tvq2rFYPto

Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/12/08/arenteiro-sacud...

29, Novembro 2025

A entrega e esforzo dos verdes, que viaxaron a Tenerife con importantes baixas por lesións e sancións no equipo, non tivo recompensa por culpa de un solitario gol que os canarios conseguiron nun córner cando estaba a piques de rematar a primeira parte.

Contra o que moitos pensaban, foi un partido bastante igualado, non parecía que estivesen xogando o líder destacado da categoria e o colista, con moi escasas ocasións de gol, a do Arenteiro chegou xa nos minutos finais cando Mingo tivo nas súas botas o gol do empate.

VideoResumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=Fnvq_ePbVYk

Cronica do partido no diario As:
https://as.com/futbol/mas_futbol/el-tenerife-sufre-mas-de-la-cuenta-para...

Cronica do partido en "Tiempo de Canarias"
https://tiempodecanarias.com/noticia/deportes/un-tenerife-sin-brillo-sol...

22, Novembro 2025

A estrea de Jorge Cuesta como novo adestrador do Arenteiro trouxo consigo a segunda derrota da temporada en Espiñedo, segunda consecutiva e desta vez no partido de rivalidade ante o Ourense C.F.

E a verdade é que non empezou mal o Arenteiro cunha aceptable primeira parte na que incluso viu como lle anulaban un gol por un máis que dubidoso fora de xogo.

Pero na segunda parte os verdes xogaron probablemente os peores minutos do que vai de temporada, case que poñendolle o triunfo en bandexa a un Ourense que sen grandes alardes gañou con facilidade cos seus dous goles, o último xa no desconto.

VideoResumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=8dRqt56MlH8

Cronica do partido en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/11/22/ourense-cf-cier...

17, Novembro 2025

O técnico vigués Jorge Cuesta toma o relevo á fronte do primeiro equipo, chegando a Espiñedo cunha traxectoria marcada pola formación de talento novo e a dirección de equipos galegos con personalidade propia.

Formado en casa Celta, ésta é a súa traxectoria deportiva:

2024/2025 | Bergantiños FC → 35 encontros como primeiro adestrador 2023/2024 |

S.D. Sarriana → Conduciu o equipo durante a tempada. Play off de ascenso 2021/2023

| Three Towns (China) → equipos sub-18  e sub-19 2019/2021

| RC Celta Juvenil A → Máis de dez anos na estructura do club. Etapa clave na formación de xogadores en A Madroa, traballando con talento de alto nivel competitivo. Clasificación para a Uefa Youth League.

Con esta incorporación, o club aposta por un técnico meticuloso, esixente e cun coñecemento profundo do fútbol galego e nacional, preparado para liderar o proxecto verde nesta nova etapa.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes