Deportes

8, Setembro 2024

Os verdes conseguiron no estadio de Balaidos, que presentaba unha gran entrada, o primeiro punto do campionato na Primeira Federación desta tempada, nun partido que tivo dúas caras ben diferencias.

Empate sen goles nun encontro no que se viron dúas partes moi diferenciadas, unha primeira na que o Arenteiro foi superior ao filial celtiña con dúas inmellorables ocasións para adiantarse no marcador, e unha segunda na que os locais conseguiron contrarrestar ao Arenteiro. Unha parte para cada equipo, asi que un resultado que pode considerarse xusto.

Video resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=tydZ_n4sCnQ

Cronica do partido en "Faro de Vigo":

https://www.farodevigo.es/celta-de-vigo/2024/09/08/filial-muestra-cara-g...

31, Agosto 2024

Os verdes dominaron na maior parte do encontro pero non foron quen de culminar a faena na área do equipo leonés,que cun solitario gol levouse os 3 puntos, acaso excesivo premio para o visto nos 95 minutos de partido.

Saíu mellor de inicio o Arenteiro, con varias chegadas á area visitante, os locais dominaban e á Cultural víaselle moi incómoda sobre o terreo de xogo, pero todo se torceu aos 21 m. nunha falta que sacou o exarenteirista, Pibe, e cabeceou totalmente libre de marca outro exarenteirista, Antón Escobar. O gol desconcertou ao Arenteiro que xa non foi o mesmo ata o final desta primeira parte, aínda así tivo unha das mellores ocasións para o empate nun balón que se lle escapou ao gardameta leonés, que non soubos aproveitar os verdes.

Na segunda parte, o Arenteiro saíu decidido a cambiar a súa sorte, e pasou a inclinar o xogo sobre a portería visitante, mesmo acorralando á Cultural en varias fases deste segundo periodo, pero faltou acerto na área para polo menos empatar o partido.

Bo ambiente en Espiñedo na tarde deste sábado 31 de agosto para recibir na segunda xoranda de competición na primeira Federación á histórica Cultural Leonesa, que chegou a O Carballiño acompañada cun numeroso grupo de afeccionados, que festexaron o triunfo do seu equipo. Pola sua parte, a afección do Arenteiro recoñeceu a actitude e esforzo dos seus e despedíronos entre aplausos. De momento, as sensacións son moito mellores que os resultados.

Video co resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=0CxqFCGmRWE

Ficha do partido:

https://www.resultados-futbol.com/partido/Arenteiro/Cultural-Deportiva-L...

25, Agosto 2024

O técnico zaragozano do Arenteiro, Raúl Jardiel, non pudo ser profeta na súa terra e os verdes non poideron puntuar nun partido que inclinou ao seu favor na primeira parte a SD Tarazona con dous detalles ante un Arenteiro que non perdeu a compostura e fixo méritos para, polo menos, o empate.

Excesivo castigo o 2-0 co que rematou a primeira parte polo que estaba a verse sobre o terreo de xogo, con máxima rendabilidade no seu xogo ofensivo, o que non acertaba a rentabilizar o Arenteiro. Na segunda metade os verdes sairon convencidos de que podían remontar o marcador, e Nacho Ramón culminou de cabeza unha boa xogada de Diego Gómez para meterse de cheo no partido, cando corría o minuto 13 desta segunda metade.

Apenas unhos minutos despóis do gol, o mesmo Nacho Ramón a piques estivo de empatar, e de ahí ao final seguíu a intentalo un Arenteiro que xa no desconto tivo a ocasión máis clara para logralo, pero o remate de Marquitos foise fora cando xa se cantaba o gol nos bares do Carballiño que estaban a seguir a retransmisión televisiva.

Aquí podes ver o gol do Arenteiro:

https://www.facebook.com/PrimeraRFEF/videos/539939921708819?locale=es_ES

Ficha do partido: https://www.resultados-futbol.com/partido/Tarazona/Arenteiro

Cronica do partido no Heraldo de Aragón:

https://www.heraldo.es/noticias/deportes/aficion/2024/08/25/futbol-prime...

23, Xullo 2024

O Arenteiro xa coñece o calendario de competición, que volve ser asimétrico, para a tempada 2024-25 que se iniciará na fin de semana do 24 e 25 do próximo mes de agosto. No primeiro partido viaxará a terras aragonesas, para enfrontarse á SD Tarazona.

O debut en Espiñedo será na fin de semana entre o 31 de xullo e o 1 de setembro ante a Cultural Leonesa. Na terceira xornada viaxa a Vigo para xogar co filial do Celta, e para a fin de semana que coincide coas festas do setembro recibirá en Espiñedo ao Atletic Club "B" de Bilbao, para desplazarse de novo na quinta xornada ao Toralín de Ponferrada.

Aquí podes descargar o calendario completo: https://rfef.es/sites/default/files/2024-07/1RFEF-g1.pdf

1, Xullo 2024

O técnico zaragozano Raúl Jardiel, elexido polo Arenteiro como sustituto de Javi Rey, foi presentado ante os medios nun acto que se desevolvía na tarde deste dia 1 de xullo na sala de prensa do estadio de Espiñedo.

Con él á cabeza do novo corpo técnico dos verdes e co desafio de volver competir na Primeira RFEF, chegan a O Carballiño Pablo Roldán, como segundo adestrador, e Juan Casajus como auxiliar, os tres coincidiron na pasada tempada no Teruel.

Vídeo presentación:

https://www.youtube.com/watch?v=HdI4iwQZrWw

26, Maio 2024

Entre os mellores 16 equipos de todas as competicións da Federación Española de Futbol na tempada 2023-2024, éste e o teito deportivo ao que chegou o Arenteiro na tempada do seu debút na Primeira RFEF, a mellor clasificación acadada nos seus 65 anos de historia.

A Primeira RFEF é a máxima categoria das competicións que organiza o ente federativo, a partir de aquí xa está a Liga de Fútbol Profesional. Na Real Federación Española de Fútbol están federados 30.083 clubes, dos que 454 compiten nas 3 categorias nacionais, 324 en 3ª RFEF, 90 en Segunda RFEF, e 40 en Primeira RFEF, o resto fano en categorias autonómicas.

Xa que logo, o Arenteiro co seu acadado oitavo posto no grupo 1 de Primeira RFEF accede ao "TOP 16" do futbol considerado "non profesional" e que nesta tampada 2023-2024 queda conformado polos seguintes equipos: Deportivo, Castellón, Nastic de Tarragona, Córdoba, Barsa Atletic, Málaga, Celta Fortuna, Ibiza, Ponferradina, Ceuta, Leonesa, Recreativo de Huelva, Unionistas de Salamanca, Real Murcia, Arenteiro e Antequera. 

Sen dúbida, será un ano para enmarcar na historia deportiva de Club Deportivo Arenteiro do Carballiño, o mellor da súa historia, na que ademáis tocará gardar momentos máxicos como os vividos nas visitas ao Anxo Carro lucense ou ao Riazor coruñés, ou as noites máxicas de Espiñedo como aquél 2-0 ao Barsa Atletic, entre outros.

25, Maio 2024

O Arenteiro terá que acudir á via da Copa Federación, da que tan bo recordo garda, se quere xogar a Copa do Rei a próxima tempada, xa que a derrota neste último partido ante Unionistas de Salamanca, fai que o premio sexa para o equipo charro, tras gañar un partido no que o Arenteiro tivo as súas opcións durante a primeira parte pero que sucumbíu tras o gol local ao borde do descanso.

O signo do partido pudo ser outro, se co 0-0 no marcador entrase na portería unionista un dos dous balóns que enviaron ao pau Alvaro Ramón e Esquerdo, ou se o árbitro pitase como penalti unha moi clara man do unionista Ramiro dentro da área. Pola contra, o 1-0 cando se consumía a primeira parte foi como unha pesada lousa para un Arenteiro que chegaba moi xustiño a este último partido, mentres que deu alas ao equipo de Samamanca, que despóis ampliou o marcador con outros 3 goles, igualando desta maneira o 4-0 que encaixara na primeira volta en Espiñedo.

Cronica do partido en Salamanca al dia.es :

https://salamancartvaldia.es/noticia/2024-05-25-unionistas-cumple-en-una...

Cronica do partido en Salamanca24horas.com:

https://www.salamanca24horas.com/deportes/borrachera-goles-unionistas-se...

18, Maio 2024

Extraordinario ambiente en Espiñedo para baixar o telón á histórica e exitosa estrea do Arenteiro na 1ª RFEF cun partido no que os celtiñas foron mellores na primeira metade logrando chegar con vantaxe no marcador ao descanso, pero na segunda parte cambiou o guión e o Arenteiro mereceu e conseguíu o empate cun gran gol de Javi Moreno.

Con este resultado, asi como o empate de Unionistas de Salamanca co Rayo Majadahonda, o Arenteiro xogaráse toda a unha carta o próximo sábado ás 19:00 horas no estadio Reina Sofía ante o equipo unionista, ambos desputaránse un posto na próxima edición da Copa do Rei. O equipo de Salamanca aventaxa en 3 puntos ao Arenteiro, que polo tanto só lle vale gañar para recuperar o séptimo posto que da dereito a xogar o torneo copeiro a tempada 2024-2025. 

Pase o que pase en Salamanca, a tempada é de sobresaínte para un equipo como o Arenteiro, un recén ascendido e cun dos orzamentos máis modestos entre os 20 equipos da categoria.

Video resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=UZNa02-Ni28&ab_channel=RealFederaci%C3%B...

Cronica do partido en El Desmarque:

https://www.eldesmarque.com/futbol/celta-de-vigo/20240518/resultado-resu...

16, Maio 2024

O actúal presidente non tivo rival e foi o único canditato para optar a un novo mandato da asamblea do club, neste caso será polo tanto para o periodo 2024-2028, e asi foi proclamado como presidente de Club Deportivo Arenteiro ante 134 socios que acudiron a esta convocatoria.

Agora, Marnotes deberá formar a súa directiva, o novo equipo que o acompañará na dirección do club para esta nova etapa, que comezará co Arenteiro competindo por segundo ano consecutivo na categoria de bronce do fútbol español, na comptitiva 1º RFEF.

Antes da celebración da asemblea extraordinaria, tivo lugar outra de carácter ordinaria, na que se repasou  o mandato que agora remata e na que se remarcou os grandes éxitos deportivos colleitados nestes últimos catro anos, con dous ascensos de categoria -de Terceira a Primeira RFEF- e catro títulos logrados neste mesmo periodo, proclamandose campión de terceira división, campión de segunda RFEF, e as Copas Federación, tanto a galega como a nacional.

No balance deportivo da tempada aínda en curso, e polo tanto sen pechar, o club calcula que rematará a tempada co presuposto máis alto da súa historia, 1,9 millóns de euros, e un pequeno deficit de apenas 6.000 euros. Ademáis, o club ten vixente unha poliza de crédito nunha entidade bancaria por importe de 150.000 euros, que terá que renovar ou cancelar no mes de novembro deste ano.

12, Maio 2024

Non estivo ao seu nivel habitual o Arenteiro na súa visita ao estadio Fernando Torres de Fuenlabrada, cunha primeira parte moi gris e notable melloría na reanudación na que os verdes tiveron dúás clarísimas ocasións de gol para incluso gañar o partido. Ao final empate sen goles.

O plan de partido de Javi Rey torceuse mesmo antes de comezar o partido coa baixa a última hora de Vicente Esquerdo, acusado dun proceso febril, e coa lesión de Manín nos primeiros compases do partido. O mellor da primeira parte foi aguantar o resultado, xa que os madrileños apretaron e mesmo fallaron un penalti. Na reanudación o Arenteiro mellorou, equilibrou o partido, e tivo as mellores e clarísimas ocasións de gol do partido, pero nin Cardero nin Chacón acertaron cando o máis fácil era marcar.

Video resumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=Cs-BhoytVvo&ab_channel=RealFederaci%C3%B...

Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/05/12/arenteiro-sufri...

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes