Deportes

29, Maio 2022

O Campo de fútbol do Outeiro Grande de Maside acollerá a terceira edición desta escola futbolística de verán, que terá lugar do 27 de xuño ao 1 de xullo de 2022, para nenos e nenas entre os 6 e os 14 anos de idade.

Trátase dunha actividade organizada pola Fundación RCDeportivo, coa colaboración das Escolas Deportivas Terras de Maside e o concello de Maside. Para máis información, tamén para formalizar a inscrición, podes acceder a este enlace: http://deporcampus.rcdeportivo.es/es/terrasmaside-2022/inicio

 

15, Maio 2022

Avilés e Arenteiro ofreceron un bo encontro de fútbol, entretido, con alternativas no xogo e ocasións ante ambas porterias, ambos equipos sairon con ambición neste partido que baixaba o telón a liga 2021-22 na estrea da Segunda RFEF.

Para nada parecía un partido no que ambos equipos se xogaban pouco, ainda asi o partido tivo ritmo e intensidade, e bo fútbolque agradeceron as afeccionados que acudiron ao coqueto estadio avilesino. O Arenteiro saíu mellor e seus foron os primeiros minutos de partido, que estivo igualado ata que os locais marcaron a piques de rematar a primeira parte.

Na reanudación o Avilés ofreceu a súa mellor versión, pero no último cuarto de hora o Arenteiro, espoleado polo numeroso e animoso grupo de afeccionados desprazados dende O Carballiño, fíxose amo e señor único do partido. O esforzo tivo desta vez recompensa e no minuto 89 tras unha gran xogada culminada con gol de Sobrido o Arenteiro conseguía o empate.

Un partido que completa unha gran segunda volta do campionato, na que o Arenteiro foi o cuarto mellor equipo da competición. Punto e final a un gran ano para o club, e a pensar xa na próxima tempada.

Video resumen do partido da TVG: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-remata-a-liga-cun-empate-en-aviles

Ficha do partido: https://www.rfef.es/actas?pid=3499208

8, Maio 2022

Espiñedo volveu rexistrar un entradón para presenciar o partido que baixaba o telón a esta tempada ante o Navalcarnero, na matinal deste domingo máis de 1.600 afeccionados festexaron o empate ante os madrileños(0-0) como se fose unha gran vitoria, en realidade foino, porque con este punto o Arenteiro certifica a continuidade na categoria da Segunda RFEF para a próxima tempada.

O desprazamento a Avilés da derradeira xornada tan so pode valer para escalar algún posto na clasificación, que sempre quedará ben para as estatísticas, aínda que o obxetivo da permanencia xa está cumprido sexan cales sexan os resultados nesta competitiva e igualadísima categoria,  o Arenteiro está a salvo de poder ser alcanzado polos seis equipos que descenderán á terceira división.

Ante o Navalcarnero, un dos mellores equipos que pasou este ano por Espiñedo, o Arenteiro volveu ser o equipo solvente dos útlimos meses, nun partido no que houbo ocasións ante ambas as dúas porterías, moi igualado, na que os madrileños foron mellores na primeira parte e os carballiñeses na segunda, na que mesmo viron como o árbitro lles anunaba un gol, con polémica incluida, ao entender o auxiliar de liña que o gol saira do terreo de xogo na xogada previa ao gol.

Ficha do partido: https://www.rfef.es/actas?pid=3499199

30, Abril 2022

Aos cinco minutos de comezar o partido no estadio Vicente del Bosque a UD Adarve marcaba de penalti e aos sete minutos lograban o 2-0, nun fatídico inicio de partido dun Arenteiro que recurtou distancias no marcador no minuto 39 ao tranformar Renan outro penalti, no que sería o 2-1 defintivo.

O Arenteiro saíu dormido ao partido e pagouno caro, porque en apenas 7 minutos os locais contaban cun marcador moi favorable que lles deu tranquilidade, o Arenteiro pola contra tivo que ir xa a remolque, a pesar delo mediada esta primeira parte comezou a despertar, primeiro cun tiro ao longueiro de Sobrido e despóis co penalti por mans dun xogador local dentro da área que marcou Renan, o malo foi que na mesma xogada o árbitro expulsou a Pol Bueso a instantcias do auxiliar e por unha suposta patada sen balón a un rival.

Desta maneira, o Arenteiro quedou en inferioridade nos últimos 10 minutos que aínda se xogaron durante a primeira parte (4 de desconto) máis os 50 minutos do segundo periodo, no que os verdes dominaron ao Adarve durante moitos minutos aínda que sen conseguir abrir brecha na defensa local, polo que o resultado xa non chegou a moverse.

O proximo partido do Arenteiro e xa penúltimo da liga en horario unificado será o domingo que ven ás 12:00 do mediodia no estadio de Espiñedo ante o Navalcarnero, nun encontro no que os verdes poden certificar a permanencia na categoría para a vindeira tempada.

Para ver a ficha do partido abre o arquivo: https://www.rfef.es/actas?pid=3499189

24, Abril 2022

O Arenteiro conseguíu un triunfo vital para achegarse outro chisco ao obxetivo da permanencia e mesmo apretar aínda máis os postos de promoción de ascenso, dos que os verdes se sitúan a 2 puntos aínda con 9 en xogo para rematar a tempada na Segunda RFEF.

O partido ante o Coruxo foi un monólogo do Arenteiro durante a primeira parte, na que so lle faltou os goles para certificar no marcador o seu dominio no xogo, con múltiples aproximacións que levaron o perigo ante a portería viguesa, pero aos dianteiros carballiñeses faltoulles acerto para irse con ventaxa ao vestiarios, en non co 0-0 inicial.

Na segunda parte, de inicio cambeo o guión e parecía ser o Coruxo o que agora apretaba máis, aínda que ser crear ocasións ante a portería de Diego García, non obstante no primeiro tiro dos vigueses entre os tres paus, e xa corría o minuto 56 de partido, unha perda de balón do Arenteiro propiciou que Mateo adiantara ao Coruxo cun gol pola escadra, inalcanzable para o meta local. Demasiádo premio polo que ata ese momento se vira nun Espiñedo que volveu rexistrar un gran ambiente, a pesar de que a Televisión de Galicia estaba retransmitindo en directo o partido.

Pero o Arenteiro non perdeu a fe, e tras superar o mazazo, en poucos minutos volveu cargar sobre a portería do Coruxo. E obtivo un merecido premido, primeiro cun libre directo que lanzou dende a banda Pibe, o balón foise envenenando e colouse na portería viguesa. E xa a piques de alcanzar o minuto 90, córner a favor do Arenteiro, falla o porteiro do Coruxo, e Victor Eimil cabecea a placer o gol da vitoria para delirio da afección do Arenteiro.

C.D ARENTEIRO: Diego García; Víctor Eimil, Germán Novoa (Vitra 73’), Pol Bueso, Joseca Márquez; Raúl Blanco (Cassio de Góes 92’), Adrián Cruz (Pibe 56’) Renan Zanelli, Álex Fernández, Markitos Alonso (Álvaro Naveira 92’) eJosé Sobrido (Alassanne Sylla 73’).

CORUXO CF: Amigo; Johan Terranova, Aitor Aspas (Diego Silva 91’), Pablo Crespo (Antonini 80’), Lucas; Aarón (Borja Domingo 80’), Mateo (Manu 73’), Jacobo Trigo, Dani; Chiqui (Álex Ares 73’) e Youssef.

Goles: 0-1 Mateo Míguez 56’, 1-1 Pibe 77’, 2-1 Víctor Eimil 89’. Árbitro: Alejandro Patiño Álvarez (Comité Madrileño). Asistentes: Mario Contreras Mallo e Enrique Bustos Pereira.

Amonestacións: José Sobrido 22’, Pol Bueso 51’, Aarón Sánchez 65’, Dani Vidal 82’, Álex Ares 86’, Jacobo Trigo 91’, Johan Terranova 92’. Cartón vermello: Pablo Crespo 95’.

Vídeo resume do partido na TVG: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-remontalle-ao-coruxo-e-aperta-a-promocion

17, Abril 2022

A Segoviana marcou o único gol mediada a segunda parte, suficiente para gañar un partido no que acaso o máis xusto houbese sido un empate, polo visto no estadio segoviano no cómputo dos 90 minutos de xogo.

Na primeira parte non pasou absolutamente nada destacable, pero o partido cambiou radicalmente tras o paso por vestiarios. Ambos equipos sairon decididos a dar un paso adiante e irse a polos 3 puntos, e chegaron as ocasións ante ambas porterías. E pasou que a Segoviana aproveitou a que tivo para marcar, e o Arenteiro fallounas, ou tamén podía decirse, por dúas veces o porteiro local foi o gran salvador do seu equuipo con paradas de moito mérito. O árbitro anulou un gol por fora de xogo a Sylla, sinalado a instancias do auxiliar de banda.

Con este resultado, o Arenteiro deixa atrás unha série de 7 partidos invicto, e queda no mesmo noveno posto no que estaba na clasificación, a 3 puntos da promoción de ascenso e a outros 3 dos postos de descenso.

Crónica do partido en "El adelantado de Segovia"
https://www.eladelantado.com/todo-el-deporte/deporte-local/la-segoviana-...

10, Abril 2022

Domingo matinal de paixón e de paixón arenteirista en Espiñedo con goleada ante os asturianos da UD Llanera, que chegaba a Espiñedo entre os tres mellores equipos da segunda volta no grupo 1º da Segunda RFEF, tras esta xornada o Arenteiro quédase en solitario como o mellor equipo desta desta segunda volta e da un gran paso para conseguir o obxetivo da permanencia.

O partido foi un monólogo de principio a fin do Arenteiro, que mesmo pudo conseguir marcador moito máis amplo, porque foron cinco goles e puderon ser algunhos máis, mentres que o LLanera marcou o seu gol da honra no único balón que conseguíu enviar entre os tres paus dun Diego García que foi desta vez un espectador máis do partido. Renan Zanelli marcou dous goles, un deles de penalti, tamén fixo doblete Raúl Blanco, e Marquitos completaron a nómina goleadora dos verdes.

Vídeo-resumen da TVG: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-e-o-mellor-equipo-da-segunda-volta-e-m...

Ficha do partido: https://www.rfef.es/actas?pid=3499161

3, Abril 2022

Tarde soleada pero moi fria no campo de Miramar de Luanco para un partido que tivo a súa xogada polémica no tempo de desconto cando Joseca que avanzaba como un obús sobre a portería do Marino foi pisoteado por un defensor local dentro da área, o árbitro non quixo pitar a pena máxima.

Ademáis, tras a polémica acción, o colexiado expulsou con cartón vermello ao local Lora e ao xogador do Arenteiro Pibe, aínda que o partido xa estaba practicamente finiquitado co empate inicial sen goles.

O partido transcurríu sen ocasións claras ante ambas porterías, ambos gardametas tiveron moi pouco traballo, que resolveron con solvencia. Os primeiros minutos foron para o Arenteiro, pero logo o Marino apretou algo máis, aínda que con pouca profundidade. Na segunda metade o Arenteiro foi máis dominador pero tampouco logrou chegar con claridade ante a portería local.

Ficha-acta do partido: https://www.rfef.es/actas?pid=3499151

Video-resumen da TVG: https://www.g24.gal/-/empate-sen-goles-nin-case-ocasions-entre-arenteiro...

26, Marzo 2022

O Arenteiro conseguíu sumar un punto ao empatar a un gol co Palencia CA na Nova Balastera, un estadio moderno cunhas magníficas instalacións pero cun deficiente terreo de xogo, en moi mal estado para a práctica do fútbol.

O gol do empate dos palentinos chegou no último suspiro do partido, cando os afeccionados do Arenteiro desprazados a Palencia e a todos os que seguían a restransmisión televisiva xa cantaban unha nova victoria dos verdes, ao final quedáronse co mel nos beizos, aínda que conseguir sumar nun estadio e cun rival como o Palencia Cristo At. sempre pode considerarse como positivo, e serve para prolongar a boa dinámica na que está e equipo. 

O Arenteiro saíu ao partido creendo nas súas posiblidades, e tras forzar un córner e dar mostras de perigo na área local, en apenas 3 minutos conseguíu adiantarse no marcador con conexión brasileira, Renán lanzou unha falta sobre a portería do Palencia e Cassio conectou un testarazo que levou o balón ao fondo da portería local. Un gol que probablemente marcou o resto do partido, ao que se chegaba ao descanso sen que en ningún momento houbese sensación de que perigase a victoria momentánea do Arenteiro.

Na segunda parte os palentinos saíron a por todas, rondaban unha e outra vez a área da portería pero Diego apenas tiña que intervir porque a liña defensiva do Arenteiro estaba soberbia cerrando espacios e facendo estéril o dominio local, e mesmo desperdiciaron os verdes dúas claras ocasións para sentenciar, unha primeira de Raúl Blanco e unha segunda na que Victor Eimil fixo todo ben pero non culminou a súa gran xogada personal e malogrou a sentencia.

O árbitro concedeu cinco minutos de desconto, e foi precisamente cando xa se cumplía o tempo da prolongación cando empata o Palencia cun bo remate de cabeza dentro da área.

Vera ficha do partido:https://www.rfef.es/actas?pid=3499142

Vídeo resumen do partido da TVG: https://www.youtube.com/watch?v=8qifimDcwQE

19, Marzo 2022

O Arenteiro sumou outros 3 puntos de ouro e volve ser, pendiente dos partidos dominicais, o equipo que suma máis puntos da categoria no que vai de ano 2022, en total son total 21 puntos, tras colleitar 6 triunfos, 3 empates e unha única derrota.

O partido desta tarde de sábado co Bergantiños estivo cheo de intensidade e emoción, e decidíuno unha gran xogada de ataque dos verdes, con ata catro toques de balón que culminaron Cruz cun centro medido á area pequena que rematou impecablemente de cabeza Marquitos. Unha primeira parte na que o Arenteiro foi netamente superior a un Bergantiños que estaba incómodo e claramente superado polo Arenteiro.

Na segunda parte, o adestrador visitante fixo cámbios para tratar de buscar unha posesión que non lograra ter en ningún momento do partido, pero o Arenteiro soubo xogarlle a un Bergantiños que apenas lograba xerar perigo real, mentres que sí o facía facía o Arenteiro, que tivo ata 3 claras ocasións para pechar o partido, primeiro nunha falta lateral que Raúl rematou fora por moi pouco cando se cantaba o gol na grada, igual que noutras sendas oportunidades que malograron Sobrido e Sylla. Non marcaron e matívose a emoción ata o pitido final, despois dun libre directo moi perigo a favor do Bergantiños que non colleu portería.

ARENTEIRO: Diego García; Víctor Eimil, Germán Novoa, Pol Bueso, Joseca (Portela 83’); Raúl Blanco (Álvaro Naveira 76’), Adrián Cruz, Renan Zanelli, Álex Fernández, Markitos Alonso (Cassio Góes 71’) e José Sobrido (Alassane Sylla 83’)

BERGANTIÑOS: Santi Canedo; Blas (Cano 46’), Agulló (Brunet 58’), Hugo, Brais; Uzal (Concheiro 79’), Boedo (Martín Lamelas 79’) , Remeseiro, Yelco; Escobar e Christian (Carlos López 46’).

Goles: 1-0 Markitos Alonso 17’.

Árbitro: Guillermo Cueto Amigo (Comité Castelá-leonés). Asistentes: Lidia Lombardero Díaz y Guillermo García Presa. Non tivo complicacións nun partido moi fácil para arbitrar. Amonestacións: Cartón amrelo a Álex Fernández 18’, Blas 36’, Boedo 44’, Agulló 55’, Brunet 61’, Pol Bueso 77’, Germán Novoa 88’.

Vídeo-resumen da TVG: https://www.g24.gal/-/o-solitario-gol-de-marquitos-dalle-o-triunfo-ao-ar...

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes