Deportes

O Club Fluvial Avión-Catmarán Ribeira Sacra continúa preparando a vindeira tempada deportiva, na que competirá para conseguir novos retos na súa traxectoria no deporte da piragua.
Desta maneira, os palistas avionenses veñen de participar no "Control Galego de Inverno" celebrado no centro deportivo David Cal de Pontevedra, cunha distancia de 5.000 metros.
Na categoria Master conseguir valoraron o seu estado de forma Mónica Piñeiro e Pedro Andrés.
Completaron a participación do club neste control invernal Alexia Bruquet e Yasmina Mehovic en cadete femenina, Andrés Tamayo e José Manuel Vigara en categoria xuvenil, asi como Angela Bruquet, en infantil.

Empate a un gol ao final dos noventa minutos e outra tarde máis -algo xa habitual- de gran ambiente no graderío do Estadio de Espiñedo, nun partido ao que asistiron o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, e os vicepresidentes José Manuel Fernández e Gustavo Falqué.
Reparto de puntos e reparto tamén de ocasións de gol entre ambos equipos, as máis claras na primeira parte de Carlos De Dios para os locais e de Ardersson para os visitantes. No minuto 41 adiantase no marcador o Arenteiro dende os once metros, ao transformar a pena máxima Dani Chimpin.
Na segunda parte non se xeraron moitas ocasións ante ambas porterías, pero Martín Lamelas aproveitou a que tivo no minuto 59 para empatar o partido, 1-1, que xa sería definitivo.
CD Arenteiro: Israel, Vilachá, Dafonte, Martín, Pana, Dani Arbo (Padrón, m.50), Cuquejo (Alberto, m.55), Bardelás, Dani Chimpin, Vitti (Dani Vázquez, m.84) e Carlos de Dios (Rubén Arce, m. 63).

Valioso triunfo dos verdes na súa visita ao campo das Gaiandas, nun bo partido do Arenteiro, ao que regresaba Dani Arbo despois de tres meses de ausencia dos terreos de xogo, providencial regreso porque marcou o gol da tarde, e ademáis, na posición de centrocampista na que xogou foi un dos destacados da tarde no equipo de Manel Vázquez.
A primeira parte resultou igualada, cun par de aproximacións perigosas en ambas porterías, e pouco máis, sobre un terreo de xogo en malas condicións.
Na segunda metade o Arenteiro fíxose acreedor á victoria, que conseguíu con todo merecemento, ante un Gondomar que tampouco desentonaba.
Pero no minuto 66 os gondomareños sufriron un mazazo co golazo de Dani Arbo, engantillou un tiro dende unhos 30 metros que en forma de volea colouse pola escadra dun sorprendido Isma, o porteiro local so pudo seguir coa vista a traxectoria do balón.
Despois, o Gondomar volcouse sobre a área do Arenteiro, e tivo un par de ocasións que non aproveitou, non obstante era o Arenteiro á contra o que pudo sentenciar o partido ao fabricar outras dúas magníficas ocasións, que xa co porteiro batido, salvaron ambas os defensores locais baixo os 3 paus e cando o balón xa se colaba.
Xa co tempo a punto de cumplirse o árbitro non quixo pitar un clarísimo penalti cometido sobre Alberto Blanco.
CD Arenteiro: Israel, Vilachá, Dafonte, Martín Pana, Dani Arbo, Cuquejo, Bardelás (Iván Portos, m.86), Dani Chimpin (Alberto Blanco, m. 55), Vitti (Pol, m. 78) e Carlos de Dios (Rubén Arce, m. 63).

Catorce meses pasaron dende que o Arenteiro non perdía en partido de liga en Espiñedo,o mérito foi para o equipo vigués do Valadares, acaso un excesivo castigo para os verdes polo visto nesta tarde, xa que non mereceron perder este encontro.
Mención aparte merece a labor arbitral, a do colexiado Xesús Fontes Mosquera, que deu un recital de tarxetas sin ton nin son, ata 24 en total. Ademáis, co empate no marcador, non quixo ver un máis que posible penalti sobre Rubén Arce.
O partido comezou con oportunidades para o Arenteiro, que non soubo materializar,mentres que o Valadares encontrábse cun gol no minuto 41 que faría que se fose con ventaxe no descanso.
Non podía iniciarse mellor a segunda parte para os verdes, xa que no minuto 47 Rubén Arce empataba o partido. A partir de aí, o Arenteiro encerrou aos vigueses na súa área, aínda que era un dominio que non lograba traducir en ocasións claras de gol, mentres que o Valadares -na única vez que chegou á portería de Pachi- tivo a fortuna de marcar o segundo gol,que sería definitivo para levarse os 3 puntos e apretar aínda máis a parte alta da clasificación.
CD Arenteiro: Pachi, Vilachà, Pana, mar´tin, Dafonte, Bardelás, Arce, Alberto, D. Vázquez, D. Chimpín e Carlos de Dios. Tamén xogaron Pol, Cuquejo, Sanginés e Vitti.

Partido con alternativas en ámbas áreas e no que tanto Porriño Industrial como Arenteiro deixaron mostras de que se encontran entre os bos equipos da Preferente na actúal tempada futbolística.
No campo do Lourambal, con numerosos seguidores do Arenteiro, víuse un partido no que ámbos técnicos, Rubèn Sotelo e Manel Vázquez, evidenciaron o coñecemento que tiñan do equipo rival nos seus respectivos plantexamentos tácticos.
Aínda que comezou mellor o Porriño, logo avisaría o Arenteiro das súas intencións cun balón dende a banda dereita ao que por milímetros non chegaron con precisión os dianteiros verdes, o balón sería rexeitado a corner pola retagarda locataria.
No minuto 24 chegaría unha das xogadas claves da tarde, penalti de Pachi sobre o habilidoso dianteiro local Benja. A pena máxima é executada por Stefan, esquinada e a media altura, que rexeita o gardameta do Arenteiro nunha gran intervención.
O Arenteiro lograba adiantarse no minuto 32, outro balón dende a banda dereita que Dani Chimpin pon sobre a área local e Vilachá, entrando dende atrás, cabecea maxistralmente e bate ao porteiro Fernando. E asi, con ventaxa carballiñesa no marcador, chegouse ao descanso.
Na segunda metade, aos 6 minutos empataba Benja, o dianteiro máis perigoso do Porriño Industrial. E de aí ao final, o marcador xa non se alteraría.
CD Arenteiro: Pachi, Vilachá, Dafonte, Martín, Pana, Cuquejo, Bardelás (Iván Portos, m. 88), Arce, Dani Chiimpín (Alberto, m. 57), Vitti (Dani Vázquez, m. 67) e Carlos De Dios (Sanginés, m. 78).
Na foto, o golazo de Marcos Vilachá.
Dani Chimpin marcou sobre a bocina o solitario gol que da os tres puntos aos verdes ante o equipo industrial, que vendeu moi cara a súa derrota.
Igual que a tarde en Espiñedo, o partido tamén estivo frio, tanto que o Arenteiro non era capaz de facer o seu xogo habitual e o Poligono encontrabase cada vez máis cómodo no terreo de xogo. Sanginès e Vitti, que enviou o balón ao longueiro da portería visitante, poideron adiantar aos verdes na primeira parte, pero non o conseguiron.
Na segunda parte, máis do mesmo,ou acaso pior. Porque conforme pasaban os minutos, o Poligono seguía cómodo e parecía que comezaba a creelo, e incluso se permitía o luxo de chegar a poñer en apuros a Pachi.
Xa cando o partido estaba apurando os minutos de desconto chegou o gol, Dani Chimpin adentrouse co balón controlado na área e axustou ao pau un tiro raso ao que non pudo chegar o gardameta do Poligono.
CD Arenteiro: Pachi, Vilachá, Padrón (Cuquejo, m.65), Martín, Pana, Dafonte, Bardelás (Dani Vázquez, m.78), Rubén Arce, Sanginés (Carlos de Dios, m. 55), Vitti e Alberto (Dani Chimpin, m. 55)

O Arenteiro recupera posto de ascenso directo na clasificación da Preferente Galicia tras gañar ao Erizana CF no campo Val de Martín, de Baiona, e grazas a un gol de Carlos de Dios no minuto 73 de partido.
Pudo o Arenteiro marcar moito antes se non desaproveitase as varias ocasións das que dispuxo no transcurso do partido. Na primeira parte con dous balóns moi claros que se pasearon por diante da portería local sen que encontrasen rematador, e nun cabezazo de Padrón que se foi alto por pouco.
Todo esto nunhos primeiros 45 minutos sen un claro dominador no xogo,aínda que os locais non lograban crear perigo real ante a portería de Pachi.
O Arenteiro saíu mellor que o seu rival na segunda metade, na que un balón ao poste de Dafonte tras unha boa combinación dos verdes e un cabezazo de Martín Sánchez ao que respondeu o meta local cun paradón enorme, foron as mellores ocasións do Arenteiro antes do gol de Carlos de Dios.
Nos últimos minutos, o Erizana apretou pero o marcador xa non se moveu,polo que o Arenteiro logra comezar a segunda volta do campionato con victoria en campo contrario.
A nota negativa da tarde foi a lesión de Saúl, no minuto 12 de partido,con fractura dun dedo do pe dereito.
CD Arenteiro: Pachi, Vilachá, Padrón, Martín, Saúl (M. 12, Pana), Cuquejo (M. 59 Bardelás), Dafonte, Chimpín (M. 75, Sanginès), Arce, Vitti M. 68. Dani Vázquez) e De Dios.

Os verdes perderon en Portonovo un partido que tiñan gañado ata o minuto 71 de xogo, pero no fútbol afirma a máxima que quen perdoa acabao pagando, e eso aconteceu, pudo o Arenteiro ter sentenciado o partido con antelación, e ao final rematou perdendo.
Adiantouse o Arenteiro no minuto 12 por medio dun gol de Vitti, e o Portonovo apenas creou ocasión de gol algunha durante toda a primeira parte, mentres era o Arenteiro o único equipo que levaba perigo ante a portería contraria.
E asi comezou tamèn a segunda parte, na que Rubén Arce tivo outra magnífica ocasión para ampliar o marcador, pero fixo o que non é habitual neste xogador, fallar na definición. Logo, a piques estiveron de facer o segundo Padrón e o debutante Martín Sanchez, mentres o Portonovo nin xiquera era capaz de inquietar a portería de Pachi.
E acaso pensaron -erróneamente- os verdes que todo estaba feito e que non era preciso facer máis para gañar, e resulta que os partidos duran 90 minutos máis o desconto.
Tras o empate no minuto 71, os locais aproveitaron despois no minuto 83 un libre directo no pico da área para colar o balón polo primeiro pau da portería de Pachi, e conseguir asi que os 3 puntos se quedasen no campo de Baltar.
CD Arenteiro: Pachi, Vilachá, Padrón, Martín, Pana, Dafonte, Bardelás, Carlos de Dios, Rubén Arce, Vitti e Alberto. Tamén xogaron Cuquejo, Sanginès, Dani Vázquez e Dani Chimpín.
O vindeiro domingo dia 15 o Arenteiro inicia a segunda volta do campionato de liga na Preferente Galicia, desplazandose a Baiona para enfrontanrse ao equipo do Erizana.

Os equipos C.D.Arenteiro e Sporting Carballiño disputarán este sábado un encontro solidario a favor da Cruz Vermella.
Trátase do I Trofeo Benéfico Vila do Carballiño que foi presentado este mediodía polo concelleiro de Deportes, Xosé Manuel Dacal, e directivos de ambos equipos e da Cruz Vermella do Carballiño.
O encontro terá lugar ás 12 da mañád este sábado, 31 de decembro, no estadio municipal de Espiñedo.
A entrada será totalmete gratuita pero no descanso do partido realizarase un sorteo e a recadación da venda das rifas irá íntegramente para a Cruz Vermella. Asemade, haberá un punto de recollida de alimentos non perecedeiros e xoguetes.

Con esta victoria ante o Uníón Grove, os verdes cumplen un ano invictos en Espiñedo na competición da Preferente Galicia, xa que non perden un partido dende aquél 1-2 ante o Marcón At. o dia 13 de decembro de 2015. Na presente tempada, o Arenteiro obtivo 8 victorias e 1 empate en Espiñedo, a falta dun partido para completar a primeira volta, o que xogará xa o vindeiro 8 de Xaneiro en Portonovo.
Ante os grovenses, o Arenteiro fixo unha soberbia primeira parte, na que o máis lóxico houbese sido ír ao descanso co partido resolto e non co curto 1-0 tras o gol de Carlos de Dios cando se cumplía o primeiro cuarto de hora de partido. E e que durante esta primeira parte o equipo verde fíxose acreedor a un resultado favorable moito máis amplo do que reflexou o marcador.
Moi boa primeira parte de todo o equipo, con actuación estelar de De Dios e Alberto Blanco, das súas botas sairon varias xogadas, nas que o único que faltou foi o gol.
E dise que quen perdoa case sempre o paga, e o certo foi que o dito cumpliuse porque na única que tiveron os grovenses ao inicio da segunda parte lograron igual o marcador. Pero desta vez o fútbol foi xusto con quen o merecía e Sanginés pudo debutar con un gol no minuto 85 que vale os 3 puntos, antes o Arenteiro tivera, tamèn nesta segunda parte, outras boas ocasións para resolver o partido ao seu favor.
CD Arenteiro: Pachi, Pol, Vilachá, Padrón, Saúl, Dafonte, Bardelás. Carlos de Dios, Varandela, Dani Vázquez e Alberto. Tamén xogaron Vitti, Sanginés, Iván Portos e Esteban.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- …
- seguinte ›
- última »