Deportes

2, Outubro 2016

Típico partido de rivalidade xogado con moita intensidade, duro por momentos e con bastante emoción o que pudo verse no Estadio do Couto, que rexistrou unha boa entrada, con numerosa presenza de afeccionados do Arenteiro.

Eso si, os dous equipos evidenciaron dúas propostas futbolísticas distintas. O Arenteiro, a pesar das numerosas baixas, combinando e querendo ir polo partido, fronte a un Ourense máis reservado e fiando a súa sorte aos seus xogadores estrela, Anderson e Wadir.

Ambos equipos tiveron ocasións de desnivelar ao seu favor o partido, pero unhas veces o desacerto dos dianteiros e outras as boas intervencións dos gardametas, fixeron que ao final o 0-0 campease no marcador.

Tanto Ourense como Arenteiro remataron o partido con 10 xogadores, por expulsión de Alexis -vermella directa- nos ourensáns e Saúl -doble amarela- nos carballiñeses.

O  CD Arenteiro presentou o seguinte once titular: Israel, Vilachá, Maxi, Arbo, Saúl, Adrián Padrón, Bardelás, Carlos de Dios, Rubén Arce, D. Vázquez e Alberto. Tamén xogaron Varandela, Esteban, Iván Portos e Adrián Pol.

29, Setembro 2016

Un centenar de pilotos participarán esta fin de semana na proba de Enduro “Xtremo Mesego”, que contará por primeira vez con representación internacional.

Así, hai inscritos un piloto francés e varios de Portugal. Ademáis, a proba deste ano, que vai na cuarta edición, terá o aliciente de contar con auténticos pilotos da élite de induro procedentes, sobre todo, do País Vasco, Navarra e Cataluña.

Entre eles, cabe destacar a Pol Tarrés, que foi campeón do mundo de trial junior, e que debuta nesta proba do Carballiño na modalidade de enduro; o navarro Josu Baraibar; o vasco José Artola, que gañou o pasado ano esta proba;o galego Joaquín Rodríguez, e o francés Peio Etxebesti, entre outros.

Dos cen pilotos inscritos, setenta e cinco son de fóra de Galicia, o que amosa o interese crecente desta proba no calendario nacional de Enduro, según dixo Juan Caderno Baranda, membro do Moto Club Extremo Mesego, que organiza esta proba, durante a presentación efectuada esta mañá na Praza Maior do Carballiño.

Neste acto tamén participaron o concelleiro de Deportes, José Manuel Dacal, e Miguel Lois López, integrante do Moto Club Extremo Mesego. Dacal salientou a importancia deste evento deportivo, tanto pola calidade como pola participación, que conleva a ocupación de prazas hoteleiras, a dinamización do sector hosteleiro e do turismo na vila.

Pola súa parte, Miguel Lois agradeceu a colaboración do concello e patrocinadores, e convidou ao público a asistir a esta proba, que terá un prólogo o sábado pola tarde, fronte ao concello, e o domingo en Pena Cobertoira e zonas de monte.

PROGRAMA

A proba disputarase o sábado, 1, e o domingo, 2 de outubro. O sábado haberá un prólogo en Pena Cobertoira, a partir das 5 da tarde, e outro na Praza Maior, a partir das 7,30. E o domingo a proba comezará en Pena Cobertoira ás 11 da mañá, e rematará ás 5,30 da tarde coa entrega de trofeos.

O parque pechado e verificacións terán lugar no Bar Parque, Rúa Circunvalación.

25, Setembro 2016

Outra victoria de casta dos verdes que, igual que aconteceu ante o Porriño, volveron quedarse con inferioridade numérica no campo, e ademáis desta vez desperdiciaron un penalti que o porteiro visitante Isma logrou desviar tras o lanzamento de Dani Chimpin.

Costoulle un chisco ao Arenteiro entrar nun partido no que o Gondomar presentaba nos primeiros dez minutos as súas credencias de líder, xa que chegaba a Espiñedo contando os seus partidos por victorias.

Transcurrido o primeiro cuarto, os verdes fixéronse co control do partido e froito dese dominio e ocasións chegaría o primeiro gol no m. 23, tras chutar a portería Bardelás, petar nun contrario, e colarse ao fondo da rede. Cando máis e mellor estaba xogando o Arenteiro empatou o Gondomar, un golazo de Manu Vilán que lanzou o balón á escadra da portería de Israel, eso si, no primeiro e único tiro dos visitantes entre os 3 paus durante toda a primeira parte.

Dani Chimpin pudo desnivelar antes do descanso, pero o lanzamento dende os 11 metros, foi desviado nunha gran intervención polo meta visitante.

Na segunda parte, as ocasións estiveron máis repartidas por ambos ambos, aínda que o árbitro deixou ao Arenteiro con 10 xogadorres no campo, tras ver Dani Chimpin un moi riguroso segundo cartón amarelo, cando aínda faltaban 20 minutos de partido.

O Arenteiro, igual que o dia do Porriño, aguantou e non pasou por grandes apuros. No minuto 85 penalti sobre Varandela que transformou Rubén Arce no gol da victoria para o equipo que máis o mereceu.

CD Arenteiro: Ismael, Vilachá, Arbo, Maxi, Saúl, Padrón, Bardelás, Dani chimpin, Arce, D. Vázquez e Carlos de Dios. Tamèn xogaron Alberto, Varandela, Iván Portos e Esteban.

Na foto, o gol do 2-1, obra de Rubén Arce, de penalti.

 

18, Setembro 2016

No campo do Valadares vigués, e na cuarta xornada da Preferente Galicia, chegou a primeira derrota dos verdes, consecuencia sobre todo dunha mala primeira parte na que os locais dominaron o partido e foronse a vestiarios xa co 2-0 que sería finalmente o resultado definitivo.

Tras un inicio esperanzador do Arenteiro, pouco a pouco, os verdes foron diluindose e o Valadares indo a máis. O primeiro gol dos locais chegaba no minuto 31, e a piques de chegar ao descanso, o segundo, gol dos cualificados como sicolóxicos.

Na segunda parte o Arenteiro pudo meterse no partido nalgunha das aproximacións que tivo sobre a portería do Valadares, pero non era o dia e todo saía o revés, ademáis en última instancia estaba o meta local Denís, que con moita solvencia resolvía os balóns aéreos que os verdes colgaron con perigosidade nun par de veces.

 Lamentablemente, o partido deixa outra vez danos colaterais para os verdes, xa que no minuto 64 Dani Chimpin tiña que abandoar o terreo de xogo lesionado tras unha fea e forte entrada por detrás dun xogador do Valadares, ó árbitro nin xiquera sinalou falta. No transcurso da semana verémos o alcance da lesión. E pouco despóis era Saúl, o que visiblemente coxo, tamén tiña que ser sustituído.

CD Arenteiro: Pachi, Vilachá, Padrón, Arbo, Saúl, Bardelás, Dani Chimpin, Pol, Arce, Dani Vázquez e Carlos de Dios. Tamén xogaron Varandela, Esteban, Alberto e Cristian.

 

11, Setembro 2016

Os verdes xogaron toda a segunda parte con 10 xogadores por expulsión de Maxi ao ver doble cartón amarelo, pero o Arenteiro soubo sufrir ante un dos mellores equipos da categoria, e no minuto 90 chegou o premio co gol que desnivela o marcador ao tranformar Dani Chimpin o penalti cometido sobre Adrián Padrón.

Tres puntos que saben a gloria tal como se desenvolveu o partido, que comezou ben para o Arenteiro que se adiantaba no minuto 15 cun gran gol, de auténtico crack, de Dani Chimpín.

Pero todo se complicou mediada a primeira parte coa lesión de Dafonte, a partir dese momento o Porriño fíxose dono e señor do centro do campo e no minuto 37 empataba o partido.

E aínda se complicou máis a situación para os verdes no inicio da segunda parte, cando resultaba expulsado Maxi por doble amarela. Enfronte, sabíase e malia o seu mal inicio de campionato, estaba un dos mellores equipos da categoria, tocaba sufrir.

E o equipo soubo facélo, con algo de fortuna -que todo hai que decílo- nalgunhos lances ante a portería de Pachi, e aínda tería unha clara ocasión de marcar tras un balón que Arce puxo en bandexa a Dani Chimpin, pero o seu tiro foise alto.

Co tempo xa cumplido chegou o penalti sobre Adrián Padrón. Asumíu a responsabilidade de tiralo Dani Chimpin, e marcou o gol da victoria, segundo tamén na súa conta particular.

CD Arenteiro: Pachi, Maxi, Padrón, Arbo, Saúl, Dafonte (Vilachá m. 33), Bardelás, dani Chimpin, Rubén Arce (Alberto m. 88), Dani Vázquez (Varandela m. 60), e Carlos de Dios (Esteban m. 78).

Na foto, o segundo gol do Arenteiro, de penalti, transformado polo bigoleador da tarde, Dani Chimpín.

4, Setembro 2016

Moita calor, pouco fútbol, errática árbitraxe e bo resultado para o Arenteiro, éste é o resume do visto na segunda xornada da Preferente Galicia no Estadio Antonio González Blanco, no Poligono Industrial de San Cibrao das Viñas.

O mellor do partido, acaso o único reseñable, foi a primeira media hora do Arenteiro, o único equipo que se propuxo xogar ao fútbol, o que se traducíu nun 0-2 no marcador tras os goles de Carlos de Dios (Minuto 17) e Dani Arbo (Minuto,24). A partir de ahí, os verdes relaxaronse, e no único tiro a portería do equipo local, xa no minuto 44 chegou 0 1-2, no lanzamento dunha falta dende 40 metros que sorprendeu por alto a Israel, un chisco fora da portería.

A segunda parte sobrou por ambos bandos, aínda que o Arenteiro ampliaba a ventaxa cunha gran xogada de Estebán pola banda que culminaba Varandela, no minuto 82.

Pero a xogada polémica da tarde aínda se reservaba para o minuto 90. Tras unha clarísima falta sobre o porteiro Israel, que o árbitro non pita, o auxiliar da banda sinala penalti por unha presunta falta de Dani Arbo sobre un dianteiro do Polígono. E asi chega o 2-3 definitivo.

CD Arenteiro: Israel, Maxi, Padrón, Arbo, Vilachá, Cuquejo, Dafonte, Dani Chimpín (Bardelás, m.81), Saúl (Esteban, m. 58), Dani Vázquez (Varandela, m. 57) e Carlos de Dios (Rubén Arce, m. 89).

Na foto, o terceiro fol do Arenteiro.

 

 

2, Setembro 2016

O deportista carballiñés participará na Olimpiada Paralímpica de Rio de Janeiro, a onde viaxa formando parte da delegación española e co patrocinio do Grupo Cer&Ber.

Dende o concello do Carballiño transmiten o seu apoio e desexan o maior dos éxitos ao deportista José Manuel Prado Prado, que viaxa o próximo luns a Río para participar nos Xogos Paralímpicos. Así llo comunicaron os concelleiros de Deportes, José Manuel Dacal, e de Benestar e Sanidade, Marina Ortega, en nome do goberno municipal.

José Manuel Prado competirá na modalidade de boccia, que é un xogo de bolas semellante á petanca, e no que este deportista carballiñés ten acadado numerosos éxitos, entre eles, o campionato de España.

José Manuel Prado xaparticipou na pasada Olimpiada Paralímpica celebrada en Londres haicatro anos, e agora forma parte, xunto con outrosdez deportistas de Galicia, do equipo de España.

Para estes Xogos de Río, o deportista carballiñés estivo entrenando en Barcelona nasinstalacións de alto rendemento, polo que ten moita confianza en acadar un posto relevante.

28, Agosto 2016

Os verdes sairon con gran intensidade dende o inicio e no minuto 16 xa gañaban por 2-0, tras dous goles de Rubén Arce. A primeira media hora do Arenteiro foi primorosa,  anticipandose e presionando ao rival en medio campo, e levando constante perigo sobre a portería do Erizana.

Un balón de Rubén Arce ao poste e un tiro de Dani Chimpín que se foi fora por pouco completaron nesta primeira media hora o recital do Arenteiro, que pudo irse ao descanso cunha ventaxa máis clara no marcador, por exemplo, se o árbitro Alberto Rey sinalase un clarísimo penalti sobre Rubén Arce no minuto 44, pero non quixo pitálo.

Tras o paso por vestiarios, o Arenteiro acusou o esforzo físico, sobre todo no centro do campo, e o equipo de Baiona tratou de aproveitalo, aínda que sería novamente o Arenteiro o que golpearía co 3-0 no minuto 67 por medio de Dani Vázquez.

Os visitantes recortaron diferencias no marcador xa no minuto 79 ao transformar un penalti. A piques de cumplirse o tempo, Iván Portos completou a faena, co 4-1 definitivo.

CD Arenteiro: Isra, Maxi, Adrián Padrón, Arbo, Vllachá, Cuquejo, Dafonte, Dani Chimpin, Rubén Arce, D. Vázquez e Carlos de Dios. Tamén xogaron Adrián Pol, Esteba, Iván Portos e Varandela.

Na fotografía, o segundo gol do Arenteiro, obra de Rubén Arce, de cabeza.

23, Agosto 2016

O Arenteiro comeza a liga 2016/17 na Preferente Galicia, co reto de mellorar a excelente campaña do ano pasado.

Un recén ascendido, o Erizana de Baiona, será este domingo 28 de agosto o rival na primeira xornada de liga, con inicio do partido fixado para as seis da tarde no Estadio de Espiñedo.

Os verdes esperan iniciar con bo pe a competición, ou o que é o mesmo, brindar á afección carballiñesa a primeira victoria da competición oficial, e facer bo o dito "o que ben empeza, ben acaba".

Para este primeiro encontro oficial da tempada, o adestrador Manel Vázquez terá dispoñibles todos os xogadores da plantilla, excepto o dianteiro Vitti, lesionado nun xeonllo, e pendiente do resultado dunha resonancia que determinará o seu alcalce. Con esta única baixa, o técnico terá a súa disposición os outros 20 xogadores que integran a plantilla, incluidos ás novas fichaxes deste ano: Rubén Arce, Carlos de Dios, Adrián Padrón, Saúl, Cuquejo e Varandela.

18, Agosto 2016

Os verdes apuran a súa preparación cara o inicio da liga na Prreferente Galicia, o vindeiro 28 de Agosto ás 6 da tarde no estadio de Espiñedo, ante o Erizana de Baiona.

Antes, o Arenteiro desputará outros dous partidos. O Xoves 18 ás 20:30 horas ante a SD Bande e o sábado 20 ás 18:30 horas ante o Pabellón División de Honra xuvenil. Ambos partidos xogaránse no campo da Uceira.

Atrás vai quedando unha pretempada na que, de momento, os verdes pemanecen imbatidos, tras gañar ao Ribeiro, Maside e Velle, e empatar co CD Barco da terceira división.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes