Deportes
O conxunto carballiñés impúxose aos vigueses do AlertaNavia tras voltear o marcador, xa que os visitantes cobraron ventaxa á media hora de partido. A un minuto para chegar ao descanso, o árbitro sinalou como penalti unha man dentro da área dun xogador vigués, e Martín Pérez empatou para o Arenteiro, nunha xogada que seguramente resultou providencial para o desenlace final do partido. Logo, na reanudación, o mesmo Martín Pérez -no minuto 53- e xa preto do final Pana, marcaron os goles da remontada.
Comezou moi espeso o Arenteiro, con moitas imprecisións atrás e sen conseguir superar aos vigueses no medio do campo, e asi toda a primeira parte. Afortunadamente para os verdes, primeiro o penalti e logo o gol tras o intermedio nivelaron o encontro, pero as acometidas do AlertaNavia seguiron facendo sufrir a retagarda local, ata que Pana a pase de Dani González, acaso na mellor xogada da tarde dos verdes, sentenciou o encontro.
Con esta victoria, o equipo dirixido por Manel Vázquez logra sumar catro partidos imbatido, con tres victorias e un empate, achegandose -con 40 puntos- ao obxetivo da permanencia.
CD Arenteiro: Israel, Marcos Castro, Aitor Martínez, Dafonte, Pana, Victor Gallego, Bardelás, Martín Pérez, Sanginés, Vitti e Alberto. Tamén xogaron Marcos Sotelo, Iván Portos, Dani González e Vilachá.
O Arenteiro abríu o marcardor cun gol de Alberto aos 10 minutos de partido, acaso na mellor xogada dos verdes de toda a tarde, co 0-1 chegouse ao descanso, tras unha primeira parte na que o Arenteiro trataba de propoñer algo de fútbol mentres que os locais dedicabanse a bombear continuamente balóns sobre a área do Arenteiro, creando unha sensación de perigo, maís ficticia que real.
Na segunda parte o partido desenvolviase co mesmo guión, ata que chegou o empate do Monterrei no minuto 58, e logo nun intervalo de apenas 5 minutos outros 3 goles, o que elevou a emoción na grada. Sanginés volveu adiantar ao Arenteiro, pero tralo gol e no mesmo saque de centro volveron empatar os de Monterrei, cun chupinazo dende o centro do campo que se cola por toda a escadra. Martín Pérez fixo o terceiro e definitivo dos verdes.
CD Arenteiro: Israel, Marcos Castro, Maxi, Aitor Martínez, Pana, Dafonte, Bardelás, Victor Gallego, Iván Portos, Vitti e Alberto. Tamén xogaron Sanginés, Martín Pérez, Dani González -que debutou co Arenteiro- e Esteban.
O vixente campión, o CD Arenteiro mediráse na eliminatoria de cuartos de final ao Allariz, que agora mesmo lidera a 1ª Autonómica. O partido de ida en Espiñedo e a volta no Luis Cid "Carriega".
Pola súa parte, o Maside recibirá primeiro no Outeiro Grande á SD Bande, e a volta no campo do equipo da Baixa Limia.
As outras dúas eliminatorias, tralo sorteo celebrado na delegación da Federación Galega de Fútbol, serán Monterrei-Ourense e Polígono-Cortegada.
Os partidos de ida serán o 24 de Marzo, xoves santo, e os de volta o 17 de Maio, día das Letras Galegas.
Reparto de puntos entre Domaio e Arenteiro, ningún dos dous equipos logrou marcar polo que o partido rematou co resultado inicial de 0-0. O árbitro santiagués Miguel A. Castro non quixo ver dous claros, moi claros, penaltis na área local, recoñecidos ata polo público local. No Arenteiro, que afrontaba o partido con numerosas baixas, debutaron as últimas fichaxes, Aitor Martínez e Alberto.
Encontro moi condicionado pola reducida diminsión do ancho do campo, que fai moi difícil o fútbol na líña de creación. O Domaio ten ben aprendida a lección, fútbol directo e "a ver se pillamos algunha", afortunadamente non o fixeron, aínda que por varias veces crearon perigo.
Pouco a pouco, o Arenteiro foi indo a mellor -de menos a máis- no transcurso do partido, e de feito, na segunda parte chegaba con máis facilidade á area local aínda que sen provocar ocasións diáfanas de gol. Magoa os dous penaltis que se tragou o árbitro, que poideron cambear o resultado do partido a favor do Arenteiro, foron moi claros, en ambas ocasións por mans dos defensores locais.
CD Arenteiro: Israel, Marcos Castro, Maxi, Aitor Martínez, Pana, Bardelás, Martín, Sanginés, Vitti, Marcos Sotelo e Alberto (Iván Portos, m. 73).
Chegaba o equipo do Vilalonga a Espiñedo coa vitola de líder intratable da categoria, con tan so un partido perdido no que ía de liga. Pero enfronte estaba a mellor versión do Arenteiro desta tempada, a pesar das numerosas baixas, os verdes realizaron un sensacional partido conseguindo unha desas victorias que dín "de prestixio".
Comezou o partido co equipo do Salnés mostrando as súas credenciais de líder, pero paseniñamente o Arenteiro se foi sacudindo o dominio inicial do Vilalonga para pasar a ser o equipo que levaba o control do partido, a asi chegou ao minuto 25 no que Vitti marcaba o gol que sería o da victoria.
Tralo paso por vestiarios o Arenteiro cedeu ao Vilalonga o dominio de balón, pero éste resultou estéril ante a desesperación visitante. Pudo o Arenteiro sentenciar o partido, ata por tres veces con claras ocasións de gol, pero os dianteiros verdes non estiveron atinados na definición. E menos mal que non houbo que lamentálo, e tampouco que o árbitro se tragase un clamoroso penalti na área do Vilalonga.
En definitiva, soberbia tarde dos verdes, que ante a plaga de lesións acabaron o partido con 3 xuvenís no campo. Aínda que máis difícil o terá o adestrador Manel Vázquez o próximo domingo en Domaio, xa que tampouco poderá contar con Dafonte, que completará ciclo, nin Victor Gallego, que foi expulsado cando xa fora sustituído.
CD Arenteiro: Pachi, Marcos Castro, Maxi, Dafonte, Pana, Victor Gallego, Bardelás, Martín Pérez, Sanginés, Vitti e Marcos Sotelo. Tamén xogaron Esteban, Iván Portos, Enríque e Rivera.
Pronto se puxo de cara o partido para o equipo local que se adiantaba aos 10 minutos de xogo e aínda sen cumplirse a media hora marcaba o Sanxenxo o segundo gol co que se chegaría ao descanso. En ningún momento conseguíu o Arenteiro meterse no partido, mentres un Sanxenxo superior poñía terra por medio no marcador no minuto 70 cun terceiro gol. Martín Pérez, xa co tempo cumplido, maquillou o resultado para os verdes.
CD Arenteiro: Israel, Marcos Castro, Maxi, Victor Gallego, Pana, Marc, Bardelás, Dani Vázquez, Sanginés, Vitti e Marcos Sotelo. Tamèn xogaron Dafonte, Martín Pérez, Gele e Esteban.
Partido para esquecer do Arenteiro, borrón e conta nova, e a pensar no líder Villalonga, que visitará Espiñedo o próximo domingo dende as cinco da tarde.
Victoria importante dos verdes para volverse creer equipo e alonxar fantasmas. O Arenteiro necesitaba gañar xa un partido, e por fin conseguíuno, aínda que fose mellor, bastante mellor, o resultado que o xogo, e enfronte tivera a un floxo rival como resultou ser o Caselas FC, que ademáis tivo que xogar os útlimos minutos da primeira metada e toda a segunda cun xogador menos, que foi expulsado con cartón vermello.
Sanginés fixo o primeiro gol no m. 25 de partido, e un chisco antes do intermedio, no m. 42 Martín Pérez logrou o segundo, ún deses goles chamados sicolóxicos. Co terceiro de Vitti, no m. 61, os de Caselas entregaron definitivamente o partido, ao que xa lle sobrou a última media hora. No m. 87 Pana puxo a guinda do 4-0 cun auténtico golazo.
CD Arenteiro: Israel, Marcos Castro, Maxi, Victor Gallego, Pana, Dafonte, Bardelás, Martín Pérez, Sanginés, Vitti e Dani Vázquez. Tamén xogaron Marcos Sotelo, Gele, Esteban e o xuvenil Rivera, que debutou en Preferente.

O novo adestrador do Arenteiro Manel Vázquez debutou con derrota na visita do Arenteiro ao Novo Campo da Estrada, e eso que os verdes fixeron o máis difícil, adiantarse no marcador no minuto 55 de partido por medio de Martín Pérez, pero en apenas 15 minutos os locais deronlle a volta ao marcador aproveitando as facilidades defensivas do Arenteiro. Despois, o Estradense e malia xogar en inferioridade numérica a última media hora aguantou o resultado.
CD Arenteiro: Pachi, Marcos Castro, Maxi, Dani Arbo, Pana, Dafonte (73 m. Gele), Bardelás (Oli, m. 89), Martín Pérez, Dani Vázquez, Vitti (lesionado, foi reemplazado por Marc no m. 16), e Marcos Sotelo (Esteban, m.77)
Bastante ben o Arenteiro na primeira parte, anticipandose ao rival e levando a inicitativa no xogo, pero os carballiñeses non tiveron continuidade no segundo tempo e propiciaron a remontada do Estradense.
Carballiñeses e ponteareáns repartiron puntos na primeira xornada da segunda volta no municipal de Espiñedo, moi encharcado polas continuas chuvias dos últimos dias, nun partido marcado polo derroche físico, sobre todo dos xogadores do Arenteiro, que volveron levar o peso do partido e mereceron algo máis que un empate. Foi a despedida do Arenteiro do adestrador eventual e preparador físico Diego López, na grada presenciou o partido o novo adestrador verde, Manel Vázquez.
Non deixou de chover durante todo o partido, nunha tarde invernal que levou a Espiñedo menos público do habitual. Do Arenteiro foron as mellores ocasións de gol do partido, pero a falta de definición nos útlimos metros sigue penalizando aos verdes e desta vez, ademáis, a boa actuación do meta visitante Aarón, cun par de intervencións moi meritorias.
Aínda que a Cultural Areas encontrouse coa fortuna da súa parte para adiantarse no marcador, non lle perdeu a cara ao partido o Arenteiro. A recompensa chegou no minuto 42 co empate de Marcos Castro, logo no m. 66 Dani Arbo dáballe a volta ao marcador cun perfecto testarazo tras un lanzamento de Sanginés. Xa na postrimería do partido empataban os de Ponteareas.
A nota máis negativa do encontro foi a lesión na dentadura de Dani Vázquez tras un lance no xogo cun rival.
CD Arenteiro: Pachi, Ocampo, Maxi, dani Arbo, Pana, dafonte, Victor Gallego, Martín Pérez, Marcos Castro, Vitti e Dani Vázquez. Tamén xogaron Sangines, Bardelás, Gele e Esteban.

O técnico ourensano Manel Vázquez será presentado á plantilla este martes dia 12 ás 21 horas no campo da Uceira, e logo dirixirá xa o primeiro adestramento da semana. Co novo adestrador chega tamén o seu equipo de confianza, Julio Nóvoa que exercerá as funcións de 2º adestrador e Gabriel González que será o responsable da preparación física.
O novo adestrador xa vestíu a camiseta do Arenteiro como xogador fai 14 anos, como técnico conta xa con experiencia na Preferente tras o seu paso polo desaparecido Ourense B, último equipo que adestrou na tempada 2013/2014 e co que se proclamou campión da Copa Deputación.
O primeiro partido que dirixirá Manel Vázquez como adestrador do Arenteiro na Preferente Galicia -onde colle ao equipo clasificado na octava posición- será o domingo dia 17, no desplazamento dos verdes ao campo do Estradense.
Pendientes de Espiñedo e do tempo para o partido co Cultural Areas
As previsións de fortes chuvias para esta fin de semana, sobre todo na xornada dominical, ademáis do empeoramento do tempo debido á previsión de fortes ventos, fai perigar a celebración do partido deste domingo ante a Cultural Areas. Haberá que agardar ao estado do terreo de xogo e a evolución das condicións meteorolóxicas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- …
- seguinte ›
- última »