Deportes

Lalin e Arenteiro repartiron puntos no partido xogado no Manuel Anxo Cortizo, un punto que certifica a consecución da permanencia matemática na categoria para ambos equipos, que volverán a vindeira tempada encontrarse na Preferente Autonómica.
CD Arenteiro: Pachi, Carlos, Ocampo, Lois, Pana, Dafonte, Martín Pérez, Manu, Quiroga, Choco e Brais. Tamén xogaron Diego López, Marcos Sotelo, Bardelás e Dani Vázquez.
Goles:
1-0. Minuto 5. Falla a cobertura verde, certo é tamén que o defectuoso bote do balón outorga ventaxa a Dani Méndez, e o mellor xogador esta tarde do Lalín non perdoa.
1-1. Minuto 26. Falta sobre a portería do Lalín que lanza D. Quiroga e Ocampo de sensacional testarazo fai o gol do empate.
O Partido: Aínda que pareza paradóxico, o Arenteiro foi moi superior ao Lalín ata o minuto 43, cando os locais se quedan con 10 xogadores por expulsión de Maceiro. Porque toda a segunda parte foi un querer e non poder, a ansiedade por gañar o partido condenou aos verdes, mentres o Lalín -agazapado atrás- propiciou un infructuoso dominio do Arenteiro, lanzando balóns en largo sobre Dani Méndez, o seu estilete atacante, que a punto estivo no minuto 89 de lograr que os 3 puntos quedasen en Lalín, certo é que antes o Arenteiro tivo un par de ocasións para sentenciar, a máis clara nun balón que recibe Marcos Sotelo libre de marca dentro da área, pero o seu disparo foise moi alto.

Un gol de Manu tras unha gran xogada de Brais e o resultado final foron o mellor do partido para un Arenteiro que non estivo fino neste primeiro encontro de semifinais de Copa Deputación xogado no Estadio de Espiñedo, que igual que no resto da tempada, volveu rexistrar unha moi boa entrada de afeccionados.
CD Arenteiro: Marcos Nieto, Gele, Diego López, Dani Arbo, Pana, Ocampo, Bardelás, Martín Pérez, Sanginés, Dani Vázquez e Victor Gallego. Tamén xogaron Choco, Manu, Lois e Brais.
Goles:
1-0. Minuto 81. Enorme xogada do chantadino Brais pola banda dereita superando aos contrarios que lle saen ao paso, o seu pase ao corazón da área é rematado maxistralmente por Manu.
O Partido: Non foi unha boa tarde para os verdes cun xogo moi interrumpido, pérdidas de balón e imprecisións varias. Asi e todo, o Arenteiro desperdicíu algunhas ocasións para lograr unha ventaxa máis ampla na eliminatoria, xa que aos 6 e 11 m. Sanginés e Martín Pérez dispuxeron de boas oportunidades, igual que a de Victor Gallego no minuto 55, que tras facer o máis dificil fallaba na definición. O Barbadás B, que chegou a Espiñedo reforzado con varios xogadores do equipo da terceira división, pudo tamén marcar no m. 80 por mediación de Isi, pero cando se cantaba o gol apareceu o meta local Marcos Nieto para evitalo, nunha gran intervención.
O Partido de volta xogaráse no campo dos Carrís de Barbadás na derradeira fin de semana deste mes de Maio, unha vez rematada a competición de liga.

Outros 3 puntos que o Arenteiro suma para lograr a permanencia na categoria, tras vencer a un bo equipo como resultou ser a Unión Deportiva Atios de Porriño. Os visitantes neutralizaron o gol co que Arenteiro se adiantou no marcador para chegar ao descanso con co partido empatado, pero unha gran segunda parte dos verdes decidiu con claridade o partido, deixando o 3-1 final no marcador.
CD Arenteiro: Marcos Nieto; Carlos Escudero, Diego López, Dani Arbo, Pana, Ocampo, Martín Pérez, Bardelás, Sanginés, Dani Vázquez e Victor Gallego. Tamén xogaron Manu, Choco, Lois e Gele.
Goles:
1-0. Minuto 14. Magnífico pase entre liñas de Martín Pérez que aprovieta moi ben Dani Vázquez, primeiro para irse da defensa e batir ao porteiro na súa saída cun tiro raso e colocado.
1-1. Minuto 37. Non está fina a defensa do Arenteiro, perimtindo o roubo de balón por parte dos visitantes, unha xogada que culmina Asi para empatar.
2-1. Minuto 60. Xogada de extratexia do Arenteiro que culmina Victor Gallego cunha gran volea que toca coa punta dos dedos o meta do Atios, o balón vai o longueiro e finalmente Sanginés empurra entre os 3 paus.
3-1. Minuto 71. Bonita combinación do Arenteiro, cun centro milimétrico de Sanginés que aproveita Dani Vázquez para dun perfecto testarazo marcar o tercerio.
O Partido: De inicio trepidante por ambos equipos, aínda que foi o Arenteiro o que con máis perigo se aproximou á portería rival, de feito antes de adiantarse no marcador xa tiveran os carballiñeses dúas magníficas ocasións de gol. Aos 4 minutos da segunda parte o Atios quedabase cun xogador menos por expulsión ao ver doble cartón amarelo o dianteiro Rubio. A partir dese momento, o Arenteiro foi claro dominador do partido e mesmo na fase final pudo incluso ampliar a diferencia no marcador, todo esto ante un bo equipo, no que sobresae o seu dianteiro Jorge Fernández, todo un espectáculo para a categoria.

A palista do Club Fluvial Avión conseguíu unha meritoria medalla de plata na copa de España de Piraguismo de mil metros, celebrada no encoro asturiano de Trasona.
Mónica Piñeiro competía coas mellores de España na categoria de veteranas. Outro palista do Club Fluvial Avión, Pedro Andrés, clasificouse en 6ª posición na semifinal da categoria masculina de 35 a 39 anos.

Pode soar a tópico, pero o fútbol ás veces resulta inxusto, e desta vez foino co Arenteiro, que durante 75 minutos do partido foi mellor que o Porriño Industrial. Pero ao final, os locais marcaron nunha das 3 ocasións de gol que tiveron durante todo o partido, o Arenteiro gozou de 7 e non marcou en ningunha. En consecuencia, regreso a O Carballiño cunha derrota.
CD Arenteiro: Marcos Nieto, Gele, Arbo, Lois, Pana, Ocampo, Bardelás, M. Pérez, Sanginés, Choco e Manu. Tamén xogaron V. Gallego, D. Vázquez, Brais e Carlos.
Goles:
1-0. Minuto 64. Falta sobre a portería do Arenteiro que remata Miki, facendo o solitario gol do partido.
O Partido: A falta de definición volveu condenar aos verdes, que tiveron numerosas ocasións para marcar neste partido. Aos 7 minutos, falta que saca M. Pérez sobre Sanginés que a punto está de superar ao meta local cunha volea que se vai fora por moi pouco, apenas 4 minutos máis tarde o propio Sanginés volve gozar dunha situación franca pero desta vez o seu tiro vaise alto. Antes do descanso o Arenteiro volve ter outras dúas inmellorables ocasións para adiantarse no marcador, primeiro nun barullo na área local, co porteiro batido, o balón sae a rentes do pau, e no minuto 44 e tras unha gran xogada do Arenteiro, o centro de Gele non pode aproveitalo Choco, o balón vaise fora cando se cantaba o gol. E na segunda parte máis, as máis claras nas botas de V. Gallego, que salva in extrremis o meta local, un tiro de Gele que se foi o longueiro, e outra máis de M. Pérez, que completamente so cabecea inocentemente ás mans do porteiro. Mentres, o Porriño, superado en 75 minutos de partido polo Arenteiro -so foi superior no primeiro cuarto da segunda parte- tivo dúas ocasións, fixo un gol e gañou 3 puntos que lle sirven para seguir na loita por acadar a promoción de ascenso.
O equipo carballiñés achegase con esta victoria un chisco máis ao obxetivo da permanencia na categoría da Preferente autonómica, sumando xa 47 puntos, a falta de seis xornadas para rematar a competición.
CD Arenteiro: Pachi, Carlos, Dani Arbo, Lois, Pana, Dafonte, Martín Pérez, Bardelás, Sanginés, Choco e Dani Vázquez. Tamén xogaron Manu, Brais e Gele.
Goles:
0-1. Minuto 9. Libre directo que chuta Juncal, raso e centrado, e sen aparente perigo, pero a Pachi escápaselle o balón e Aarón adianta ao equipo visitante.
1-1. Minuto 12. Xogada personal de Dani Vázquez, que sortea a varios contrarios na liña de fondo, e o seu centro rematao Sanginés para empatar.
2-1. Munuto 47. Choco provoca unha falta ao borde da área, o lanzamento é obra de Dani Arbo, que envía un obús que se cola na portería do equipo do Morrazo.
O Partido: Tras un inicio un tanto apático do Arenteiro, o gol dos visitantes fixo espabilar aos verdes que poideron lograr un resultado máis amplo se non fose pola falla de acerto nas numerosas ocasións de gol que xeraron no transcurso do partido, e todo hai que decilo, polas magníficas intervencións do meta do Rápido Bahía, David, que estivo extraordinario. Tamén o perigoso dianteiro visitante Buba dispuxo de dúas ocasións para poder marcar.
O nefasto inicio de partido do Arenteiro, xa perdia 3-0 aos 25 minutos, que serían 4-0 ao descanso, condenou aos verdes á derrota na súa visita a Vigo. O Alertanavia aproveitou a paxara dos carballiñeses durante a primeira parte, e por se fora pouco, dous erros de bulto do colexiado santiagués Vidal Fonseca, para sentenciar o partido.
CD Arenteiro: Pachi, Gele, Lois, Ocampo, Dani Arbo, Dafonte, Martín Pérez, V. Gallego, Choco, Marcos Sotelo e Brais. Tamén xogaron Sanginés, Carlos, Manu e Dani Vázquez.
Goles:
1-0. Minuto 3. Pérdida de balón do Arenteiro no medio campo e os vigueses lanzan un ataque rapidísimo que culmina Victor.
2-0. Minuto 10. Dafonte golpea defectuosamente un balón dentro da área que termina atrapando Pachi, nunca pode haber intención de cesión, que sí interpreta o árbitro. Barciela executa maxistralmente o libre indirecto.
3-0.Minuto 25. Outra xogada na que o árbitro volve ser protagonista. Falta clara sobre Dafonte, que queda tendido no chan no centro do campo, os vigueses continuan o xogo e o Arenteiro, outra vez mal en defensa, facilita o terceiro gol local, obra de Kiko.
4-0. Minuto 39. Outra moi confusa xogada, o axudante de banda levanta a bandeirola sinalando unha falta sobre un dianteiro local, o árbitro -aquí acertou- aplica a lei da ventaxa e Borjita, con algo de fortuna, introduce o balón na portería de Pachi.
4-1. Minuto 66. Falta sobre a meta local que lanza Sanginés e Dani Arbo, peinado cara atrás, fai o gol da honra.
O Partido: Primeira parte "horribilis" do Arenteiro, superado en todas a liñas polo Alertanavia, que independientemente dos favores arbitrais fixeronse merecedores de ir ao descanso co partido resolto. Na segunda parte, os verdes despertaron da sesta - o horario das catro da tarde era bastante propicio- e puderon marcar algún gol máis do conseguido por Dani Arbo, pero non era a tarde do Arenteiro. Para esquecer.

Por segunda tempada consecutiva os verdes xogarán as seminfinais da copa Deputación, desta vez tras vencer a domicilio ao Nogueira de Ramuín, nun partido que se complicou para o Arenteiro no minuto 32 da primeira parte ao quedarse con 10 xogadores no campo pola expulsión de Dafonte, por doble cartón amarelo.
CD Arenteiro: Pachi, Gele, Dani Arbo, Ocampo, Pana, Dafonte, Bardelás, Victor Gallego, Sanginés, Manu e Marcos Sotelo. Tamén xogaron Martín Pérez, Dani Vázquez, Brais e Lois.
Goles:
0-1. Aos corenta segundos de partido, gol olímpico de Marcos Sotelo, coa colaboración do meta local, ao que se lle escapou o balón.
1-1. Minuto 19. Bruno, casi sin ángulo, introduce o balón na portería de Pachi.
1-2. Minuto 75. Golazo de cabeza de Dani Vázquez a pase de Gele.
1-3. Minuto 85. Brais pelexa un balón que despois sirve sobre Bardelás, que marca a placer.
O Partido: Nin xiquera ía un minuto de xogo cando o partido se puxo de cara co gol olímpico de Marcos Sotelo, non obstante nin moito menos foi impedimento para que o Nogueira buscase con fé o gol do empate, que chegaría tamén pronto, no minuto 19. Depois, en apenas catro minuto sucedense dúas xogadas claves, primeiro no m. 28 o árbitro trágase un clarísimo penalti sobre Sanginés, e a renglón seguido, no m. 32 deixa ao Arenteiro con 10 xogadores por doble amararela a Dafonte. Cando pior parecía que se poñia o partido para o Arenteiro foi precisamente un momento de inflexión, xa que a partir dese instante o Arenteiro controlou por completo o partido, máis aínda despois de que ao cuarto da segunda parte tamén se quedase o Nogueira con 10 sobre o campo por explusión de Patas, tras unha moi fea acción sobre Marcos Sotelo. Despois sucederinase as ocasións de gol a favor do Arenteiro, aínda que houbo que esperar ao m. 75 para que marcase Dani Vázquez o segundo da tarde e deixase practicamente sentenciada a eliminatoria, á que o gol de Bardelás puxo a guinda.
Os valdeorreses aproveitaronse dos fallos defensivos dos verdes para levarse de forma inobxetable os tres puntos do Estadio de Espiñedo, que rexistrou un extraordinario ambiente, completandose o aforo do graderío, arredor de mil afeccionados. Os do Barco, lider destacado da categoria, regresaron sabedores de que a terceira división está cada xornada máis preto, mentres que os do Arenteiro, resignados, ao ver como se rompía unha racha de 9 partidos consecutivos sen perder.
C.D. Arenteiro: Marcos Nieto, Gele, D. López (M. Sotelo, m. 61), Escudero, Pana, Dafonte, M.Pérez, Sanginés, Choco (Ocampo, m. 61), Manu (Bardelás, m.70) e V. Gallego (Brais, m.70).
Goles:
0-1. Minuto19. Rodri aproveita un erro da retaguardia do Arenteiro, Marcos Nieto despexa en primeira instancia pero o rexeite vaille a cabeza do dianteiro barquense que adianta ao seu equipo.
0-2.Minuto 23. Segundo fallo defensivo do Arenteiro e outra vez Rodri, como Perico por su casa, entra na área local e fai o segundo.
1-2. Minuto 33. O mellor gol da tarde, centro medido de Sanginés sobre a área e expléndido cabezazo de Manu.
1-3: Minuto 58. Outra vez Rodri, ante a pasividade do porteiro e a defensa do Arenterio.
1-4. Minuto 81. Penalti cometido por Ocampo que transforma Javier Recaman.
O Partido: Os erros de bulto na parte de atrás dos verdes facilitaron a victoria do Barco, que non necesitaron facer un gran partido, para levarse os tres puntos. O Arenteiro logrou meterse no partido co gol de Manu, aínda con moito tempo por diante, pero á volta de vestiarios, os valdeorreses sairon mellor e na segunda parte impuxeron unha superiordiade no terreo de xogo que non foron capaces de lograr nunha primeira parte moi nivelada.

Os verdes realizaron unha primeira parte primorosa na que borraron do campo ao equipo local, deixando o partido visto para sentencia co 0-3 no minuto 38, tras un gol de Manu e dous de Sanginés. Con esta victoria en Mondariz, o Arenteiro encadena nove partidos consecutivos sen perder e achegase ao obxetivo da permanencia, con 44 puntos.
CD Arenteiro: Marcos Nieto, Gele, Carlos Escudero, Lois, Pana, Dafonte, Martín, Manu, Sanginés, Choco e Brais. Tamén xogaron Bardelás, Victor Gallego, Ocampo e Dani Vázquez.
Goles:
1-0. Minuto 16. Balón a media altura ao vértice da área grande, e tal como ven Manu conecta un tiro perfecto á escadra da portería local. Golazo.
0-2. Minuto 35. Magnífica combinación da dianteira verde que culmina Sanginés, escorado e con moi pouco ángulo, para axustar o balón ao segundo pau. Golazo
0-3. Minuto 38. Outra vez Sanginés, vaise por velocidade de dous defensores e bate ao porteiro local na súa saída colándolle o balón dun tiro raso e axustado. Golazo.
O Partido: De total superioridade do Arenteiro desde o inicio ata o final. Xa no minuto 3 o porteiro local nunha magnífica intervención evitou o que pudo ser o primeiro gol da tarde, pero nada pudo facer despois ante o enorme tiro á escadra de Manu e as dúas perfectas definicións de Sanginés que sentenciaron o encontro antes do descanso. Na segunda parte, os locais intentaron meterse no partido, pero sen acerto. Xa no último cuarto, un cabezazo ao traveseiro de Choco e un gol anulado ao Arenteiro, non se sabe moi ben o motivo, puderon siñificar un marcador aínda máis amplo a favor dos verdes.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- …
- seguinte ›
- última »