Deportes

O Portonovo, oito victorias en oito partidos, é máis líder despois do seu paso por Espiñedo, que volveu presentar unha magnífica entrada nun partido de preferente, con máis de 600 afeccionados nas gradas. O Arenteiro foi desta vez víctima dos seus erros defensivos, dos que se aproveitou un Portonovo que encaixou en Espiñedo 2 goles, tantos como nos sete partidos anteriores. Pero marcou catro ao seu favor, os catro obra do seu goleador Hugo Soto, tres deles en fallos defensivos dos verdes.
C.D. Arenteiro: Marcos Nieto, Ocampo (Escudero, m.79), Lois ( Expulsado por doble amarela no m. 85), Pana, Dani Arbo, Dafonte, Sanginés, Victor Gallego, Dani Vázquez (Gele, m. 64), Manu (Alex Santiago, m. 71) e D. Quiroga (Bardelás, m. 64).
Goles:
0-1. Minuto 10. Perde o balón o Arenteiro no seu campo, Nacho habilita para Hugo Soto, e éste en perfecta vaselina adianta ao Portonovo.
0-2.Minuto 16. Novo despiste defensivo dos verdes, Gándara envia un balón sobre a portería carballiñesa e Hugo Soto so ten que empurrar.
1-2.Minuto 59. Córner que saca D. Quiroga e Ocampo de cabeza recurta distancias.
1-3. Minuto 62. Outro regalo para o Portonovo, desta vez o meta Marcos Nieto mide mal o bote do balón na súa saída e Hugo Soto marca a placer.
2-3.Minuto 69. Gele remata na área pequena un gran centro de Sanginés.
2-4.Minuto 88. Outra vez Hugo Soto, agora de falta directa, colando o balón por toda a escadra.
O Partido: O esforzo e actitude dos xogadores verdes non tiveron recompensa por culpa dos desacertos en defensa, que soubo aproveitar moi ben o Portonovo, un equipo con moito oficio, para levarse os tres puntos de Espiñedo. Aínda xogando co marcador en contra dende o minuto 10, en ningún momento o Arenteiro lle perdeu a cara o partido, e so os fallos en defensa condicionaron o resultado final.

A viguesa Elena Casal condicionou o partido, e moi probablemente tamén o resultado, cunha arbitraxe que perxudicou gravemente ao Arenteiro. Cargou de tarxetas aos carballiñeses, deixou sen motivo ao Arenteiro con 10 xogadores no campo dende o minuto 53 por doble amarela a M. Sotelo , pitou a favor dos locais un inexistente penalti, e o máis grave, no minuto 93 non quixo sinalar un penalti de libro na área do Cétiga, tan clamoroso que nin os afeccionados locais daban crédito. Nefasta arbitraxe a que sufríu o Arenteiro na Illa de Arousa. Tamén foron expulsados o adestrador e delegado do Arenteiro.
C.D. Arenteiro: Marcos Nieto, Lois (Ocampo, m. 72), D. López, Dani Arbo, Pana, Dafonte, Victor Gallego, Sanginés ( Gele. m. 76), Dani Vázquez (Quiroga, m. 69), Manu (Bardelás, m.75) e Marcos Sotelo.
Goles:
1-0. Minuto 18. Penalti a fovor do Céltiga que tranforma Janeiro.
1-0. Minuto 26. Golazo de Marcos Sotelo cun zurdazo dende o borde da área que se cola por toda a escadra.
1-2. Minuto 29. Falta dende a banda dereita que lanza Sanginés e Dani Arbo toca o xusto para facer inútil a estirada do porteiro local.
2-2. Minuto 59. Janeiro aproveita un barullo na área do Arenteiro e fai o empate.
O Partido: Absolutamente condicionado pola actuación arbitral, asi e todo, o Arenteiro pudo sentenciar o partido ao seu favor por dúas veces, ambas por medio de Dani Arbo, con dous magníficos remates de cabeza que sairon fora por moi pouco. O Arenteiro foi mellor que o seu rival, sobre todo ata a expulsión de M. Sotelo, e fixo méritos suficientes para regresar a O Carballiño cun mellor resultado.
Clasificación Xornada 7ª
Portonovo | 21 | 7 | 7 | 0 | 0 | 17 | 2 | 4 | 4 | 0 | 0 | 10 | 1 | 3 | 3 | 0 | 0 | 7 | 1 |
Lalín | 15 | 7 | 5 | 0 | 2 | 13 | 8 | 3 | 2 | 0 | 1 | 8 | 5 | 4 | 3 | 0 | 1 | 5 | 3 |
Valladares | 14 | 7 | 4 | 2 | 1 | 10 | 6 | 3 | 2 | 1 | 0 | 4 | 2 | 4 | 2 | 1 | 1 | 6 | 4 |
Gondomar | 13 | 7 | 4 | 1 | 2 | 16 | 11 | 4 | 2 | 1 | 1 | 8 | 6 | 3 | 2 | 0 | 1 | 8 | 5 |
Celtiga | 12 | 7 | 3 | 3 | 1 | 10 | 6 | 4 | 2 | 1 | 1 | 9 | 6 | 3 | 1 | 2 | 0 | 1 | 0 |
Verín | 12 | 7 | 3 | 3 | 1 | 8 | 4 | 3 | 1 | 2 | 0 | 2 | 1 | 4 | 2 | 1 | 1 | 6 | 3 |
Barco | 11 | 7 | 3 | 2 | 2 | 10 | 11 | 4 | 1 | 1 | 2 | 5 | 8 | 3 | 2 | 1 | 0 | 5 | 3 |
Estradense | 10 | 7 | 2 | 4 | 1 | 9 | 7 | 3 | 0 | 2 | 1 | 2 | 4 | 4 | 2 | 2 | 0 | 7 | 3 |
Arenteiro | 10 | 7 | 3 | 1 | 3 | 12 | 12 | 3 | 2 | 0 | 1 | 6 | 5 | 4 | 1 | 1 | 2 | 6 | 7 |
Villalonga | 9 | 7 | 2 | 3 | 2 | 10 | 10 | 4 | 2 | 1 | 1 | 6 | 5 | 3 | 0 | 2 | 1 | 4 | 5 |
Atios | 9 | 7 | 2 | 3 | 2 | 8 | 8 | 4 | 1 | 1 | 2 | 5 | 6 | 3 | 1 | 2 | 0 | 3 | 2 |
Marcón Atlético | 9 | 7 | 2 | 3 | 2 | 12 | 13 | 3 | 0 | 2 | 1 | 3 | 4 | 4 | 2 | 1 | 1 | 9 | 9 |
Pontellas | 9 | 7 | 3 | 0 | 4 | 11 | 14 | 3 | 1 | 0 | 2 | 5 | 5 | 4 | 2 | 0 | 2 | 6 | 9 |
Porriño Industrial | 8 | 7 | 2 | 2 | 3 | 10 | 10 | 4 | 1 | 1 | 2 | 7 | 7 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 3 |
Mondariz | 6 | 7 | 1 | 3 | 3 | 7 | 9 | 4 | 0 | 1 | 3 | 2 | 5 | 3 | 1 | 2 | 0 | 5 | 4 |
Alerta Traviesas | 6 | 7 | 1 | 3 | 3 | 11 | 17 | 4 | 1 | 2 | 1 | 6 | 6 | 3 | 0 | 1 | 2 | 5 | 11 |
Nogueira Ramuin | 6 | 7 | 2 | 0 | 5 | 6 | 13 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 5 | 4 | 1 | 0 | 3 | 2 | 8 |
Rápido Bahía | 5 | 7 | 1 | 2 | 4 | 4 | 10 | 4 | 1 | 1 | 2 | 4 | 7 | 3 | 0 | 1 | 2 | 0 | 3 |
Erizana | 4 | 7 | 1 | 1 | 5 | 12 | 17 | 3 | 0 | 1 | 2 | 4 | 8 | 4 | 1 | 0 | 3 | 8 | 9 |
Pontevedra B | 3 | 7 | 1 | 0 | 6 | 9 | 17 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 5 | 4 | 0 | 0 | 4 | 5 | 12 |

Noutro partido máis demostrase que ata o rabo todo é touro. Do 2-0 do Arenteiro sobre o Pontellas no minuto 90, pasamos ao 3-1 final no marcador, con dous goles no tempo de desconto, un para cada equipo. Segunda victoria consecutiva dos verdes en Espiñedo na preferente autonómica.
C.D. Arenteiro: Marcos Nieto, Carlos Escudero (Gele, m. 57), Diego López, Lois, Pana, Dafonte, Sanginés (Cote, m. 73), Victor Gallego, Dani Vázquez, Bardelás (Manu, m. 70) e Marcos Sotelo (Alex Santiago, m.81).
Goles:
1-0. Minuto 29. Dani Vázquez, libre de marca, cabecea a placer tras recibir o balón rexeitado dun defensa do Pontellas.
2-0. Minuto 45. Sanginés envia un centro ao que non acerta a rematar Dani Vázquez, pero sí Marcos Sotelo que chega coa caña preparada para marcar o segundo da tarde para o Arenteiro.
2-1. Minuto 91. José reduce distancias aproveitando a confianza da retagarda local.
3-1. Minuto 93. Gran xogada personal de Pana que pon un balón de ouro a Victor Gallego, que finiquita o encontro.
O Partido: Comezou mellor para o Pontellas que aos 6 minutos pudo adiantarse no marcador ao cometer a defensa verde un absurdo penalti, pero a pena máxima era neutralizada nunha magnífica intervención polo meta local Marcos Nieto enviando o balón a córner. Non se desconpuxo o cadro visitante, mentres o Arenteiro xogaba bastante precipitado. Asi ata o primeiro gol local, que cambeou o ritmo do partido ata o intermedio. Trala reanudación, o Pontellas tratou de achegarse á área local, aínda que sen lograr levar perigo real. Xa na recta final do partido, o Arenteiro pudo sentenciar en dúas accións de Dani Vázquez e Manu, encontrandose con sendas boas intervenciós do porteiro do Pontellas, Israel. Cando o tempo estaba cumplido chegarían os outros dous goles, un para cada equipo, e tres puntos que suman os verdes no seu casilleiro.

Igual que o domingo anterior en Valadares, tamén en Gondomar, o Arenteiro volvía perder o partido co tempo cumplido. Coas táboas no marcador, Quiroga enviou un balón ao longueiro. Antes, o Gondomar marcara de penalti e empatara Dani Arbo para o Arenteiro, que volveu sufrir a arbitraxe escandalosamente caseira do árbitro pontevedrés José Piñeiro, que expulsou con vermella directa a Canexón- no banquiño- e Dani Arbo.
CD Arenteiro: Marcos Nieto, Ocampo, Diego López, Dani Arbo, Pana, Dafonte, Victor Gallego, Bardelás, Sanginés, Dani Vázquez e Marcos Sotelo. Tamén xogaron Alex Santiago, Gele e Quiroga.
Goles:
1-0. Minuto 62. Suposto penalti na área local que transforma en gol Alex Rei.
1-1. Minuto 72. Libre directo sobre a portería local, Dani Arbo cun tiro raso e potente logra o empate.
2-1. Minuto 92. Tras unha boa intervención de Marcos Nieto, que rexeita en primeira instancia, o balón chega a Dani Hermida que axusta o segundo pau e marca o gol da victoria para o Gondomar.
O Partido: Con dúas partes ben diferenciadas, unha primeira de claro cor verde, o Arenteiro xogou máis e mellor que o seu rival, pero non logrou adiantarse no marcador. Na segunda parte, o Gondomar foi impoñendo o seu xogo, aínda que sen crear perigo ante a portería carballiñesa. Pola contra, o Arenteiro, unha vez que logrou o empate, pudo adiantarse por dúas veces, primeiro nun man a man co porteiro de M. Sotelo, que resolveu ben o cancerbeiro local, e despois cun cabezazo de Quiroga que petou no longueiro e foise fora. Á marxe do infortunio, e dalgúns detalles negativos -como a expulsión de Arbo-, a cara positiva é a dun equipo que polo visto esta tarde en Gondomar sigue indo a máis.

Un gol no tempo de desconto derrotou ao Arenteiro inmerecidamente, xa que os carballiñeses -antes o meta local rexeitara un penalti lanzado por Ocampo-xogaron acaso o partido máis serio do que vai de campionato no campo da Gándara de Valadares, que rexistrou unha boa entrada con seguidores verdes na grada. Tamén presenciou o partido o alcalde de Vigo, Abel Caballero.
CD Arenteiro: Marcos Nieto, Ocampo (Cote, m.68), Diego López, Lois, pana, Dafonte, Victor Gallego, Gele (Sanginés, m.68), Dani Vázquez, Bardelás ( Alex Santiago, m.80) e Marcos Sotelo (Canexón, m.80).
Goles:
1-0. Minuto 37. O goleador local Oscar Pérez controlaba na área e con gran calidade envia o balón ao fondo da portería carballiñesa. Golazo.
1-1. Minuto 89. Zurdazo de Pana que se cola por toda a escadra. Golazo.
2-1. Minuto 94. Libre directo maxistralmente executado por Cacho. Golazo.
O Partido: Comezou moi ben asentado no terreo de xogo o Arenteiro que no primeiro cuarto, por medio de Dani Vázquez e Marcos Sotelo, avisaba que viña a dar a cara ante un dos equipos potentes da categoria. Os locais, que foron nivelando o partido, tan so creaban perigo a balón parado, atá que no tramo final da primeira parte remataron acosando a portería carballiñesa, pero encontraronse coas boas intervecións de Marcos Nieto. Na reanudación, aos 58 minutos, o colexiado trágase un penalti de libro sobre Marcos Sotelo, despois pitaba outro -tamén claro- por mans dun defensor local, pero o meta local adivina a traxectoria e rexeita o balón lanzado por Ocampo. O gol de Pana parecía que ía facer xustiza, pero non foi asi e os verdes caían cun gol no tempo de desconto. Sen dúbida, o mellor partido do Arenteiro no que vai de liga.

Os verdes consiguen sumar a segunda victoria consecutiva no campionato de liga da preferente. Curiosamente, o Arenteiro impuxose ao rival tras quedarse con 10 xogadores no terreo de xogo pola expulsión de Dani Arbo, aos 10 minutos da segunda parte, tras unha polémica xogada na que o defensor local viu a segunda tarxeta amarela.
CD. Arenteiro: Pachi, Lois (Cote, m.83), Diego López, Dani Arbo, Pana, Ocampo, Gele (Sanginés, m. 68), Victor Gallego, Dani Vázquez, Bardelás ( Dafonte, m.73) e Marcos Sotelo ( Canexón, m. 81).
Goles:
1-0. Minuto 38. Á saída dun córner Dani Arbo, de cabeza, adianta ao Arenteiro.
1-1. Minuto 39. Espectácular gol de Xurxo para o Pontevedra B, no saque de centro tras o gol do Arenteiro, lanza un chupinazo dende o círculo central, o balón colle adiantado a Pachi e cólase por toda a escadra.
2-1. Minuto 78. Dafonte engancha un balón no balcón da área grande e magnífico de definición, cun tiro raso bate a portería pontevedra.
3-1.Minuto 89. A sentencia a cargo de Dani Vázquez tras un pase preciso de Canexón.
O Partido: O Arenteiro xogou os mellores minutos do partido cando xa estaba con 10 xogadores tras a expulsión de Arbo, sobre todo nos últimos 20 minutos cando a entrada no campo de Dafonte, Sanginés e Canexón deu frescura ao equipo, que incluso dispuxo de boas ocasións por medio tanto de Canexón como de Sanginés para ampliar o resultado . Certo é que antes, aínda co empate, o Pontevedra B malogrou a súa ocasión, na que pudo darlle a volta ao marcador ao seu favor.

Os verdes colleitaron no campo da Tella de Luintra os 3 primeiros puntos da tempada en preferente, facendo bo o inicio de partido, xa que aos 16 minutos o Arenteiro gañaba 0-2.
CD Arenteiro: Pachi, Lois, Diego López, Dani Arbo, Pana ( Cote, m. 70 ), Ocampo, Victor Gallego, Sanginés ( Gele, m. 68 ), Bardelás ( Dafonte, m. 76 ), Dani Vázquez e Marcos Sotelo ( Quiroga, m. 69 ).
Goles:
0-1: Minuto 4. Dani Vázquez aproveita unha indecisión da defensa local para mandar o balón de tiro raso e colocado ao fondo da portería.
0-2. Minuto 16. Falta por agarrón a Sanginés a altura do pico da área grande, o libre directo é executado por Dani Arbo que sorprende ao meta local cun forte chut.
1-2. Minuto 77. A saída dun córner, Omar recolle un balón que remata no medio dunha maraña de pernas e bate a Pachi.
O Partido: Moi pronto púxose de cara o marcador para o Arenteiro, que tras o segundo gol cedeu terreo ao Nogueira. Non obstante, o Nogueira apenas era capaz de crear algún tipo de perigo ata que aos 5 minutos da segunda parte o árbitro regala un penalti aos locais, o lanzamento é repelido polo longueiro, os de Nogueira non se rinden e siguen buscando a portería de Pachi, aínda que con máis corazón que acerto. So despois do gol, conseguiron meterse no partido. O Arenteiro, co 0-2 e sobre todo despois de quedar o Nogueira cun xogador menos por expulsión de Carra debeu facer algo máis do que fixo para non pasar pola incertidume dos minutos finais.

Tarde de moita calor e inicio da tempada en preferente con severa derrota ante o Erizana , que seguramente non necesitaba dos favores arbitrais para levarse os tres puntos de Espiñedo, xa que os de Baiona foron mellor equipo e xusto vencedor.
C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Dani Arbo, Pana, Ocmapo, Victor Gallego, Bardelás, Sanginés, Dani Vázquez e Brais. Tamén xogaron Lois, Alex Santiago, M. Sotelo e Quiroga.
Goles:
0-1. Minuto 31.Gol de Besteiro, que descaradamente controla o balón coa man, nin o árbitro nin o linier queixeron velo.
0-2. Minuto 64. A saída dun corner, Manu Núñez, aproveita a floxeira defensiva do Arenteiro para marcar o segundo, eso sí, o árbritro tampouco ve que toca o balón coa man.
0-3. Minuto 78. A defensa verde volve outorgar todo tipo de facilidades para que Copa se vaia en solitario faga o terceiro da tarde.
O Partido: Aínda que acaso o marcador é algo esaxerado, o equipo de Baiona mereceu gañar o partido, porque estivo moito mellor posicionado no terreo de xogo e porque soubo definir as súas ocasións, independientemente da axuda arbitral. O Arenteiro estivo mal en todas a liñas, desubicado no campo, e con poucas opcións de meterse no partido, salvo un remate de cabeza de Ocampo ao longueiro, xa co 0-2 no marcador.
Os verdes apuran a preparación ante o inminente inicio da liga, este domingo 31 de Agosto no Estadio de Espiñedo ante outro dos recén ascendidos, o Erizana CF de Baiona.
O partido que alza o telón da competición da preferente autonómica xogaráse a partir das 6 da tarde.
CD Arenteiro 0 Barbadás B 2
Ante o finial do Barbadás os carballiñeses xogaron o peor partido da pretempada. O adestrador local dispuxo dous equipos, ún en cada parte, os dous foron superados polo equipo rival, que marcou un gol en cada periodo.
Ante o Pabellón da división de honra xuvenil, o Arenteiro empatou a dous goles nun partido xogado no campo dos Remedios de Ourense.
Bastante ben o Arenteiro na primeira parte, chegando ao descanso con 0-2, con dous goles de Brais. Mal na segunda parte, tras os cámbeos, o Arenteiro perdeu o control do xogo e acabou cedendo un empate nos últimos minutos do partido.
SD Chantada 1 CD Arenteiro 1
Partido xogado no campo do Sangoñedo ante o equipo locatario, a SD Chantada da preferente norte.
Curiosamente, foi o chantadino Brais quen inaugurou o marcador para o Arenteiro, ao aproveitar un centro de Sanginés dende a banda dereita.
Tralo descanso, o árbitro premiou aos locais cun inexistente penalti na área carballiñesa, transformado en gol polo equipo local. Ata o final o marcador xa non se moveu.
CD Arenteiro 2 Verín CF 2
Ante os verinenses empate a un gol ao descanso, e ao final de partido a dous tantos. Dani Vázquez e Oli, éste último de penalti, marcaron os goles carballiñeses nun partido no que Miki López utilizou a totalidade de xogadores dispoñibles.
Dani Arbo, Alex Santiago, Quiroga e Manu -lesionados- foron os ausentes neste encontro. Dafonte sigue con progresión na súa recuperación. Ante os verinenses, tamén resultou lesionado Bardelás.
CD Arenteiro 4 Maside F.C. 0
Ante os masidaos marcaron os goles Dani Vázquez, Sanginés, Brais e Pana.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- …
- seguinte ›
- última »