Deportes

14, Setembro 2014

Os verdes consiguen sumar a segunda victoria consecutiva no campionato de liga da preferente. Curiosamente, o Arenteiro impuxose ao rival tras quedarse con 10 xogadores no terreo de xogo pola expulsión de Dani Arbo, aos 10 minutos da segunda parte, tras unha polémica xogada na que o defensor local viu a segunda tarxeta amarela.

CD. Arenteiro: Pachi, Lois (Cote, m.83), Diego López, Dani Arbo, Pana, Ocampo, Gele (Sanginés, m. 68), Victor Gallego, Dani Vázquez, Bardelás ( Dafonte, m.73) e Marcos Sotelo ( Canexón, m. 81).

Goles:

1-0. Minuto 38. Á saída dun córner Dani Arbo, de cabeza, adianta ao Arenteiro.

1-1. Minuto 39. Espectácular gol de Xurxo para o Pontevedra B, no saque de centro tras o gol do Arenteiro, lanza un chupinazo dende o círculo central, o balón colle adiantado a Pachi e cólase por toda a escadra.

2-1. Minuto 78. Dafonte engancha un balón no balcón da área grande e magnífico de definición, cun tiro raso bate a portería pontevedra.

3-1.Minuto 89. A sentencia a cargo de Dani Vázquez tras un pase preciso de Canexón.

O Partido: O Arenteiro xogou os mellores minutos do partido cando xa estaba con 10 xogadores tras a expulsión de Arbo, sobre todo nos últimos 20 minutos cando a entrada no campo de Dafonte, Sanginés e Canexón deu frescura ao equipo, que incluso dispuxo de boas ocasións por medio tanto de Canexón como de Sanginés para ampliar o resultado . Certo é que antes, aínda co empate, o Pontevedra B malogrou a súa ocasión, na que pudo darlle a volta ao marcador ao seu favor.

 

 

6, Setembro 2014

Os verdes colleitaron no campo da Tella de Luintra os 3 primeiros puntos da tempada en preferente, facendo bo o inicio de partido, xa que aos 16 minutos o Arenteiro gañaba 0-2.

CD Arenteiro: Pachi, Lois, Diego López, Dani Arbo, Pana ( Cote, m. 70 ), Ocampo, Victor Gallego, Sanginés ( Gele, m. 68 ), Bardelás ( Dafonte, m. 76 ), Dani Vázquez e Marcos Sotelo ( Quiroga, m. 69 ).

Goles:

0-1: Minuto 4. Dani Vázquez aproveita unha indecisión da defensa local para mandar o balón de tiro raso e colocado ao fondo da portería.

0-2. Minuto 16. Falta por agarrón a Sanginés a altura do pico da área grande, o libre directo é executado por Dani Arbo que sorprende ao meta local cun forte chut.

1-2. Minuto 77. A saída dun córner, Omar recolle un balón que remata no medio dunha maraña de pernas e bate a Pachi.

O Partido: Moi pronto púxose de cara o marcador para o Arenteiro, que tras o segundo gol cedeu terreo ao Nogueira. Non obstante, o Nogueira apenas era capaz de crear algún tipo de perigo ata que aos 5 minutos da segunda parte o árbitro regala un penalti aos locais, o lanzamento é repelido polo longueiro,  os de Nogueira non se rinden e siguen buscando a portería de Pachi, aínda que con máis corazón que acerto. So despois do gol, conseguiron meterse no partido. O Arenteiro, co 0-2 e sobre todo despois de quedar o Nogueira cun xogador menos por expulsión de Carra debeu facer algo máis do que fixo para non pasar pola incertidume dos minutos finais.

31, Agosto 2014

Tarde de moita calor e inicio da tempada en preferente con severa derrota ante o Erizana , que seguramente non necesitaba dos favores arbitrais para levarse os tres puntos de Espiñedo, xa que os de Baiona foron mellor equipo e xusto vencedor.

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Dani Arbo, Pana, Ocmapo, Victor Gallego, Bardelás, Sanginés, Dani Vázquez e Brais. Tamén xogaron Lois, Alex Santiago, M. Sotelo e Quiroga.

Goles

0-1.  Minuto 31.Gol de Besteiro, que descaradamente controla o balón coa man, nin o árbitro nin o linier queixeron velo.

0-2. Minuto 64. A saída dun corner, Manu Núñez, aproveita a floxeira defensiva do Arenteiro para marcar o segundo, eso sí, o árbritro tampouco ve que toca o balón coa man.

0-3. Minuto 78. A defensa verde volve outorgar todo tipo de facilidades para que Copa se vaia en solitario faga o terceiro da tarde.

O Partido: Aínda que acaso o marcador é algo esaxerado, o equipo de Baiona mereceu gañar o partido, porque estivo moito mellor posicionado no terreo de xogo e porque soubo definir as súas ocasións, independientemente da axuda arbitral. O Arenteiro estivo mal en todas a liñas, desubicado no campo, e con poucas opcións de meterse no partido, salvo un remate de cabeza de Ocampo ao longueiro, xa co 0-2 no marcador. 

26, Agosto 2014

Os verdes apuran a preparación ante o inminente inicio da liga, este domingo 31 de Agosto no Estadio de Espiñedo ante outro dos recén ascendidos, o Erizana CF de Baiona.

O partido que alza o telón da competición da preferente autonómica xogaráse a partir das 6 da tarde.

CD Arenteiro 0 Barbadás B 2

Ante o finial do Barbadás os carballiñeses xogaron o peor partido da pretempada. O adestrador local dispuxo dous equipos, ún en cada parte, os dous foron superados polo equipo rival, que marcou un gol en cada periodo.

15, Agosto 2014

Ante o Pabellón da división de honra xuvenil, o Arenteiro empatou a dous goles nun partido xogado no campo dos Remedios de Ourense.

Bastante ben o Arenteiro na primeira parte, chegando ao  descanso con 0-2, con dous goles de Brais. Mal na segunda parte, tras os cámbeos, o Arenteiro perdeu o control do xogo e acabou cedendo un empate nos últimos minutos do partido.

SD Chantada 1 CD Arenteiro 1

Partido xogado no campo do Sangoñedo ante o equipo locatario, a SD Chantada da preferente norte. 

Curiosamente, foi o chantadino Brais quen inaugurou o marcador para o Arenteiro, ao aproveitar un centro de Sanginés dende a banda dereita.

Tralo descanso, o árbitro premiou aos locais cun inexistente penalti na área carballiñesa, transformado en gol polo equipo local. Ata o final o marcador xa non se moveu.

CD Arenteiro 2 Verín CF 2

Ante os verinenses empate a un gol ao descanso, e ao final de partido a dous tantos. Dani Vázquez e Oli, éste último de penalti, marcaron os goles carballiñeses nun partido no que Miki López utilizou a totalidade de xogadores dispoñibles.

Dani Arbo, Alex Santiago, Quiroga e Manu -lesionados- foron os ausentes neste encontro. Dafonte sigue con progresión na súa recuperación. Ante os verinenses, tamén resultou lesionado Bardelás.

CD Arenteiro 4  Maside F.C. 0

Ante os masidaos marcaron os goles Dani Vázquez, Sanginés, Brais e Pana.

8, Agosto 2014

Marcaron os goles do Arenteiro Dani Vázquez, Sanginés e Marcos Sotelo, e un defensor lalinense en propia meta. 

Moi boa imaxe dada polo equipo verde ante un Lalín co que volverá enfrontarse en competición oficial na liga de preferente. Miki López utilizou aos 19 futbolistas dispoñibles para este partido, que estiveron -todos sen excepción- a un gran nivel.

O próximo test de pretempada será no Estadio de Espiñedo o xoves dia 14 de Agosto ás 21 horas fronte o Verín CF.

Dani Arbo completa o capítulo de fichaxes

O defensa Dani Arbo incorpouse ao equipo na convocatoria de Lalín, aínda que non dispuxo de minutos no terreo de xogo. O xogador militou na última tempada no Poligono San Cibrao, antes xa o fixera en preferente co Ponte Ourense, e en terceira co Verín e no fútbol asturiano. Ten 27 anos.

6, Agosto 2014

O equipo de Baiona, o Erizana C.F., outro dos recén ascendidos, será o primeiro rival do Arenteiro no inicio da liga 2014/2015 en Preferente, no Estadio de Espiñedo o domingo 31 de Agosto.

Na segunda xornada, a primeira saída será a Nogueira de Ramuín, o domingo 7 de Setembro.  O  Pontevedra B será o visitante en Espiñedo o domingo dia 14 de Setembro,

Despois, nas xornadas cuarta e quinta, o Arenteiro terá dous desplazamentos consecutivos para xogar en Valadares e Gondomar, os dias 21 e 28 de Setembro, respectivamente.

28, Xullo 2014

O xogador militou varias tempadas co CD. Ourense, tanto en 3ª División como en Segunda B. Esta vindeira tempada xogará co CD Arenteiro na preferente autonómica.

Tras escoitar varias ofertas -algunha de superior categoria- o extremo ourensano decidiuse finalmente por incorporarse ao proxecto do Club Deportivo Arenteiro.

Ademáis, o club negocia as fichaxes dun defensa e un centrocampista, para cerrar definitivamente a plantilla para o regreso do equipo á preferente.

23, Xullo 2014

A plantilla de CD Arenteiro comezará os adestramentos o 29 de Xullo, e o dia seguinte, o mércores 30 de Xullo xa desputará o primeiro partido da pretempada ante a U.D. Barbadás, o equipo da 3ª división. Xogaráse dende as 20:45 horas no campo da Uceira, ante a imposibilidade de facélo nun Espiñedo no que se está traballando na mellora do terreo de xogo.

Xa no mes de agosto -o dia 7- o equipo desplazaráse atá Lalín, onde xogará -20,45 horas- no Cortizo cun equipo co que volverá este ano o Arenteiro coincidir en competición oficial, na preferente sur.

O xoves 14, víspera de festivo, o Arenteiro recibirá ao Verín C.F. no Estadio de Espiñedo nun partido que se iniciará ás 21 horas.

O martes 19 de agosto xogará o Arenteiro no campo do Sangoñedo coa S.D. Chantada, equipo da preferente norte. Para o xoves 21 está programado outro partido no Miguel Ángel de Ourense co Pabellón da División de Honra Xuvenil. O domingo 31 será o primeiro partido de liga, aínda pendientes do calendario.

22, Xullo 2014

O Comité de Competición da Federación Galega de Fútbol emitíu unha resolución na que outorga ao club carballiñés a praza que quedara vacante na preferente tras a renuncia de C.D. Ourense B.

Asi pois, Club Deportivo Arenteiro xogará na vindeira tempada 2014-2015 no grupo sur da preferente autonómica. O Comité de Competición da Federación Galega de Fútbol concede a praza ao Arenteiro "por mellor dereito deportivo".

Preme no arquivo adxunto para ver a resolución do Comité de Competición:

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes