Deportes
Esta vindeira semana será decisiva para coñecer o futuro deportivo inmediato de Club Deportivo Arenteiro que, xunto o Domaio C.F. de Moaña, están a espera de saber se finalmente van ocupar ou non a vacante que deixou o Ourense B na Preferente Autonómica.
O Domaio, que foi cuarto clasificado no grupo pontevedrés da 1ª autonómica acadou 64 anos na última liga, mentres que o Arenteiro clasificouse terceiro no grupo ourensano, no que acadou 74 puntos. Os dereitos deportivos parecen estar claramente a favor do Arenteiro, pero ante as presións que están exercendo dende as Rias Baixas tampouco se descarta que a Federación deixe o grupo con 19 equipos para a tempada 2014/2015.
O club carballiñés xa trasladou á Federación a súa inquietude pola tardanza en tomar unha decisión, nunha absoluta situación de incertidume que se prolonga dende finais do mes de Xuño.

Obxetivo cumplido. O club pretendía dende fai semanas a fichaxe dos dous xóvenes futbolísticas carballiñeses, Ocampo e Pana comprometeronse a defendar a camiseta do equipo do seu pobo para a vindeira tempada.
Ocampo, de 19 anos, chega procedente do Ourense B. Formado na canteira do Pabellón, do que foi un dos seus puntais no equipo da división de honra, fora fichado o ano pasado polo primeiro equipo do C.D. Ourense, co que fixo a pretempada, pasando despois ao equipo da preferente.
Pola súa parte, Pana regresa ao equipo carballiñés co que xa xogou en preferente ao inicio da tempada 2012-2013, que logo abandonaría para fichar polo Ourense B, no que xogou a pasada tempada. Agora decide regresar ao Arenteiro.
O dianteiro Brais, reforzo para a dianteira
Era a liña do equipo que faltaba por completar, a dianteira. Finalmente, e tras barallar varias opcións, o club decidiuse polo chantadino Brais Eiriz, que esta pasada tempada foi o máximo goleador do Club Lemos, co que marcou 14 goles na preferente norte. Ten 25 anos, e anteriormente militou varias tempadas xogando en preferente coa S.D. Chantada.

Son algúns dos aspectos que foron valorados polos asistentes á asamblea de socios celebrada o pasado venres, o aumento na masa social do club e a xestión económica que permite reducir de forma siñificativa a débeda que asumiu a actúal Xunta Directiva cando se fixo cargo do club, fai agora un ano. Os socios aprobaron por unanimidade tanto as contas da tempada pasada como a creación de equipos de fútbol base que serán federados para a vindeira tempada.
De 117 socios que retiraran o seu carné na tempada 2012-2013, o club conseguíu esta tempada un importante avance na masa social ao acadarse a cifra de 405 socios. O obxetivo da directiva –manifestou o presidente Xan Pinal- é non pararse e seguir nesta dinámica de traballo. Tamén destacou, no aspecto social, o siñificativo aumento de público que acudíu aos partidos de Espiñedo durante a pasada tempada
“Para nos foi un ano de toma de contacto coa dinámica do club, fundamentalmente un ano de aprendizaxe, no que modestamente creo que sentamos as bases para a modernización deste club, pero queda casi todo aínda por facer”, subliñou o presidente da entidade.
No balance económico, o club logra reducir de forma siñificativa a súa débeda. Fai apenas un ano, en Xuño de 2013, a débeda recoñecida pola asamblea de socios ao anterior directiva era de 55.000 euros. Tras as negociacións e posterior acordo co anterior presidente, parte importante da débeda reduciuse a cámbeo de publicidade das empresas Cadavid e Balgón nas camisetas. Ademáis, a semana que ven faráse unha transferencia ao anterior presidente por importe de 6.000 euros, que deixará a débeda actualizada da entidade en 27.000 euros, desta maneira lograse reducila en 28.000 euros durante o último ano.
O tesoreiro do club, Manuel Sotelo, fixo o balance de ingresos e gastos da tempada 2013-2014, que arroxan un superávit de 7.700 euros. Un superávit que se destina, os citados 6.000 á amortización da débeda co anterior presidente, e 1.640 ao pagamento de débeda contraída coa federación, que foi reclamada ao club no transcurso da actúal tempada, e que non figuraba na débeda recoñecida á anterior directiva.
O tesoreiro puxo a disposición da asamblea a relación de xustificantes de pagamentos e facturas, e avanzouse un orzamento para a vindeira tempada de 71.000 euros, prácticamente idéntico ao deste ano, no que o capítulo máis elevado -29.000 euros- se destinou a dietas dos 22 xogadores que formaron parte da plantilla.
Creación da estructura do fútbol base
A asamblea de socios aprobou por unanimidade a creación de equipos das categorías do chamado fútbol base, asi como o acordo co concello do Carballiño para federar nestes equipos aos alumnos matriculados na escola municipal de fútbol do Concello do Carballiño durante a tempada 2014-2015.
O acordo terá vixencia durante durante un ano aínda que o club ten vocación de manter unha estructura de fútbol base independientemente ou non de que este acordo co concello do Carballiño teña continuidade.
Para a vindeira tempada, inicialmente contaráse cons dous equipos xuvenís –un deles na liga galega- , 1 cadete, 2 infantís, 2 alevíns e 1 benxamín, aínda que esta relación podería variar en función dos alumnos matriculados.
O concello do Carballiño cederá a C.D Arenteiro gratuitamente as instalacións do campo da Uceira nos horarios de competición,e a colaboración de persoal municipal, asi como ós monitores da escola, que exercerán de adestradores dos equipos na competición. Ademáis tamén se compromete o concello carballiñés a apoiar economicante a C.D. Arenteiro para o fomento do deporte base, un apoio que irá en función do número de equipos federados que tomen parte en competicións oficiais.
A maior parte dos xogadores da pasada tempada continuarán xogando no Club Deportivo Arenteiro o ano que ven. Ademáis, no transcurso dos últimos dias, o club cerrou a fichaxe de varios fútbolistas que veñen a cubrir as baixas xa confirmadas. As novas incorporacións son o porteiro Marcos Nieto e o centrocampista Dafonte, ambos procedentes da U.D. Barbadás de 3ª División. O defensa Cote, que xogou este ano no Verín, os dianteiros Gele e Dani Vázquez, que xogaron en preferente co Melias. Do equipo xuvenil da EMF Arenteiro incorporase ao primeiro equipo Alex Santiago.
O club ofreceu a renovación a maioria da plantilla desta recén rematada tempada e comunicou as baixas que decidíu a dirección técnica, que son as de Perdiz, Martín e Omar. Ademáis, deixan o club Prada, que se vai coa súa beca Erasmus a Alemania, e Alex, por incompatibilidades horarias co seu traballo profesional.
Asamblea de Socios na Sala de Xuntas do Estadio de Espiñedo
A Xunta Directiva convocou para as 21 horas deste venres dia 20 de Xuño a Asamblea Xeral de Socios, que se celebrará na sala de xuntas do Estadio de Espiñedo. Nesta asamblea, a Xunta Directiva presentará aos socios o balance económico da tempada 2013/14, que é a primeira na que o actúal grupo directivo asumiu a responsabilidade na xestión do club. Repasará a actividade desenvolvida no ámbito social e deportivo e tamén se presentará a asamblea o proxecto económico, social e deportivo cara a próxima tempada.

Non pudo ser, o Arenteiro despide a tempada cunha derrota en Verín no partido de volta das semifinais Copa Deputación, que priva aos verdes de chegar á final do Couto do vindeiro 14 de Xuño, que finalmente desputarán os verinenses e o Ourense B.
C.D. Arenteiro: Pachi, Prada, D. López, Lois, Dabarca, Alex, Gallego, Bardelás, M. Sotelo, Martín e Óscar. Tamén xogaron Breogán, Manu, Canexón e Caneiro
Goles:
1-0. Minuto 57. Xogada polémica, xogadores e afeccionados do Arenteiro reclaman o clamoroso fora de xogo de Fran, o árbitro e o liña desentendense, e dianteiro do Verín non perdoa.
2-0. Minuto 78. Dun córner a favor do Arenteiro nace o segundo gol local. Patadón sobre o campo do Arenteiro que colle de sorpresa a zaga verde e Pablo García, so e sen oposición, bate a Pachi dun tiro raso.
2-1. Minuto 90. Penalti sobre Manu que tranforma Dabarca.
O Partido: Con dúas partes moi diferenciadas, na primeira o Arenteiro controlaba ben atrás e aproximabase con perigo á portería local, ata en tres ocasións os verdes puderon adiantarse no marcador, pero nin Alex nin D. López -éste por dúas veces- non souberon definir. A falta de pegada volveu condenar ao Arenteiro que xa, tras o descanso viuse claramente superado por un Verín que saíu en tromba e foi claro dominador do partido ata os minutos finais. No cómputo dos 180 minutos de eliminatoria o Verín é xusto gañador e finalista da Copa Deputación 2014.
Peche de tempada
Con este partido de semifinais de Copa Deputación baixa o seu telón deportivo a tempada, e toca xa pensar na 2014-2015. Para o vindeiro dia 20 deste mes de Xuño, convocaráse a Asamblea Xeral de Socios, na que a Xunta Directiva presentará o balance deportivo, social e económico do Club.

Mesmo resultado en Espiñedo neste partido de semifinais de Copa Deputación que no encontro xogado por ambos en liga, empate sen goles. A eliminatoria queda, asi pois, aberta cara o partido de volta en Verín o próximo domingo.
C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Dabarca, D. López, Lois, V. Gallego, Prada, Alex, Martín, Bardelás e Oscar. No tramo final do partido tamén xogaron M. Sotelo, Manu, Caneiro e Canexón.
O Partido: Os verdes estiveron máis serios na primeira parte, aínda que tan so nunha internada de Prada nos albores do partido conseguiron levar perigo ante a portería visitante. Na segunda parte o Verín foi o equipo que estivo máis entonado e gozou das mellores ocasións para desnivelar o partido. Destacar, unha vez máis, a excelente entrada de afeccionados no Estadio de Espiñedo.
Victoria ante o Allariz, pero o Arenteiro queda fora das dúas prazas de ascenso, xa que tanto Nogueira como Verín non fallaron e gañaron os seus respectivos partidos. Os carballiñeses, con 74 puntos, rematan a liga como terceiros.
C.D. Arenteiro: Pachi, Prada, Dabarca, D.López, Lois, Gallego, Alex, Breogán, Bardelás, Martín e M. Sotelo. Tamén xogaron Quiroga, Óscar, Manu e Canexón.
Goles:
1-0. Minuto 30. Breogán, a media volta dentro da área.
1-1.Minuto 56. Juan Gallego, de cabeza, empata o partido.
2-1.Minuto 57. Breogán faise cun balón e bate por baixo ao porteiro visitante.
3-1.Minuto 74. Centro dende a dereita de Quiroga que Óscar remata impecablemente.
O Partido: O Arenteiro tiña a obrigación de gañar e esperar, tardou media hora en marcar e despois, aínda que o Allariz chegou a empatar, en ningún momento os verdes perderon a cara ao partido e acabaron vencendo con folgura. Ao final, durante varios minutos agardouse polo resultado no campo do Velle, onde o Nogueira marcou no minuto 90. Decepción na afección do Arenteiro, que en gran número volveu a estar en Espiñedo.

Con este resultado os carballiñeses deixan de depender de si mesmos para o ascenso a preferente. A falta de unha xornada para o remate da competición, ao Arenteiro so lle vale unha victoria en Espiñedo ante o Allariz e esperar unha derrota do Nogueira ou un empate do Verín.
C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Lois, Dabarca, Oscar, Alex, V. Gallego, Breogán, Bardelás, Martin e Quiroga.Tamén xogaron Prada, M. Sotelo e Caneiro.
Goles:
0-1. Minuto 67. Penalti cometido sobre Martín, que tranforma en gol Quiroga.
1-1. Minuto 84. Centro sobre a área carballiñesa que remata Seo.
O Partido: Tras un tiro de Quiroga ao poste nos primeiros minutos, os verdes non deron sensación de perigo ante a portería local. Na segunda parte, o Arenteiro saíu con máis decisión e intensidade e fixose co dominio do partido, pero so acertou a marcar de penalti. Por si fora pouco, deixouse empatar na única aproximación do Monterrei ante a portería de Pachi.

Un gol de Bardelás no minuto dous decidiu o partido a favor do Arenteiro que, con este resultado, sigue dependendo de sí mesmo para dar o salto á preferente, a falta de dous partidos para rematar a competición. Os verdes deberán gañar ambos partidos para asegurar o ascenso sen depender doutros resultados, o vindeiro domingo en Monterrei e na última xornada en Espiñedo ante o Allariz.
C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, D. López, Lois, Óscar, Victor Gallego, Breogán, Alex, Martín, Bardelás e Prada. Tamén xogaron Caneiro, M.Sotelo, Quiroga e Manu.
Goles:
1-0. Minuto 2. Centro de Prada, Martín fai de pantalla e arrastra ao marcador de Bardelás, que resolve dunha perfecta volea.
O Partido: O exiguo marcador mantivo vivo ao Antela ata o final, nun partido que o árbitro ourensano Garrote, prolongou en exceso e sen motivo ata o minuto 102, foi moi protestado pola afección local durante todo o partido e expulsou ao adestrador local M. López e ao preparador físico, Borja. Xa antes do descanso os carballiñeses tiveron varias ocasións para poñer o marcador en franquicia, aínda que o Antela tamén tivo as súas, a máis clara un tiro ao pau de Samuel. Na segunda parte, o Arenteiro incrementou o dominio sobre a área visitante, pero a falta de definición dos dianteiros verdes mantivo o suspense ata o final.

Os carballiñeses foron quen de deixar fora da copa ao equipo da preferente. Os valdeorreses caeron na quenda de penaltis tras igualar o Arenteiro a eliminatoria cun gol de Victor Gallego na segunda parte.
C.D. Arenteiro: Perdiz, Carlos, Oscar, Lois, Dabarca, V.Gallego, Caneiro, Breogán, Martín, Bardelás e M. Sotelo. Tamén xogaron Prada, D. Quiroga, Canexón e Manu.
Goles:
1-0. Minuto 78. No balcón da área Breogán cociña a xogada cun aclarado perfecto para Quiroga, éste centra e V. Gallego remata sobre a porteria barquense.
Quenda de Penaltis:
Marcan os catro lanzamentos para o Arenteiro, por este orden, Dabarca, Quiroga, V. Gallego e Breogán. Xa non fixo falta o quinto lanzamento.
Polo Barco, marcan os dous primeiros lanzadores David Pérez e Ramos. No terceiro, Perdiz desvia o que tiraba Ramos, e no cuarto, o balón de Javi Recaman vaise o poste e recolleo Perdiz, o Arenteiro estaba clasificado.
O Partido: Unha primeira parte nivelada e sen ocasións de gol, e unha segunda -sobre todo a partir do minuto 60- na que o Arenteiro foise polo partido. Tralo gol que empataba a eliminatoria, os verdes poideron sentenciar con dúas claras ocasións de gol que tiveron Canexón e Manu, no primeiro caso o remate do dianteiro saíu alto e o cabezazo de Manu servíu a Macía para lucirse nunha gran intervención. A lotería dos penaltis fixo xustiza, porque no cómputo dos 180 minutos, o Arenteiro foi superior ao equipo da preferente.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- …
- seguinte ›
- última »