Deportes
Paso atrás do Arenteiro na súa loita polo ascenso ao caer derrotado na súa visita ao campo do C.D. Allariz, que foi xusto vencedor do encontro desputado nas coquetas instalacións deportivas do Seixo, nunha tarde invernal, e na que por momentos chegou a caer auga neve.
O encontro comezou de cara para o Arenteiro, que se adiantaba no marcador por medio dun zurdazo de Marcos Sotelo desde o borde do área na segunda aproximación dos carballiñeses á portería alaricana. Xogabanse aínda os primeiros compases e todo resultou ser un espellismo porque a ventaxa carballiñesa durou tanto como tardou o Allariz en despestar e facerse dono e señor do partido, que dominaría moi claramente durante toda esta primeira parte. No Arenteiro tiña que retirarse lesionado Cancelas, e Dacosta daba entrada no campo a un defensa, Igor.
No minuto 23 chegaba o empate do Allariz, Sergio -ún dos destacados no cadro local- enganchaba un tremendo chut, inalcanzable para Samuel. Cando xa se xogaba o tempo de desconto desta primeira parte, un saque de esquina é cabeceado por un dianteiro local, o balón peta nun defensor carballiñés e colase na portería.
Na reaunudación, o partido foi un querer e non poder do Arenteiro, cun xogo completamente deslabazado, os carballiñeses non souberon nin xiquera aproveitar o baixón físico que nesta segunda parte experimentou o Allariz, que xogou o último cuarto de hora con 10 xogadores, e nin asi. Iglesias tivo cerca o empate pero a súa parábola foise ao longueiro. Tamén o Allariz enviou outro balón ao longueiro e tivo varias ocasións para aumentar a súa ventaxa.
Ao final, xusta victoria dos locais ante un pésimo Arenteiro que tras esta derrota retrocede ao terceiro posto na clasificación, e situase a 7 puntos do líder Nogueira
RESULTADOS E CLASIFICACIÓN
C.D VELLE O NOGUEIRA 1
AT. VILARIÑO 2 A PEROXA 1
MASIDE CF 0 RAMIRÁS 1
PONTE OU. 2 VALENZÁ 2
BARBADAS B 2 COVADONGA 0
C.D. ALLARIZ 2 ARENTEIRO 1
MONTERREY 2 MELIAS 2
CORTEGADA 2 MACEDA 2
POLIGONO 3 TABOADELA 1
Pos | Equipo | Ptos | Ju | Ga | Em | Pe | Gf | Gc |
1 | SD Nogueira Ramuin | 41 | 18 | 12 | 5 | 1 | 30 | 14 |
2 | CD Ramiranes | 34 | 18 | 10 | 4 | 4 | 30 | 17 |
3 | CD Arenteiro | 34 | 18 | 10 | 4 | 4 | 29 | 16 |
4 | CD Allariz | 30 | 18 | 8 | 6 | 4 | 33 | 20 |
5 | AD Covadonga | 29 | 18 | 9 | 2 | 7 | 38 | 31 |
6 | CF Monterrey | 28 | 18 | 8 | 4 | 6 | 30 | 31 |
7 | Poligono San Ciprian | 26 | 18 | 7 | 5 | 6 | 25 | 23 |
8 | SD Valenza | 26 | 18 | 6 | 8 | 4 | 22 | 15 |
9 | CD Velle | 25 | 18 | 7 | 4 | 7 | 28 | 27 |
10 | A Peroxa CF | 24 | 18 | 7 | 3 | 8 | 27 | 25 |
11 | Maside CF | 24 | 18 | 7 | 3 | 8 | 26 | 33 |
12 | UP Taboadela | 24 | 18 | 6 | 6 | 6 | 22 | 25 |
13 | SD Melias | 22 | 18 | 5 | 7 | 6 | 26 | 21 |
14 | Ponte Ourense SAD | 20 | 18 | 5 | 5 | 8 | 20 | 27 |
15 | UD Barbadas B | 19 | 18 | 5 | 4 | 9 | 20 | 27 |
16 | CF Cortegada | 18 | 18 | 4 | 6 | 8 | 23 | 32 |
17 | AT Villarino | 12 | 18 | 3 | 3 | 12 | 18 | 39 |
18 | CD Maceda | 8 | 18 | 1 | 5 | 12 | 15 | 39 |
Un golazo de Iglesias no minuto 53 de partido deu ao Arenteiro os 3 puntos no partido xogado esta tarde no campo dos Carrís ante o Barbadás B, desta maneira os carballiñeses comezan o ano con victoria, no partido que completa a primeira volta do campionato, conservando a segunda posición na táboa de clasificación, en posto de ascenso directo á preferente.
O partido xogouse -igual que no seu día ante a S.D. Valenzá- cunha moi deficiente iluminación, con luz artificial que necesita unha melloría para que o xogo poida seguirse con normalidade. Tras unha primeira parte de centrocampismo por ambos equipos e sen apenas xogadas de perigo, na reanudación o Arenteiro fíxose co control absoluto do partido, que resolvería Iglesias, tras irse dun contrario, o disparo do dianteiro carballiñes colase na portería local. Despois, puderon vier algunhos goles máis, xa que o Arenteiro tería polo menos outras tres claras ocasións manifestas de volver marcar, pero os dianteiros verdes non estiveron afortunados. Pola súa parte, o Barbadás B en ningún momento creou perigo ante a portería carballiñesa, defendida hoxe por Samuel.
O Arenteiro xogou o último cuarto de partido con 10 xogadores, por expulsión de Gabriel Carballeda, o árbitro ensinoulle a tarxeta vermella nunha xogada que non pasou de ser unha falta normal, e ademáis en campo do Barbadás, de forma incomprensible o árbitro decidiu deixar ao Arenteiro en inferioridade numérica. Non obstante, a expulsión non influíu para nada no rendemento dos carballiñeses, que foron superiores ao equipo local, e puderon conseguir unha victoria máis ampla no marcador.
O Presidente do C.D. Arenteiro pasou polos micrófonos da COPE para facer balance deportivo e social do desenvolvemento desta tempada. Cadavid amosouse "contento co rendemento deste equipo, incluso cos rapaces máis novos e dos xuvenís dos que foi preciso botar man" aínda que tamén aclarou que "se fose preciso a fichaxe dalgún reforzo tamén chegaría, de feito xa se fixeron contactos con algún xogador, e non descartamos que se fose necesario ficharíase, aínda que eso dependerá dos acontecementos, e Dacosta confia plenamente neste equipo".
O Presidente non tén outra meta na cabeza que non pase polo ascenso á preferente, categoria perdida a tempada anterior, e aínda vai máis alá na súa declaración de intencións "a nosa idea e levar o Arenteiro á terceira división, pero eso dependerá moito do Carballiño e da nosa afección e tamén das axudas".
O Presidente do Club amosou a súa satisfacción tras a recente entrevista que ven de manter có Alcalde do Carballiño Argimiro Marnotes " díxome que ánimo, que o Arenteiro había que subilo á terceira, e que ahí estaría o Concello para apoiar". De feito, O Rexidor Municipal comprometeuse a mellorar a colaboración municipal co club, facendose cargo da explotación da publicidade estática no campo de Espiñedo, e aumentando con esta fórmula a aportación económica que o Concello fai ao C.D.Arenteiro.
Plácido partido do C.D. Arenteiro en Espiñedo ante un inofensivo equipo, A Ponte SAD, quen te víu e quen te ve, un dos equipos históricos do fútbol ourensano, que chegou a desputar unha fase de promoción de ascenso á 2ª B, e que languidece agora na 1ª autonómica, polo visto esta tarde, ún dos equipo máis flouxos dos que durante a primeira volta pasaron polo Carballiño.
Aos 21 minutos o Arenteiro xa tiña encarrilado o partido tras dous goles de Cancelas, e antes do remate do primeiro periodo Iglesias ampliaba a ventaxa dos carbaalliñeses. A Ponte tivo, asi e todo un par de oportunidades para meterse no partido, pero si en defensa os pontinos eran unha coladeira, en ataque eran totalmente inoperantes, un equipo incapaz de facer dous pases seguidos, demasiádo fácil para un Arenteiro superior que pudo incluso marcar máis goles, ademáis de outro anulado na segunda parte a Iglesias, que pouco antes marcara o cuarto gol da tarde para os carballiñeses.
Con este resultado, C.D. Arenteiro despide o ano como segundo clasificado da categoria e polo tanto, en posto de ascenso á preferente. Agora toca descansar, tras as vacacións do nadal a liga reanudaráse o vindeiro 8 de xaneiro para rematar xa a primeira volta da liga, o Arenteiro desplazaráse atá o campo dos Carrís para enfrontarse ao Barbadás B.
Dous fallos defensivos do Arenteiro a punto estiveron de causar un grave disgusto aos carballiñeses nun partido que dominaron de principio a fin, pero que o Maside empataba no tramo final logrando a igualada a dous goles. Na úlltima xogada do partido Iglesias facía o terceiro e definitivo gol para os carballiñeses, que conseguían asi os 3 puntos Ainda cos equipos asentandose no terreo de xogo, unha xogada pola banda esquerda do ataque carballinés protagonizada por Marcos Sotelo acaba en centro sobre a área pequena e alí, moi antento, Iglesias cabecea ao fondo da portería masidá. O gol servíu aos carballiñeses para asentarse mellor no partido, mentres que o Maside ofrecía moitas dúbidas, tan só un balón en parábola sobre a portería de Pachy, que éste resolveu ben, e pouco máis neste primeiro periodo.
Nada máis comezar a segunda parte, o Arenteiro amplia a súa ventaxa no marcador nun saque de esquina no que o balón chega a Alén e remata de forma maxistral o segundo gol carballiñés. O partido ponse cómodo para o Arenteiro, que sigue xogando máis e mellor que os masidaos, incluso dispón de algunha ocasión para sentenciar o encontro, e atá lle é anulado un gol a Iglesias por posible fora de xogo. Non obstante, a un cuarto para o final o partido complícase de forma incomprensible para o equipo de Dacosta. Primeiro, o veterano Paco, totalmente libre de marcaxe, pon a emoción no marcador có 1-2. O Maside vese espoleado polo gol e vaise arriba, aínda que sen conseguir levar perigo sobre a portería carballiñesa, atá que ao borde do final unha falta de entendemento entre Pachy e a defensa propicia o autogol de Carlos Escudero, o Maside empataba asi un partido a dous goles, tirando unha sóa vez á portería. Increíble, pero certo.
Cando xa non parecía que houbese tempo para moito máis, chegaría novamente Iglesias, hoxe o mellor do Arenteiro, para levarse un balón desde o borde da área e en plena internada cruza o balón inalcanzable para o meta masidao. Un gol que facía xustiza porque os carballiñeses foron hoxe superiores aos locais. En resumen, os aproximadamente 350 afeccionados que se achegaron atá o Outeiro Grande, tiveron ao final a recompensa da emoción do final dun partido que, como se adoita decir nos encontros de rivalidade, tivo máis emoción que fútbol.
O At. Vilariño chegaba a Espiñedo como vicecolista da categoria, e tras 90 minutos de partido demostrou o porqué ocupa esa posición na clasificación. Gañou o menos malo, o Arenteiro, que de esta maneira volve conseguir unha victoria despois de seis partidos sen logralo, xa que desde a xornada octava, tamén por 3-0, daquéla fronte ao Covadonga e tamèn en Espiñedo, non sabían os carballiñeses o que era gañar.
Tanto Arenteiro como Vilariño afrontaban o partido con numerosas baixas, certo é que ambos equipos ofreceron unha pobre tarde de fútbol, na que todo se puxo de cara para os verdes no minuto 4 de partido, no primeiro regalo da defensa visitante e autogol do Vilariño cando os equipos aínda apenas estaban tomando posicións no campo. Vinte minutos despois Alén facía o segundo gol dos carballiñeses ao controlar un baón na área a pase de Canexón e batir por baixo e axustado o pau ao porteiro visitante. E sen nada interesante que reseñar, irían pasando os minutos atá que xa no solpor do partido un centro-chut de Cataña sobre a portería do Vilariño pon o 3-0 no marcador.
O mellor para o Arenteiro o resultado, aínda que outra xornada máis, o equipo sigue ofrecendo moitas dúbidas, menos mal que de esta vez enfronte estaba un inocente At. Vilariño. Por quedarnos con algo positivo, farémolo có traballo no medio campo de Gabriel Carballeda, que xogou o mellor partido desde que viste a camiseta do Arenteiro, e tamén as gañas que puxeron algunhos dos xogadores, como Cancelas.
Os responsables do C.D. Arenteiro non acudiron ao acto de conciliación có Ex-Adestrador Marcos Vázquez "Marquitos", tras unha denuncia presenta por éste na Federación Galega de Fútbol, e pola que reclama o pago da débeda contraida durante a súa etapa de adestrador, que ascende a 2.400 euros máis xuros.
Atá que se resolva esta denuncia, o club non pode tramitar novas fichas ante a FGF, polo que non podería agora mesmo realizar a fichaxe de calquera posible reforzo para a plantilla do equipo. Marquitos mostrouse moi decepcionado con esta actitude da Directiva do Club "ningúen se presentou en Santiago para a conciliación e tampouco ningúen se puxo en contacto conmigo por teléfono, estou na mellor disposición de non facer dano ao Arenteiro, pero é que ningúen me chamou".
Desde o Club, o Presidente Antonio Iglesias "Cadavid" asegurou a esta emisora de radio que "inicialmente non tiñamos coñecemento desta citación, pero xa nos puxemos en contacto coa Federación e xa lle comunicamos que o Arenteiro solucionará o problema".
Máis do mesmo, un Arenteiro na súa liña dos últimos partidos, incapaz de marcar un gol en 270 minutos, tampoouco hoxe no campo de Santa Marta de Velle o equipo de Dacosta ofreceu síntomas de melloría, volveu a amosarse como un equipo sen recursos e totalmente inoperante. Non é capaz de crear ocasións de gol e as poucas que fai en cada partido non acerta a resolvelas, no de hoxe apenas anotamos dúas xogadas de perigo dos carballiñeses, cando estaba a punto de rematar a primeira parte un balón que se cola polo medio da defensa local non é aproveitado por Alén, no ún contra ún, o meta local logra interceptar o balón. A outra única ocasión do partido na que o Arenteiro creou perigo foi xa na segunda parte, cando Cancelas rematou de cabeza un balón que o porteiro local Jacobo enviou a corner. Pola contra, o Velle soubo aproveitar moi ben as súas ocasións e tranformalas en goles, todas elas no segundo periodo do partido, xa que atá o descanso o xogo foi unha sucesión de imprecisións por ambos equipos sen apenas aproximacións de perigo ás dúas porterias.
Foi entón na reaunudación, aos 5 minutos, cando o Velle inaugubaba o marcador nunha xogada a balón parado, ao saque dunha falta, coa defensa do Arenteiro dormida, que deixa libre de marca ao dianteiro do Velle, que remata a placer. Os locais ampliaban a súa renda no marcador á media hora desta segunda parte, ao tranformar un penalti, e xa cando se entraba en tempo de desconto chegaría o terceiro gol do Velle, nun tiro desde fora da área que sorprendeu por completo a Samuel.
Có de hoxe en Velle, son xa 3 os partidos que suma o Arenteiro sen marcar un gol, se ademáis de esta inoperancia da dianteira verde, sumamos os despistes defensivos, como o que propicia o primeiro gol dos locais, e ademáis as evidentes carencias e desaxustes no medio do campo, é fácil concluir que asi é moi dificil gañar un partido. O Arenteiro é un querer e non poder partido tras partido, sen dar síntomas de melloria, aínda que o 3-0 de esta tarde acaso sexa un castigo excesivo para o visto no campo de herba artificial da parroquia de Santa Marta de Velle. Ou se endereza o rumbo ou a este Arenteiro se lle vai complicar e moito o ascenso de categoria, e éste e non outro é o único obxetivo de este equipo, o non logralo sería un fracaso. E visto o visto o equipo aumenta as dúbidas conforme vai avanzando a competición.
As verificacións técnicas levanse a cabo na tarde do sábado, aínda que será xa o domingo 27 pola mañá cando se celebre esta espectácular proba motorística de Cross Country.
A carreira está prevista a partir das 11,30 horas e as 14,30 horas será a entrega de premios. A competición será puntuable para o campionato de España de modalidade. A Actividade chega ao Irixo por medio da colaboración que o Concello da localidade mantén có "Moto-Club Móvete na moto", serán 3 horas de puro espectáculo motorístico na matinal deste derradeiro domingo de novembro.
E con ésta son xa catro as xornadas consecutivas que levan os carballiñeses sen gañar un partido. O Arenteiro sigue deixando moitas dúbidas, e ante o Nogueira volveu a repetir erros de anteriores partidos, parece que mellora en defensa, pero sigue con moitos problemas no centro do campo e no ataque, onde tanto Alén -que tivo que abandoar o campo lesionado e deixou o equipo con 10 nos últimos minutos - como Iglesias, que tan só xogou a última media hora de partido, non parecen estar no seu mellor momento.
Sen embargo, a alarmante falta de gol de este Arenteiro tamén tén seguramente outras causas, que pasan por un centro do campo que da escasas asistencias aos dianteiros, e asi é moi complicado marcar goles. En todo o partido, o Arenteiro dispuxo dunha única e clara ocasión fallida de gol, foi no minuto 35 da segunda metade, un balón metido polo centro sobre Alén, éste salva a saída do porteiro índose cara a dereita pero o seu tiro vaise fora de portería. A outra única vez en toda a tarde na que o Arenteiro pudo adiantarse no marcador foi no minuto 26 do primeiro periodo, nun magnifico tiro desde fora da área de Marcos Sotelo que se foi o longueiro. Esta foi toda a pólvora dos carballiñeses no partido. Enfronte tivo a un Nogueira que chegaba e saíu de Espiñedo como líder da categoria, tampouco é que fixera máis que o Arenteiro, creou outro par de ocasións de perigo e para de contar, bastoulle estar ben plantado en defensa para levarse un punto e seguir comandando a clasificación.
E pouco máis deu de sí un partido xogado no día de reflexión previo á xornada dominical de votaciós, tamén este Arenteiro debería flexionar un chisco sobre qué obxetivos quere para esta liga, porque desde logo facer 3 puntos de 12 posibles nos 4 últimos partidos non parece que sexa ir polo mellor camiño.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- …
- seguinte ›
- última »