Deportes

31, Agosto 2012

No Arenteiro será baixa o dianteiro David Soares, ao que o árbitro ensinou a segunda amarela unha vez rematado o partido de Sanxenxo, o que conleva un partido de sanción. Non obstante, Dacosta xa poderá contar con Marcos Sotelo e Cristian.

Enfronte, e neste debút ligueiro en Espiñedo estará o Mondariz, unha das revelacións do campionato o ano pasado, e que por vez primeira se presentará no campo de Espiñedo. Os carballiñeses esperan acadar os 3 pirimeiros puntos tras as boas sensacións da segunda parte do partido de Sanxenxo.

MEMORIAL FUSI

Este fin de semana xógase a 3ª edición do Memorial Fusi, co que se homenaxea a Faustino José Pérez Sanmartín, o que fora xogador do Arenteiro e monitor da Escola Municipal de Fútbol, falecido fai unhos anos en accidente de tráfico.

Pavillón Ourense - Barbadás, e Arenteiro - Lalín, xogarán as semifinais o sábado 1 de setembro no campo da Uceira. A gran final será o domingo ás 12 do mediodia no campo de Espiñedo, con entrada gratuíta.

O Memorial Fusi está organizado pola Área de Deportes do Concello do Carballiño.

26, Agosto 2012

Un solitario gol no minuto 38 de partido derrotou ao Arenteiro no regreso dos carballiñeses á preferente no encontro xogado no campo do Baltar de Arriba ante o equipo local do Xuventude Sanxenxo.

C.D. Arenteiro: Macia, Tazos, Carlos Escudero, Xurxo, Pana, Iago, Gabriel, Cancelas, Prada, David Soares e Iglesias. No descanso entraron no terreo de xogo Roberto Dacosta e Javi López en sustitución de Gabriel e Prada., E no trasncurso da segunda parte Dabarca e Bardelás sustituiron a Tazos e Cancelas, respectivamente.

Comentario: típico encontro de inicio de tempada no que se notou que tanto Sanxenxo como Arenteiro están en fase de adaptación á categoria, cunha primeira parte máis nivelada e un segundo periodo dominado polo Arenteiro, con boas triangulacións entre Dacosta, Soares e López, pero sen que o empuxe carballiñés obtivese recompensa.

24, Agosto 2012

Os carballiñeses abren este domingo a competición de liga en Sanxenxo, no campo do Baltar de Arriba.

Dacosta poderá contar para este partido coa practica totalidade dos xogadores da plantilla, salvo Tacón, que se incorporará ao grupo no vindeiro mes de setembro.

Polo tanto, volven á convocatoria Marcos Sotelo e Roberto Dacosta, que non estiveron no partido de copa, e cos que xa poderá contar o adestrador para este primeiro partido de liga.

O equipo viaxa a Sanxenxo coa idea de sorprender ao equipo que ven de desceder da 3ª división, o Xuventú de Sanxenxo, unha das incognitas neste inicio de liga.

 

19, Agosto 2012

Quen vexa o marcador e non vise o partido pudera pensar que foi fácil para o Arenteiro, nada máis lonxe da realidade. O equipo da 1ª autonómica vendeu cara a súa derrota e ata os últimos minutos de partido o Arenteiro non pudo resolver a eliminatoria.

Non obstante, o partido logo se puxo de cara para os carballiñeses que ainda nos primeiros compases da contenda se adiantaban no marcador ao cabecear Iglesias un centro de Cancelas. E pouco máis munha primeira parte na que A Peroxa xa avisou a balón parado enviando un balón á cruceta.

No segundo periodo e cando parecía que a calor e o suposto mellor físico do Arenteiro pasaría factura aos locais e daría ventaxa ao Arenteiro, chegou a reacción da Peroxa que tivo o seu premio mediada esta segunda parte nun trallazo dun xogador local desde o borde da área que se cola por toda a escadra da meta de Macía. O gol espoleou á Peroxa que ata tivo un par de aproximacións á portería do Arenteiro nas que incluso pudo dar a volta ao marcador. Igual que na primeira parte, os carballiñeses cometeron varios erros na defensa.

Apenas a cinco minutos do final e cando parecía que a eliminatoria se ía decidir por penaltis, chegou unha xogada personal de Prada que puxo un balón de ouro a David Soares e o dianteiro carballiñés resolvia con solvencia de tiro cruzado. Co 1-2 no marcador os xogadores locais reclamaron con insistencia un penalti na área do Arenteiro. Xa no tempo de desconto, Prada fixo o terceiro e derradeiro gol dos carballiñeses. Acaso demasiádo premio para o Arenteiro polo visto esta tarde.

C.D. Arenteiro: Macia, Tazos, Xurxo, Dabarca, Pana, Gabriel, Iago, Cancelas, Prada, David Soares e Iglesias. Na 2ª parte tamén xogaron Javi López, Bardelás e Carlos Escudero, que sustituiron a Cancelas, Gabriel e Dabarca.

16, Agosto 2012

A baixa de Kennedy, que deixou a disciplina do C.D. Arenteiro por decisión do propio club, será cuberta por Javi López, un xogador que chega O Carballiño despois de militar a tempada pasada no equipo de As Pontes, da 3ª división.

Trátase dun interior esquerdo polivalente, de 26 anos, que con anterioridade xogara no Cidade de Santiago e no C.D. Lalín, e que ata fai unhos dias estaba na órbita do C.D. Ourense, aínda que finalmente as xestións feitas polo Presidente José Antonio Cadavid, fixeron que o xogador dezano se decidira polo Arenteiro. Esta mesma semana incorporase aos adestramentos ás órdes de Dacosta.

O PARTIDO DE COPA NA PEROXA O DOMINGO 19 ÁS 17,30 HORAS

Este pasado mércores dia 15 os carballiñeses desputaban o quinto partido de pretempada en Nogueira de Ramuín, derrotando ao equipo local por 1-3, con dous goles de Cancelas e ún de Iglesias.

O domingo dia 19 de agosto xogaráse o partido de COPA DEPUTACIÓN, eliminatoria a partido único, no campo do Marco ante o equipo local, A PEROXA F.C., a partir das cinco e media da tarde.

12, Agosto 2012

Duas victorias, ante Coruxo F.C. e Valenzá, e dúas derrotas, as colleitadas ante Barbadás e C.D. Ourense, é o balance do C.D. Arenteiro nesta pretempada.

O primeiro partido ante a U.D. Barbadás saldouse cunha derrota por 0-1, nun partido cos dous equipos aínda pouco rodados e no que o Arenteiro deu a cara ante o recén ascendido á 3ª división. Neste partido a nota negativa foi a lesión do porteiro local e nova fichaxe do Arenteiro, Macia.

No único dos catro partidos que se desputou fora de Espiñedo, ante a Valenzá de 1ª autonómica, os carballiñeses golearon por 0-6, nun partido no que os carballiñeses foron netamente superiores, como indica o marcador.

Ante o C.D. Ourense, outravolta en Espiñedo, os carballiñéses xogaron unha moi interesante primeira parte na que se foron o descanso con empate a ún tanto no marcador, tras adiantarse o C.D. Ourense, David Soares empataba para os carballiñeses. Xa na reanudación,  e con moitos cámbeos en ambos bandos, o equipo de segunda B marcou outros dous goles para deixar o tanteo final de 1-3. O Arenteiro xogou un bó primeiro tempo ante o empuxe ourensanista.

A sorpresa chegou o dia da festa do pulpo, no que o Arenteiro logrou impoñerse por 1-0 a o outro equipo galego da segunda B, o Coruxo de Vigo. Foi suficiente un solitario gol conseguido maxistralmente por David Soares, tras unha xogada persoal. Durante toda a primeira parte os carballiñeses mantiveron a raia ao equipo vigués. Na reanudación, tras ir dando Dacosta entrada no equipo a varios xuvenís o partido desequiliboruse e o Coruxo pasou a dominar claramente, aínda que non conseguíu materializar. Incluso o porteiro local Pachi se permitíu o luxo de desviar o balón nun penalti.

 

24, Xullo 2012

 

Un total de 23 xogadores iniciaron este pasado lúns as sesións de pretempada ás órdes de Ramón Dacosta. A falta de algunha incoporación de última hora para reforzar a parte de atrás do equipo, dase por practicamente pechada a composición dun plantel que terá unha media de idade de 23,5 anos.

O Presidente José Antonio Iglesias "Cadavid" dirixíu unhas palabras de benvida neste primeiro adestramento en Espiñedo, nas que animou aos xogadores "a levar o nome do Arenteiro e do Carballiño con orgullo e dignidade e pelexar para estar entre os mellores da categoria".

Dos 23 futbolístas que defenderán ao Arenteiro 2012-2013 na preferente sur do fútbol galego, 10 son da casa, e o resto, salvo Kennedy, proceden do fútbol provincial.

PORTEIROS: Continuan Pachi e Samuel e incorporase Macia, procedente do C.D. Lalín, última fichaxe.

DEFENSAS: Dabarca, Escudero, Prada, Pana, e Igor, que continuan do ano pasado. Incoporanse Tazos, Xurxo e o xuvenil Somo.

MEDIOS: Takón, Gabriel, Marcos Sotelo, Bardelás e  Kennedy, que xa estiveron na tempada anterior, e aos que se suman Roberto Dacosta, Iago Garrido e o xuvenil Oscar.

DIANTEIROS: Continuan no equipo Iglesias, Cancelas e Canexón. As novas altas son Cristian Dacosta e David Soares.

PARTIDOS DE PRETEMPADA:

O domingo dia 5 de agosto ás 7 da tarde presentaráse o C.D.Arenteiro en Espiñedo en partido fronte á U.D. Barbadás, da 3ª división. O domingo seguinte, 12 de agosto, xogaráse o trofeo "Festa do polbo", tamén en Espiñedo, ante o Coruxo F.C., o equipo vigués da segunda división B.

COPA DEPUTACIÓN NA PEROXA

No terceiro fin de semana de agosto o Arenteiro xogará a fase previa da Copa Deputación entre equipos de preferente e 1ª autonómica, a eliminatoria a partido único será no campo da Peroxa, ante o equipo local.

PRIMEIRO PARTIDO DE LIGA EN SANXENXO

O C.D. Arenteiro xogará o primeiro partido de liga a domicilio, será o domingo 26 de agosto viaxando ao campo do recén descendio Xuventú de Sanxenxo. O primeiro partido de liga como equipo locatario en Espiñedo será o domingo 2 de setembro ante o Mondariz. Na terceira xoranda de competición ligueira, os carballiñeses desplazaránse atá o campo da Lomba de Vilagarcía, para enfrontarse ao Arosa S.C.

 

 

3, Xullo 2012

As últimas incorporacións que se suman ás xa anunciadas con anterioridade son as de Borja Lorenzo "Tazos", Roberto Dacosta e a renovación de Kennedy, que fora inicialmente descartado.

"Tazos" procede do Ourense B, ainda que este mesmo ano xogou varios partidos co primeiro equipo do C.D. Ourense, xoga de lateral e ten 22 anos. Tamén se confirma a continuidade de Kennedy, que chegou na súa segunda etapa ao Arenteiro mediada a pasada tempada.

Roberto Dacosta chega ao Arenteiro para reforzar a zona de creación do equipo, procedente da A.D. Covadonga da 1ª autonómica, aínda que anteriormente militara en categorias superiores co Ponte Ourense, e mesmo co C.D. Ourense en 3ª división, ten 31 anos.

A DÉBEDA DO CLUB REDUCESE EN 18.000 EUROS

Cerrada a contabilidade do último exercicio, o club que dirixe José Antonio "Cadavid" logrou reducir a débeda en 18.000 euros, polo que a débeda actúal queda en 53.000 euros, según os datos facilitados desde o propio club.

Xa cara a vindeira tempada, os carnés de socio terán un prezo de 80 euros para homes e 40 euros para mulleres. O orzamento previsto para a tempada 2012-2013 rondará os 120.000 euros, esperando que a xestión económica permita seguir rebaixando a débeda actúal.

3, Xullo 2012

O Carballiño contará no próximo curso futbolístico con dous novos equipos en competición federada. O Arcos F.C. e o Sporting Casino militarán na vindeira tempada na 3ª autonómica.

No caso do Arcos F.C. trátase dun regreso ás competicións, nas que xa participou atá chegar á 2ª autonómica, e chegando incluso a ser ún dos equipos punteiros da segunda categoria provincial. En canto ao Sporting Casino Carballiño, o mesmo tomará parte en competición federada por vez primeira, e nace ao amparo do Casino Cultural do Carballiño, como unha nova alternativa deportiva impulsada desde a propia entidade.

25, Xuño 2012

Os catro primeiros xogadores en asinar a súa ficha para a tempada que ven na preferente son David Soares, Cristian Dacosta, Xurxo Bouzo e Iago Garrigo.

Son os catro primeiros, e nos próximos dias chegarán máis. David Soares -dianteiro centro- de 28 anos de idade, procede do C.D. Lalín, equipo do que foi ún dos seus máximos goleadores nas últimas tempadas. Tamén é dianteiro Cristian Dacosta, que xogou esta pasada tempada no Ourense B, e que agora estará ás órdes do seu primo e adestrador do C.D. Arenteiro, Ramón Dacosta.

Regresan ó Carballiño Xurxo e Iago, defensa e medio centro, que xa xogaron no Arenteiro de fai dúas tempadas en preferente. Ambos estiveron este ano ligados ao Sp. Celanova.

En canto a baixas, están xa confirmadas as de Gele, Viñas, Vilachá, Kennedy e César. Esta relación de baixas aínda está pendiente de cerrarse, toda vez que o club quere manter a varios xogadores da tempada pasada, ainda que negocia con eles unha posible cesión a equipos da comarca.

 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes