Deportes
Xa no tempo engadido, cando se xogaba o minuto 93 de partido, conseguiu o Arenteiro resolver ao seu favor o encontro de colistas desputado no municipal de Espiñedo, no que se enfrontaban o penúltimo e antepenúltimo clasificados. Providencial regreso ao equipo do dianteiro Iglesias que marcou os dous goles locais.
C.D. Arenteiro: Macía, Xurxo, Gabriel (Iago, m. 86), Carlos Escudero, Pablo Dabarca, Alex, Pablo Piñeiro, Marcos Sotelo (Tacón, m.89), Kennedy, Iglesias e David Soares (Prada, m. 78).
O Partido: O Arenteiro remontou no último suspiro dun partido no que se adiantaron os visitantes no minuto 9, tras un balón que parecía fácil para Macia pero o porteiro non logra bloquear, o rexeite aprovaitao o dianteiro centro mariñense para marcar. Á media hora chegaba o empate, tras un medido centro de Marcos Sotelo sobre a área que cabecea Iglesias, inalcazable para o porteiro visitante Pablo. A segunda parte é de dominio total dos verdes aínda que atá o tramo final do partido non lograría o Arenteiro crear ocasións claras de gol, con boas oportunidades para Soares, que completamente só cabeceou ás mans do porteiro e un tiro de Xurxo que saca da liña de gol un defensor visitante. Tras anular o árbitro un gol ao Arenteiro por fora de xogo a Iglesias no minuto 90, o mesmo xogador protagoniza a xogada do segunndo gol xa co tempo cumplido, vaise en velocidade polo centro e aínda que o seu disparo é rexeitado en primeira instancia polo porteiro do Marín, o balón introducese finalmente na portería.
A derrota ante os pontevedreses, un rival directo na loita pola permanencia, deixa ao Arenteiro nunha moi difícil situación tras perder un partido que era clave para conservar as opcións dos carballiñeses para seguir con vida nesta liga. Un gol en propia meta e un penalti fallado conderaron ao Arenteiro na primeira parte, despóis foi un querer e non poder ante un Pontevedra B que marcaba o 0-2 no minuto 84 e sentenciaba o partido.
C.D. Arenteiro: Macía, Prada, Carlos, Dabarca, M. Sotelo, Alex (Iago), Tacón, Bardelás (Marquina), Pablo, Dacosta (Oli) e David Soares.
O Partido: O Arenteiro quedabase no minuto 23 con 10 xogadores tras ver a vermella directa M. Sotelo por unha forte entrada a un contrario, non sería o único xogador do Arenteiro expulsado polo árbitro, que foi moi protestado pola escasa afección local, xa que na recta final do partido tamén enviou a vestiarios a Tacón. Nun intervalo de 3 minutos sucederonse as dúas xogadas claves do partido, no 40 gol en propia meta de Carlos e no 43 o porteiro visitante detén o penalti que lanzou Dabarca. Na segunda parte o Pontevdra B non pasou por apuros para defender o resultado, que ampliaría cun gol no único tiro dos pontevedreses entre os 3 paus. O lamentable estado de Espiñedo condicinou o xogo e un partido ao que o Arenteiro se presentou con numerosas baixas debido a sancións e lesións no seu plantel.
Os verdes regresan de Ribadumia cun punto que sabe a pouco, xa que tal como se desenvolveu o partido o Arenteiro pudo dar a campanada e conseguir a victoria, non obstante o empate ten o mérito de logralo no campo dun equipo que levaba nos últimos meses conseguido 19 puntos de 24 posibles.
C.D. Arenteiro: Macia, Carlos, Gabriel, Xurxo, Tazos, Alex ( M. 85,Tomás), Prada (M. 70, Dacosta), Pablo Piñeiro, Bardelás (M. 75 Marquina), Kennedy e David Soares (M. 84, Martín).
O Partido: Excelente tarde de fútbol do Arenteiro que non pudo culminar cunha victoria porque non quixo o árbitro. Adiantaronse os carbaliñeses no marcador no minuto 50, Carlos lanza unha falta sobre a área local e Kennedy de cabeza pon o 0-1. No minuto 65 chega a xogada clave do partido, David Soares volve marcar para o Arenteiro un gol absolutamente legal que incompresiblemente anula o árbitro por suposto fora de xoga. Cinco minutos máis tarde, no 70 de partido, o veterano Changui logra o empate para o Ribadumia. Non se descompuxo o Arenteiro que aínda dispuxo de dúas boas ocasións de Kennedy que a punto estivo de marcar, pero luciuse o porteiro local. Bó traballo de todo o equipo, con mención especial para Kennedy, Gabriel, Piñeiro e o debutante Alex.
Nin o Arenteiro mereceu tan severa derrota nin o Arousa un premio tan grande, pero cando un equipo -neste caso o carballiñés- está en recha negativa parece que todo é moito máis difícil para quen a padece e moito máis fácil para o rival. Salvarse do descenso comeza a estar moi complicado.Mención aparte merece o calamitoso estado do terreo de xogo do municipal de Espiñedo a estas alturas do inverno, algo teráse que pensar en facer, e a quen corresponda, porque o recinto vai camiño de convertirse nun auténtico patacal.
C.D. Arenteiro: Macía, Carlos, Xurxo, Dabarca, Tazos (Bardelás), Iago (Omar), Gabriel (Tomás), Kennedy, Prada (Dacosta), Martín e David Soares.
O PARTIDO: Comezou o Arenteiro dominando nos primeiros minutos de partido pero sen embargo foi o Arousa quen anotou o primeiro gol no seu primeiro tiro a portería -minuto 14- nun trallazo de Camiño dende fora da área. Aos 23 minutos pudo empatar Kennedy cando enviou un balón de cabeza que repeleu o poste, o mesmo Kennedy rematou -tamén de cabeza- outro balón ao 42 minutos, que saíu lixeiramente desviado cando o meta visitante estaba batido. Trala reanudación, en 7 minutos o Arousa deixou sentenciado o partido, primeiro foi novamente Camiño quen aproveitou un rexeite na área local e despois unha xogada de astucia dos visitantes, que aproveitan para sacar rápidamente unha falta ao borde do área ante o despiste xeral dos xogadores verdes e marcan o terceiro. Xa co tempo cumplido chegaría o cuarto e definitivo gol dos arousanos.
O C.D. Arenteiro non soubo resolver un encontro no que foi sempre por diante no marcador e rematou empatando, os carballiñeses poideron sentenciar durante unha primeira parte que dominaron claramente, sen embargo tras o descanso pasou de dominador a deixarse dominar e ao final pagouno perdendo dous puntos.
C.D. Arenteiro: Macia, Prada, Xurxo, Dabarca, Escudero, Iago, Pablo Piñeiro, Dacosta ( Marcos Sotelo ) ( Bardelás ), Kennedy, Martín e David Soares.
Comentario: Paradoxicamente, o Arenteiro non soubo xogar a favor de marcador. Tras unha primeira parte na que foi claramente superior aos locais, creando varias ocasións de gol que desperdiciaron unha e outra vez os dianteiros carballiñeses, houbo que esperar ao minuto 40 para que Kennedy adiantase ao Arenteiro, que se foi co 0-1 ao descanso. No segundo periodo o partido cambeou radicalmente, o Mondariz pasou a dominar e ser o equipo que creaba perigo, tras dous balóns dos locais ao poste, chegou o empate no minuto 25 deste segunda parte. Un minuto despois, Iago volvia poñer ao Arenteiro por diante ao cabecear un saque de esquina. Incompresiblemente, o Arenteiro volveu recuar atrás e propiciou novamente o dominio local, co que chega o empate a 2-2 no minuto 38 de partido. Cando parecía que todo o peixe estaba vendido, aínda chegarían outros goles, ún por cada equipo e ambos de penalti. O primeiro cometido sobre David Soares que se encarga de tranformar Dabarca no 2-3, o segundo a favor dos locais pitado a Pablo Piñeiro, que foi expulsado. O lanzamento é rexeitado por Macia, pero practicamente na mesma xogada chega o empate. Unha magoa e unha oportunidade perdida para o Arenteiro.
Non mereceron os carballiñeses esta derrota ante o colider da categoria no primeiro partido do ano en Espiñedo e tamén primeiro partido da segunda volta da competición de liga na Preferente Autonómica.
C.D. Arenteiro: Macia, Prada, Xurxo ( Escudero ), Dabarca, Tazos, Iago ( Gabriel ), Piñeiro, Dacosta ( Bardelás ), Kennedy, Martín e David Soares.
Comentario: O Club Xuventú de Sanxenxo presentouse en Espiñedo coa idea de levarse os 3 puntos, e por eso de saída fixoo cun plantexamento moi ofensivo, con 3 xogadores en punta de ataque, sen embargo foi o Arenteiro o que tivo varias ocasións para adiantarse no marcador ata que no último minuto da primeira parte o Sanxenxo logrou o seu gol a saída dun corner. Trala reanudación, os visitantes replegaron liñas e aguantaron o empuxe do Arenteiro, ao que a falla de acerto dos seus dianteiros impedíu alomenos lograr a igualada.
O vindeiro día 20 de xaneiro terá lugar o “XIII Cross Popular Concello de Boborás”, que inclúe a proba de Canicross que este ano ao igual que o anterior puntuará dentro da Liga Galega desta modalidade e que vai xa pola súa V edición.
Ademais nesta ocasión tamén haberá unha exhibición canina a cargo de Sergio Sánchez Cuerva, que entre outros títulos foi campión de España nesta modalidade no 2009.
A proba dará comezo ás 10.30 horas, e ao remate das mesma haberá un catering no pavillón polideportivo municipal, a organización corresponde ao concello de Boborás.
As inscricións dos adultos será a través da web: www.championchipnorte.com ata o mércores 16 de xaneiro ás 15.00 horas, mentres que a dos menores de idade poderase facer nas propias oficinas municipais, no teléfono 988402008 ou no correo cultura@boboras.org.
O custo da inscrición é de 4 € para os adultos e 1 € máis polo aluguer do chip só para aqueles que nos dispoñan do mesmo. No caso dos menores de idade o custo é totalmente gratuíto.
|
|||||||||||
Pontellas | 1 -3 | Arosa Sc | |||||||||
Verín | 1 -0 | Gondomar Cf | |||||||||
Choco | 0 -1 | Marín Cf | |||||||||
Ponte Ourense | 0 -2 | Ribadumia Cf | |||||||||
Valladares | 0 -1 | Club Xuventú | |||||||||
Estradense | 2 -3 | Mondariz Cf | |||||||||
Barco | 1 -1 | Pontevedra | |||||||||
Cultural Areas | 3 -1 | Ud Atios | |||||||||
Portonovo | 2 -1 | Cd Arenteiro | |||||||||
Lalin | 2 -0 | Usd O Grove |
|
|||||||||||||||
Equipo | Pts | PG | PE | PP | GF | GC | |||||||||
Cultural Areas | 38 | 11 | 5 | 3 | 44 | 24 | |||||||||
Club Xuventú | 38 | 11 | 5 | 3 | 30 | 17 | |||||||||
Portonovo Sd | 37 | 11 | 4 | 4 | 31 | 20 | |||||||||
Gondomar Cf | 34 | 10 | 4 | 5 | 35 | 19 | |||||||||
Cd Barco | 34 | 10 | 4 | 5 | 34 | 27 | |||||||||
Arosa Sc | 31 | 9 | 4 | 6 | 30 | 22 | |||||||||
Cd Choco | 30 | 9 | 3 | 7 | 30 | 17 | |||||||||
Ud Atios | 30 | 8 | 6 | 5 | 31 | 24 | |||||||||
Cd Valladares | 29 | 7 | 8 | 4 | 20 | 14 | |||||||||
Ribadumia Cf | 28 | 7 | 7 | 5 | 34 | 26 | |||||||||
Verín Cf | 27 | 7 | 6 | 6 | 25 | 23 | |||||||||
Cd Estradense | 22 | 5 | 7 | 7 | 21 | 23 | |||||||||
Usd O Grove | 22 | 6 | 4 | 9 | 26 | 36 | |||||||||
Mondariz Cf | 21 | 5 | 6 | 8 | 17 | 24 | |||||||||
Pontevedra Cf B | 20 | 4 | 8 | 7 | 25 | 30 | |||||||||
Cd Pontellas | 19 | 5 | 4 | 10 | 21 | 34 | |||||||||
Cd Lalín | 18 | 4 | 6 | 9 | 20 | 24 | |||||||||
Marín Cf | 16 | 3 | 7 | 9 | 13 | 34 | |||||||||
Cd Arenteiro | 15 | 4 | 3 | 12 | 17 | 33 | |||||||||
Ponte Ourense Cf | 8 | 1 | 5 | 13 | 13 | 46 |
Os verdes despiden o ano cunha derrota en Espiñedo, un paso atrás que mantén ao Arenteiro en posto de descenso directo na táboa clasificatoria, a falta dun partido para completar a primeira volta do campionato.
C.D. Arenteiro: Pachy, Prada, Gabriel (Bardelás), Dabarca, Tazos, Iago, Piñeiro (Carlos Escudero), Dacosta, Kennedy, Martín e Marcos Sotelo (Pana).
Goles:
0-1. Minuto 28. Gol de falta directa desde o vértice da área grande, o balón colase na portería de Pachy axustado o pau esquerdo.
0-2. Minuto 44. Centro desde a banda e o estradense Unai gaña a acción á defensa local e de expléndido cabezazo fai o segundo gol.
Comentario: Comezou ben o Arenteiro, que dispuxo de dúas boas ocasións para adiantarse no marcador, nun tiro de Marcos Sotelo ao longueiro e noutra xogada con pase de Dacosta a Marcos Sotelo que interceptou o meta visitante. Os locais non aproveitaron as súas oportunidades e sí o fixeron os visitantes, as dúas únicas ocasión que tiveron servironlle para irse ao descanso cunha clara ventaxa no marcador. Na segunda parte foi un querer e non poder do Arenteiro, sen apenas argumentos para polo menos intentar meterse no partido ante un Estradense que sen demostrar moito consigue levarse os 3 puntos de Espiñedo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 71
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- …
- seguinte ›
- última »