Deportes
Os carballiñeses xogaron no campo de San Campio de Pontellas o partido máis completo do que vai de campionato e fixeronse merecedores dunha victoria que lograron con toda solvencia, 0-3 no marcador final.
C.D. Arenteiro: Macia, Prada, Gabriel, Dabarca, Tazos, Tacón, Dacosta, M. Sotelo, Kennedy, Martín ( Bardelás) e D. Soares (Marquina)-
Goles:
0-1. Minuto 18. Centro desde a esquerda de M.Sotelo e sen parar o balón David Soares fai o primeiro da tarde.
0-2. Minuto 60. Falta a unhos 25 metros da portería local, chupinazo directo de Pablo Dabarca que fai o segundo gol do Arenteiro.
0-3. Minuto 86. Penalti por mans dun defensor local que tranforma Roberto Dacosta no terceiro e definitivo da tarde.
Comentario: Malia a gran cantidade de auga caida nos últimos dias o campo do Pontellas presentaba un aspecto aceptable, que permitíu aos carballiñeses gañar con absoluta solvencia, malia presentarse con varias baixas no once titular. Tras adiantarse no marcador e unha primeira parte na que os locais apretaron, atá en duas ocasións as intervencións de Macia evitaron o empate, tras a reanudación o Pontellas enviou un balón o longueiro. Despois do segundo gol, o Arenteiro pasou a controlar totalmente o partido e tivo varias ocasións para ampliar ao seu favor o marcador.
En apenas 4 minutos e cando o partido entraba na súa parte final o Arenteiro logrou darlle a volta ao marcador e salvar 3 puntos ante os pontinos.
C.D. Arenteiro: Macia, Prada, Escudero (Cancelas), Dabarca, Tazos, Piñeiro, Dacosta, Bardelás (Iago), M. Sotelo (Kennedy), Soares e Martín (Gabriel).
Goles:
0-1. Minuto 20. Balón sobre a área pequena do Arenteiro, a defensa local quedase parada e propicia que os visitantes cabeceen a placer.
1-1. Minuto 82. Kennedy aproveita un rexeitamento e o seu balón colase no medio da defensa e o porteiro pontinos.
2-1. Minuto 86. Dacosta tras xogada persoal marca de tiro axustado ao pau dereito da portería visitante.
Comentario: O Arenteiro logrou 3 puntos ante o colista da categoria, condición que os ourensanistas deixaron patente esta tarde, xa que foron o equipo máis flouxo de todos os que ata o de agora pasaron por Espiñedo. Atoparonse cun gol na única chegada a portería que tiveron en todo o partido, e a partir de ahí defenderon o resultado como poideron. Xa na primeira parte o árbitro anulou un gol a Soares por fora de xogo, e tras o descanso o Arenteiro foise a polo partido, a partir da entrada no terreo de xogo de Kennedy os carballiñeses acorralaron aos pontinos na súa área. Froito do dominio chegaron os goles, un balón de Martín ao longueiro, e unha victoria que é vital para comezar a remontada na clasificación.
O Arenteiro acabou perdendo no Barco de Valdeorras un partido que gañaba ao descanso e que pudo sentenciar Martin, non obstante os verdes regresan a O Carballiño cunha nova derrota.
C.D.Arenteiro: Macia, Tazos, Escudero, Dabarca, Prada, Marcos Sotelo, Pablo Piñeiro, Dacosta (Gabriel), Bardelás (Kennedy), Martín (Cancelas) e Soares.
Goles:
0-1- Minuto 26. Tiro desde a frontal de Pablo Piñeiro que se cola na portería de Taranilla.
1-1. Minuto 50. Victor Vega chuta tamén desde a frontal da área e logra o empate.
2-1. Minuto 79. Quini, libre de marca fai o segundo dos valdeorreses.
Comentario: gañou o partido quen máis creeu nas súas posiblidades, e este equipo foi o Centro de Deportes Barco, apoiado extraordinariamente pola súa afección. Os carballiñeses poideron sentenciar e non o fixeron, e xa co empate no marcador na segunda parte, Martín pudo volver adiantar aos carballiñeses, pero o dianteiro do Arenteiro non acertou a materializar a clara ocasión da que dispuxo, ao final, o que perdoa acaba perdendo o partido. Unha mágoa.
Outro paso atrás do Arenteiro nesta liga ao non pasar do empate ante os verineses, nun partido moi desputado e con ocasións para ambos equipos. O Arenteiro mellorou en relación a anteriores partidos, pero deixa escapar outros 2 puntos de Espiñedo.
C.D. Arenteiro: Macia, Prada, Carlos Escudero, Dabarca, Marcos Sotelo, Iago (Gabriel), Pablo Piñeiro, Dacosta (Kennedy), Bardelás (Cancelas), Martín e David Soares.
Comentario: Tanto Arenteiro como Verín poideron gañar o partido se souberan materializar as ocasións das que dispuxeron. A máis clara da primeira parte foi nun man a man aos 7 minutos de David Soares. Xa no segundo periodo Martín pudo volver adiantar aos carballiñeses, pero o seu cabezazo a bocaxarro foi repelido por Piollo nunha meritoria intervención. Nos minutos finais do partido tamén tivo o Verín as súas ocasións, por duas veces tivo que respostar o meta local Macía con outras boas intervencións para evitar o gol dos verinenses.
O Arenteiro mantivo o 0-0 no marcador ata o minuto 74 de partido, a partir de ahí chegaron os 3 goles do C.D. Choco, que na segunda parte superou claramente aos carballiñeses.
C.D. Arenteiro: Macia, Prada (Gabriel, m. 84), Carlos, Dabarca, Tazos (Pana, m.84), Pablo Piñeiro, Dacosta, Bardelás (Cote, m.67), Soares, M. Sotelo (Kennedy, m.60) e Martín.
Goles:
1-0: Minuto 74. Albert, tras cometer posible falta sobre Dabarca.
2-0: Minuto 80. Negro, rematando un córner.
3-0. Minuto 91. Ropero, en xogada trenzada dos locais.
Comentario: Tras un primeiro tempo igualado en con varias chegadas á porteria rival, vimos un Arenteiro que mesmo convidaba ao optimismo. Non obstante todo se derrubou na segunda parte, na que o Choco decidiu o partido ao seu favor aproveitando a súa clara superioridade física, o medio campo carballiñés veuse abaixo e con él as posibilidades do Arenteiro de sacar algo positivo da súa visita a Redondela.
Ambos poderán estar o domingo ás órdes de Romero para o partido ante o C.D. Choco en Redondela.
O dianteiro Walter Martín regresa asi ao Arenteiro dúas tempadas despois desde que abandonara o club con destino ao Barbadás, chega a piques de cumplir os 37 anos de idade para reforzar o ataque carbaliñés, no que causaba baixa Iglesias fai unhas semanas.
Pablo Piñeiro Taboadela, de 27 anos, é un medio centro polivalente, xogou na pasada tempada no Ordes, da 3ª división.
Causan baixa no equipo Cristian Dacosta e Javi López, que non estaban cumplindo as expectativas que o club tiña fixadas para ambos xogadores.
Ademáis, para o partido en Redondela serán baixa Xurxo -ten para un mes-, Tacón -2 semanas para recuperarse dunha lesión-, Iago- por motivos personais- e Adrián Cancelas, que arrastra molestias.
O lider da categoria deixou o partido visto para sentencia na primeira parte, con 0-3 ao descanso, os ponteareáns deixaron patente a súa superiorade no municipal de Espiñedo ante un Arenteiro que non mellora malia o cámbeo de adestrador.
C.D. Arenteiro: Macia, Tazos, Xurxo (Pachi), Dabarca,Pana (C. Escudero), Iago (Gabriel), Tacón (Bardelás), R. Dacosta, Kennedy, D. Soares, e Marcos Sotelo (Javi López).
O novo adestrador local, Romero, debutou con derrota nun Arenteiro que non sae da súa depresión, os visitantes foron moi superiores desde o inicio do partido, donos desde o minuto 1 do centro do campo, ben asentados na súa cobertura e descaradamente lanzados pola victoria.
Moi pronto se lles puxo en franquicia o partido aos ponteareáns, no minuto 8 Tacón perde un balón na liña de 40 metros e o dianteiro visitante Carlitos aproveita para batir a Macia cun tiro desde fora da área axustado ao pau dereito. Aos 23 minutos, chegaba o segundo gol para a C. Areas nunha bonita xogada combinativa dos visitantes, que sentencian no minuto 41 co 0-3, tras outra xenialidade do seu dianteiro Carlitos.
Xa no segundo periodo, a Cultural Areas baixou o acelerador e propiciou que o partido estivese máis equilibrado. Co tempo cumplido, escapaselle das mans un balón a Macia, que siñifica o 0-4 definitivo.
Ramón Dacosta xa non é adestrador do C.D. Arenteiro, tras o partido do pasado xoves en Lalín o club prescinde dos seus servizos.
O Presidente José Antonio "Cadavid" volve confiar o futuro do equipo a Francisco Romero, tal como xa fixera fai dous anos cando o actúal presidente xa o chamara para dirixir aos verdes, daquéla, xa coa competición bastante avanzada, non poidera reconducir a situación e o equipo consumaba o descenso de categoria. Ademáis de Romero, que é finalmente o elexido, tamén se fixeran contactos co adestradror ourensano Peluso.
Agora, tras once xornadas de competición ligueira, e co equipo clasificado no antepenúltimo lugar e xa eliminado do torneo de copa, os responsables do club esperan que o cámbeo de adestrador sexa o revulsivo que necesita o C.D. Arenteiro.
Dezanos e carballiñeses enfrentabanse nun partido marcado polas urxencias de ambos na táboa clasificatoria, ao final repartiron os puntos nun partido que estivo bastante igualado e cun marcador final que pode considerarse xusto polo visto no terreo de xogo.
C.D. Arenteiro: Macía, Cote, Xurxo, Dabarca, Pana, Gabriel ( Iago), Bardelás ( R. Dacosta ), kennedy, Tazos ( Cancelas ), David Soares e Marcos Sotelo ( Prada ).
Goles:
1-0. Minuto 26, falta sobre a portería do Arenteiro, o balón cólase axustado áo pau dereito da portería de Macia.
2-0- Minuto 35, a mellor xogada do partido, Tazos centra un balón medido aos pés de David Soares, éste xira sobre sí mesmo e cruza maxistralmente fora do alcance do meta local.
Comentario: Partido igualado tanto en xogo, bastante cativeiro por ambos equipos, como en ocasións de gol ante a portería contraria, un par de oportunidades por parte tanto de lalinenses como dos carballiñeses, ambos terán que mellorar bastante se non queren verse abocados ao fracaso nesta liga. Na tarde de hoxe deixaron ver bantantes carencias e xustificaron os postos que ocupan na clasificación.
Os carballiñeses non levantan cabeza e caen novamente derrotados en Espiñedo, desta vez ante o Valadares Vigués, aínda que nesta ocasión o Arenteiro mereceu algo máis, pero non tivo sorte ante a portería visitante.
C.D. Arenteiro: Pachy; Cote, Escudero, Dabarca, Pana (Iago), Gabriel, Bardelás (Cristián), Dacosta, Kennedy, Soares e Marcos Sotelo (Tazos).
Goles:
0-1: Minuto 77. Corner sobre a portería local e os carballiñeses repiten o mesmo erro que no partido anterior ante a A.D. Atios, ninguén cubre o primeiro pau e por alí entra un dianteiro do Valladares que remata un balón que Pachy non pode evitar que entre na portería.
Comentario: Unha pena que outra xogada de estratexia se leve os 3 puntos de Espiñedo, unha derrota que non se mereceu esta tarde o Arenteiro. Na primeira metade o Valadares dominou territorialmente, aínda que a única ocasión de gol foi para o Arenteiro tras cabecear Soares dentro da área e salvar Adrián. Na segunda metade os carballiñeses xogaron máis que o rival, tras o gol do Valadares, Kennedy pudo empatar o partido, pero o seu remate de cabeza salvouno prodixiosamente o meta visitante Adrián.
O PARTIDO EN LALÍN XOGASE O XOVES ÁS 16:30 HORAS
O encontro de liga que dezanos e carballiñeses desputan correspondente á 11ª xornada de liga adiantase ao xoves dia 1 de Novembro, festividade de Todos os Santos, o partido xogaráse no Miguel Anxo Cortizo e comezará ás 4,30 da tarde.
Os carballiñeses recuperan para este partido aos sancionados polas expulsións de O Grove, Xurxo, Prada e Cancelas.
O partido de Lalín presentase como un importante test para os carballiñeses, necesitados con urxencia de sumar puntos para sair canto antes dos postos de descenso. Enfronte terá a un Lalín que vive tamén horas baixas, polo que será unha boa oportunidade para puntuar por parte dos carballiñeses.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- …
- seguinte ›
- última »